lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comunicado da Asociacion 28 de Agosto de Cangas |
|

ANTONIO NORES SOLIÑO, In memoriam
?Rayo de metal crispado / fulgentemente caído,/ picotea mi costado / y hace en él un triste nido?
( De ?El rayo que no cesa? - Miguel Hernández?)
Nesta primavera convulsa que estamos a vivir, o raio que non cesa ven de agostar a saiva das raíces desta árbore referente da arqueoloxía e memoria histórica de Cangas, da nosa comarca e de Galiza.
A trascendencia que desempeña a memoria na constitución da identidade é incuestionable. O psicanalista Castilla del Pino aseveraba ?Somos memoria porque temos historia?, ?Somos a nosa Memoria?. Cando se perde a memoria, cando se esquece o pasado do que se veu, a identidade dilúese, bórrase e pérdese. Sen memoria non hai identidade.
Antonio Nores Soliño sempre tivo a consciencia inquebrantable do que representa a identidade deste País. Arqueoloxía, Patrimonio material e artístico (Xunta de Montes, Muiño de Fausto, A Mangallona, Capela do Hospital,..), Idioma, República, Levantamento militar do 36,.. conformaron o seu cosmos vital xirando arredor del a súa actividade e pensamento.
Antonio é sinónimo de Memoria. Era e seguirá a ser un soñador, un loitador e un defensor desa identidade. Loitaba, defendía, e...sufría. Cada ameaza a un elemento do noso patrimonio (xacemento, petróglifo, monumento..), cada nova dunha actuación que conlevaba efectos sobre o mesmo, cada neglixencia das distintas administracións ou particulares, provocaba nel unha angustia e un desacougo que lle custaba dixerir. A impaciencia, que ás veces amosaba, era manifestación do seu estado de ánimo e da consciencia de urxencia á hora de tomar decisións de salvagarda do mesmo. Cada hora, cada minuto que se perdera en evitar o dano, era fundamental na súa conservación. Era o seu inmenso amor á memoria, demandando a aplicación da lei na súa defensa.
Mais era tamén un claro impulsor de campañas de promoción, exposicións, recuperación e posta en valor de elementos e construcións da nosa historia, como todas e todos coñecemos.
Nestas última décadas concentrouse fundamentalmente na Memoria Histórica dunha forma exhaustiva e absorbente. Sufría por cada caso de impunidade do franquismo, por esas vagas e tsunamis de corrupción, polos actos de xenocidio, pola falta de dilixencia ou atrancos na eliminación de simboloxía franquista,..
Por ese mesmo interés e implicación, dinamizou e formou parte do movemento asociativo a nivel municipal, comarcal e de país. Investigaba, publicaba, e continuaba pescudando na nosa historia máis recente na procura da verdade, xustiza e reparación.
Déixanos un exemplo que temos que continuar, un legado de publicacións e documentación que temos que ordenar e divulgar. Estamos na obriga de facelo. Organizar unhas xornadas de arqueoloxía e de memoria histórica co seu nome arredor da primavera, do abril republicano e do seu mes de nacemento; da creación dun Fondo Documental de Memoria Histórica na Biblioteca Pública co seu nome, dun acto de posta en valor do seu traballo ao longo da vida,..son deberes a facer.
Posta en valor do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, bases de datos da historia de Cangas da 1ª mitade do S. XX, publicacións, artigos, promoción de actividade e monumentos, ..son as súas grandes aportacións. A eliminación da simboloxía franquista da igrexa do pasado maio 2019 foi unha grande alegría tras moitos anos da súa loita, da loita de todas e todos.
Do seu amplo e variado traballo artístico, fica na praza do Concello unha fermosa lembranza reflectida na peza escultórica do Memorial de Liberdade, obra da que foi promotor e autor.
Moito ánimo e forza para a súa esposa Matilde, o seu fillo Antón, a súa irmá Claudina, e a toda a familia e amizades.
? Que o libre voo das pombas da paz / erga para sempre a memoria solidaria / das xentes xustas que o deron todo / pola liberdade e a xustiza. / Pombas, pombas, pombas!?
Claudio Rodriguez Fer
Cangas, 28 maio 2020 - AC. MH. 28 Agosto de Cangas |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|