lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A VIAXE DO 18 DE XUÑO


Pois cada vez mais cerca, mais preto. Será o domingo dezaoito. Sairemos ás dez e trinta da mañán, da explanada TIR, os que vaian en autobús, cara a San Adrián de Cobres onde atoparémonos cos que vaian polos seus propios medios e alí embarcaremos con rumbo a San Simon.

Comenzará a visita, guiada pola xente do Faiado, sobre todo por Antonio Caeiro, porque xa sabedes que tivo unha ampla relación coa xente que estivo presa por amar e defender a liberdade. Antonio foi o director do documental Aillados que é a historia do campo de concentración da Illa de San Simón.

Esta é a forma de conmemorar o quince aniversario de O Faiado da Memoria.

Vémonos ese domingo, 18, pero tamén podemos facelo antes, no propio local de O Faiado, na praza de Ravella, 27, 1º, este mesmo xoves para asistir a Performance Poética-Musical que van a levar a cabo Manuel Lage, coa voz e a poesía e Roberto Abal a cargo da música que sirve tamén como agasallo ao gatiño que temos nese espacio que leva un ano con nos, o Vis-Vis, de feito o espectáculo chámase VIS-VIS, GATO POÉTICO.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2023 08:06
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A ISLA DE SAN SIMÓN E A SÚA NEGRA HISTORIA.
Aquelas persoas que sobrepasen os 70 anos, poden ter unha gran información de esta isla. Digo todo esto, porque alí morreron moitas persoas condenadas, somentes por ser do Partido político contrario a todo-los que nos gobernaban naquél tempo. É cómo disfrutaban sabendo que en ésa isla quedaban aquéles homiños que non tiñan máis que ósos, pòrque a súa alimentación era o seu primeiro castigo.
Levaban os presos pola noitiña é o povo non se enteraba de nada... Os franquistas#blgtk08# sabían o modo de torturalos, é para eso tiñan os grandes especialistas que "non daban feito de tanto traballo acumulado"... E cándo o espacio era corto, os mandaban rarear, para conseguir máis espacios libres. Xa me entendedes o modo que era. Si aquélas pedras falaran, seguro que nos farían chorar é os llantos se oirían en Vigo. O viaxe vai ser moi bonito, pero, veremos ao regreso.
Felicito ao FAIADO por este viaxe á Historia que acabóu hai 70 anos
aproximadamente, como un dos moitos "CALVARIOS" que tivemos en España.
Comentario por E. García González.Compostela (12-06-2023 14:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0