lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finou o Pai de Eloy Puga |
|
 Pois dentro da tristeza, da traxedia que significa non voltar a vela xente que un ama que, as veces como neste caso, tamén hai unha parte de alivio, non vai sufrir mais.
Eso pasa co xenro de Santalla, Juan Carlos Puga Riveiro, quen logo dunha longa enfermedade, onte pola noite, cansouse e rodeado dos seus, abrazados aos fillos e a súa dona, colleu a maleta e dixo adeus... Tiña 63 anos, aínda non era tempo, pero non somos quen de poñela data na que nos temos que ir.
Os seus restos vélanse no Tanatorio de Arousa, todo o día de hoxe. Mañán, polas dez, celebrarase un acto relixioso na capela do propio tanatorio.
Enviamos a súa familia unha aperta calida e prolongada, sabemos do sufrimento que están a vivir, ao noso compañeiro Eloy, o seu fillo mais novo, ánimo. O coidado do Pai, foi primordial para toda a familia, o viaxe iniciouno rodeado da xente que quería, desde a súa casa, rodeado dos seus seres queridos, a sua dona, os fillos, a nora é o netiño Jairo, unha luz nos seus últimos tempos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|