lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe Festival Primavera do Cine, 2014
Hoxe, domingo 1 de Marzo de 2009, os galegos están convocados as urnas para renovalo parlamento autonómico. A sombra da abstención planea sobre estes comicios. Pero traemos aquí o recordo de outros momentos onde está práctica democrática non se tiña en conta.
O 14 de decembro de 1966 os Vilagarciáns e o resto de España, estaban convocados a un acto que levaban moito tempo sen practicar: Votar.
Ese día vótabase o referendum da Ley Orgánica do Estado, o que popularmente se daba en chamar "o SI a Franco".
Como, despois do 36, non había a costume da decisión popular a través do voto, había que darlle as indicacións precisas a xente. Así aparecía na prensa da época: "Todos los ciudadanos españoles mayores de veintiún años, sin distinción de sexo, estado o profesión, tienen el derecho y la obligación de tomar parte en la votación del referéndum, emitiendo libremente el sufragio a favor o en contra del proyecto legislativo consultado".
As colas para exercelo "dereito" ó voto, como podedes ver nas fotografías, eran grandes ben grandes. Non se escatimou en publicidade. Nunha soa dirección, claro, éranche outros tempos.
Aquí podedes ver e escoitar a Franco nunha alocución pedindo o SI
Os resultados a favor do SI foron, loxicamene, abrumadores. Houbo algún NO. Pero o que case non chegou a existir foi a abstención.