lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Colaborando na difusión e coñecemento de Vilagarcía


O Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía tamén colabora coa produción audiovisual.

Nesta ocasión trátase do programa para Televisión de Galicia, "Salitre". O tema central deste formato televisivo son os portos é a súa relación coa sociedade que a rodea.

O Arquivo Social aportou os contactos coa xente, mariñeiros, pescantinas, club de mar, etc así como no aporte de material gráfico e audiovisual sacado do seu fondo documental.

A gravación levouse a cabo durante dous días en mar e terra.

O resultado saberémolo en breve.

Na fotografía que acompaña a este artigo vemos ó equipo de realización, a cuio frente estaba Rivadulla Corcón, entrevistando a Belarmina Ordóñez tranquilamente sentados na praia de Compostela, comenzando cun agarimoso ronroneo musical..."teño un amor en Rianxo, e outro en Vilagarcía".
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2009 22:36
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Fotos de este tipo, tern que haber de abondo no noso territorio. Nembargantes, hai veces que non se ven por moito que abramos os ollos. Hai moitas fotos pendientes de unha mellor clasificación e estudio e non podemos pararnos a pensar de quén temos que falar.

Si non se coñecen os "artistas" da foto, nin lugar donde se fixo, nin fechas, esto é coma un manicomio da aldea. Non pode ser. O dixen desde o primeiro día e non teño máis remedio que repetilo. Hai que dar datops para que despóis veñan os comentarios a continuación...

Esta foto está sacada moi cerca do Novo Balneario na Praia Compostela, que foi sempre a nosa praia, sin querer olvidarnos da praia da Concha, moi familiar ela e con moitos anos de vida, gracias a Dios...
Tampouco nos olvidaremos daquelas praias que h#blgtk08#abía no Cavadelo e aquéla outra de Vilaxoán que chamaban
de Canelas. Pequeniña, pero xeitosiña. Teño ido a ela antes que os señores de PIPLA escarallaran aquéla zona, cos productos marisqueiros. Esto debéu ser alá polo ano 1952..., algo así. Teño dudas...
.....................................................
"Vivir na Coruña,
qué bonito é...
Andar de baranda,
e dormir de pé"...
...........................
Dedicado a todos ésos coruñeses que sempre
levaron con moito estilo o escudo do seu povo.
"Vivir na Coruña, qué bonito é...
andar de baranda, e dormir de pé"... Me gustóu
moito e sempre A Coruña é os coruñeses de lei.
Nunca me gustaron os cheirentos,
éses que sabemos todos (sin palabras).

Comentario por E. García - Santiago (18-03-2014 10:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal