lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Soan campás de voda...
...e a súa chamada acuden curiosos e convidados.

A veces resulta chamativo a cantidade de persoas que hai arredor dunha igrexa (principal escenario deste espectáculo, ainda non superado, ata o momento, polas ceremonias civís) que non teñen máis interés no evento que ver como "vai a noiva", ou como "vai a madriña". Neste tipo de actos sociais os homes quedan nun segundo, e moi discreto, lugar. Son actores de recheo. Da a sensación de que a voda podería celebrarse ben sen eles.

Toda noiva luce esplendorosa nese día. É curioso, xa que o día anterior ninguén, excepto (as veces) o teu futuro home, se fixaba en ti. Ese día a noiva é o gran centro de atención. E sempre está "goapísima", ainda que, polo baixiño, alguén ande a comentar de que como se agache un pouco as costuras do traxe van a saltar polos aires.

E despois, ó banquete. Porque esa parte do gran teatro social, onde todos perden a compostura inicial e o viño fainos amigo do descoñecido que nos tocou a nosa beira, é o elemento central sobre o que xiran estes eventos sociais. A igrexa ven a ter un simpre papel, case como o dos homes, ou menos as veces. Alí, no banquete, é donde se vai a dirimir o auténtico ser e valer desta voda. ¿Cantos platos de marisco?, ¿cinco tan só?, ¿a carne estaba un pouco insipida, non cres? ¡Vaia, teñen lubrigante e unha peza completa por persoa... e danche a repetir!.
No banquete, ágape para o menú dos ricos (ainda que xa se sabe que as vodas de ricos, con tanto bufette e nouvelle cousine é dunha fame inmensa e hai que ir a tomalo bocadillo no bar do lado), é onde o xurado asistente (depende da cantidade dos invitados: un invitado, un voto) vai a otorgarlle o aténtico valor ó evento. Xa pode a noiva ir recuberta de cristais de swaroski, a madriña cun traxe de Carolina Herrera que lle saca vinte anos do corpo, como o banquete non esté a altura do que esperan os comensais, aquilo vaise o garete.

E logo xurden os comentarios: "claro, gastaron todo en traxes e aforran en nos", "todo che é escaparate, miña filla, ti vas a ir como fun eu, co traxe dos domingos que só o puxera tres veces pero de comer, vamos a por asta que caian de cú".

A verdade é de que unha voda todo che é cotilleo e comida. E nos non íamos a ser menos. Comida non lles podemos ofrecer (por iso non vaian por ahí decindo de que somos uns cutres) pero o que é cotilleo...

Abrimos, pois, unha sección para vodas, bautizos e comunións. E que vostedes o disfruten.

A foto que acompaña este artigo foi donada por Lolecha. É do día da súa voda con Waldo Cerqueiras na parroquial de Santa Baia. Na galería facemos mención o tipo de traxes de noiva de cor escuro, tan típico desas épocas.
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-02-2009 10:27
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 ¿ quen non se lembra do Restaurante La Sirena de As Sinas, neste restaurante servironse centos,miles de Bodas, era o restaurante de moda para os banquetes nos 70/80, eu teño servido muitos de eses Banquetes cando o seu propietario era Luis Falcon, a sua Dona Digna,pasaba interminables Dias na #blgtk08#Cociña preparando Exquisitos Menus,lembrome do Xefe de Camareiros Verde, do entrañable Miro Garcia, ambos reclutados dende Santiago e tristemente Falecidos,porque nese momento La Sirena era ó restaurante de referencia.

Seguirei contando lembranzas de eses tempos.

Saudos.
Comentario por Juan (07-02-2009 11:21)
2 Gracias, Juan.

Este é o tipo de comentarios que queremos ter neste blog. Apreciacións sobre as fotos, sobre os textos, experiencias,... As distintas sensacións #blgtk08#que lle produzan estas imaxes da historia social de Vilagarcía.

Gracias por participar e compartir de parte de O Arquivo Social da Memoria
Comentario por Antonio (07-02-2009 12:09)
3 Gracias, Juan.

Este é o tipo de cmentarios que queremos ter neste blog. Apreciacións sobre as fotos, sobre os textos, experiencias,... As dist#blgtk08#intas sensacións que lle produzan estas imaxes a historia social de Vilagarcía.

Gracias por participar de parte de O Arquivo Social da Memoria
Comentario por Antonio (07-02-2009 12:12)
4 Creo que el Restaurante La Sirena nunca fue propiedad de Luis Falcón ni de Digna, La Sirena siempre fue propiedad de Manolo, creo#blgtk08# que se llama así, el director de La Caixa y su familia. El que tenia Falcon estába al lado de La Sirena y no recuerdo su nombre.
Comentario por Carlos Túñez Collado (11-06-2009 19:29)
5 Carlos, el restaurante la Sirena fue Innnaugurado en el año 1968, por Luis Falcon, y lo se bien porque regresé de Bilbao donde me encontraba trabajando para trabajar en el Sirena,por aquel entonces Luis y Digna tenias 2 Hijos, Dorita, actual propietaria del Tarifa, y Miguel, eran unos Niños,creo que fué en el 69 cuando Ardió la Sirena,y solo quedó en Pie el Anexo que era una Barra Americana la primera creo de Galicia, ahí tambien Trabajé con Falcon,rapidamente Luis levantó de nuevo La Sirena, y despues, se la Traspasó Al Difunto Manuel Alfonso Villanueva, padre de Manolo el ex director de La Caixa y de Merchi,director#blgtk08#a de la Oficina de las Carolinas ( mi Ahijada ), yo continue haciendo Extras en Bodas y en Verano con los nuevos Propietarios,pues ya comezara a trabajar en la Ferreteria Sobrino.

El otro restaurante al que te refieres que esta pegado al campo de Futbol de Las Sinas, de nombre Alumina, efectivamente lo Levantó Luis Falcon despues de traspasar La Sirena, y acabó traspasandolo a uno de los Camareros que trabajaron con el, creo que su nombre es Manolo y vivia en las casas de la Renfe.

Por la derecha del Sirena Existia otro Restaurante anterior,pero no me acuerdo del nombre.
Un Saludo.
Comentario por Juan Leites (11-08-2009 03:11)
6 Era o amigo WALDO un tornero-mecánico moi adiantado ó seus tempos. Era un muchacho moi xoven cando o coñecín. Non recordo si traballóu cos irmáns Patiño, ou con algún taller dese tipo que tivera mecánica e torno. Este chaval era moi avispado e tan é así que se puxo solo cun taller na calle Héroes del Alcázar, (chamada agora da Baldosa). Tiña o taller frente ó negocio de Salustiano García - Ultramarinos. Alí votóu unha chea de anos hasta que desaparecéu do lugar.

Non sei si se instalóu noutro lugar da Vila ou fóra do Concello. Pero eu deixei de velo. Nin sei a dónde foi parar. Era un rapaz moi traballador sabendo sempre o que facía. Era moi responsable en todo. Hoxe pode chegar a ter 80 anos.
Pero tiña un futuro maravilloso. O traballo non lle iba a faltar, pero hoxe, con esto non chega... Porque vivimos uns tempos que non van a ningures. Solamente o que gana moitos cartos daquela maneira é o que ten máis mérito.

O ano 2013 está a punto de acabar e aquéles que están na lista de parados dende hai tempo, a lotería non lle vai tocar porque cada recibo, costa mnoito para que ten pouco, ou nada. É un tempo de Balances é esto, hoxendía, ten de todo. Algúns non podrán levar o turrón para a súa casa... E cos turróns tamén teñen que vir outras cousas pero ¿e si non hai nada de nada?

Eu vivo en Santiago frente á Cruz Vermella #blgtk08#e esta temporada están pasando por alí unha chea de persoas para "amarrar" o que lle pensan dar para esas tristes festas. E vos pode asegurar que é unha pena ver a persoas da clase media que non levantan cabeza e viven como mendigos profesionales... Gafas oscuras para evitar ser recoñecidos... Algúns viven na calle e gracias a certas persoas en épocas de tanto frío danlle cama e alimento gratis todo-los días. Me alegro moito, personalmente.
Nunca debemos facer leña do árbol caído, porque, desde sempre, hubo quen creéu que nunca vendrían tempos de crisis como éste.
Pero hai que ser positivos, porque se venderon máis coches dos máis caros este ano, máis que nunca. ¡Se ven os brotes verdes! E Hacienda declaróu que tamén tíñamos máis millonarios que os de outros anos. ¡Vamos vento en popa e a toda vela! ¡Guerra a todos os que non pensan deste modo: os pesimistas!...
...............................................................
"Que Castela e casteláns,
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña,
d'estes nosos campos frescos"...
...............
Rosalía de Castro

Meu saúdo cariñoso para WALDO, s.v.
Porque sempre me agradóu este rapaz.
a él dedico estas letras, porque vin a foto
da súa voda nos comentarios do FAIADO.
Cóidate moito, chaval.

Comentario por E.García - Santiago (02-12-2013 21:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal