lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os trompos en Vilagarcía |
|
 Como unha parte do proxecto de o Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía tamén está a recollida de material documental e das testemuñas orais. En canto as segundas temos, a mes de febreiro de 2009, un total de 20 horas gravadas. Pero estas testemuñas tamén poden vir en forma de escrita. Este é o caso do traballo que presentamos hoxe e que pode ser baixado pulsando aquí.
O traballo moi elaborado e ben documentado foi realizado por Pepe Prego Carregal desde o "seu retiro" coruñés.
O traballo é tan válido para o que queira coñecer e lembrar aquelas partidas de "trucalperde" xogadas polas rúas de Vilagarcía, como para os que estén a realizar traballos sobre a etnografía do xogo popular. Que conste que eu nunca escoitara o nome deste xogo de trompo por iso, para nos, o fai ainda máis interesante |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Eran moi frecuentes, diría millor, que eran a diario, cando as Escolas tiñan nenos nas Aulas. Na saída, había unha chea de partidas de "Trucalperde". Eu falo dos espazos que había próximos á escola de Don Santiago...
Houbo un tempo que o que hoxe é carretera, antes era terra firme e os nenos sogábamos cos trompos, que casi sempre levábamos a poñer a "pica" ao ferreiro que había xunto a Oficina da Electra, que se chamaba "O Chilón". O noso ferreiro. Alí íbamos casi todos os nenos da Escola.
Todo consistía en quitarlle o ferro orixinal e cambialo por outro que fora de "pica máis agresiva", para que cando "mordera" no trompo rival, deixara unha pegada ben visible.
Cando os adoquíns os puxeron para facer a carretera, xogábamos na parte superior, que está a altura da Iglesia, cousa que non lle facía moita gracia a o Pastor de Almas, chamado D. Francisco Chantada Carro. A pesares de ter a Escola tan próxima, este home parecía que o dél era a "caza do neno". Disfrutaba arrancándolle as orellas, como cando se colle un porco para deitalo no banco para o seu sacrificio.
E tal como estaban aquéles tempos dos anos 40/50/60, había que ser moi valiente para dar unha queixa do noso querido párroco. O neno, xa non decía nada na casa, pero si algo tiña o cura, era que "sempre#blgtk08# tiña a razón", por parte de nais e pais... Era o mundo que había... Os rapaces de aquél tempo, non "comulgábamos" moito co Sr. Cura de turno. Porque parecía un sargento da G.C.
Pero ten razón en todo, o Sr. Prego Carregal. Que desde moi novo escribía como corresponsal do periódico "El Pueblo Gallego", e creo, tamén, no semanario deportivo "Meta", de Vigo. Sempre tivo moita chispa para adornar as súas galeradas. Era un home moi ben relacionado, e moi cordial. Un gran arousán de raza.
Tiña que dicir tamén o Sr. Prego, que cos trompos tamén tíñamos o xogo das bolas, que daquéla había verdadeiros especialistas. Había algún crío que xuntaba moitas bolas, tamén de cristal, que se valoraba moito máis, en esos anos... E andaban os críos gañadores con unha bolsa de bolas, iguales que aquélas donde gardaban o ouro os buscadores do vil metal, alá por 1850, ou... Un saúdo a Prego.
..........................................,........
"¡Cánta xente..., cánta xente,
por campiñas e por veigas!
¡Cánta polo mar abaixo,
vén camiño da ribeira!
¡Qué lanchas tan ben portadas,
con aparellos de festa!;
¡Qué botes tan feituquiños,
con tan feituquiñas velas!".
....................
Rosalía de Castro
"Cantares Gallegos"
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (15-09-2013 11:44) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|