lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

AS COUSAS PENDIENTES

Logo da investigación feita para coñecer a quen se asasiñara en Vilagarcía démonos conta que habia que reunir ás familias, pero antes de nada había que atopalas, para ver si procedía recoller esto nun monumento, nunha homenaxe do pobo, dunha homenaxe colectiva a aquela xente que non somentes lle quitaron a vida, senón que lle sacaran a súa familia, a oportunidade que temos todos de coñecer e criar ós fillos, ós netos...

Entre eles mataron a Josefa, unha moza de vintecinco anos con dous fillos, Julio e Valentín. Tralo seu asasiñato nos Martices, o seu home, José Tobio, trasladouse a Francia, logo de pasar cos fillos uns anos en Pasajes, tras ser posto en liberdade.

O traslado a Francia permitíalle poder vivir en paz e refacela vida. Os fillos de Josefa nunca mais voltaron a Vilagarcía.

O martes pasado chegou onde a nós Valery, neta de Josefa, filla de Valentín... ¡Foi tan bonito¡... Despachamos é xestionamos as emocións como quixemos, choramos a mares, fumos a visitar a súa aboa, os seus restos, a fosa común do cemiterio de Rubiáns, fumos a ver o roteiro que indica o lugar donde lle quitaron a vida, a casa donde a sacaron do lugar da Torre...

Valery veu acompañada de Maria José, neta tamén do seu avó José. As duas hoxe emprenden viaxe para os seus destinos respectivos: París e Granada, e a nos quédanos o corazón mais cheo, preparando outra visita nova a este seu pobo, a esta súa casa.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2020 08:11
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Tristes historias que se cravan no corazón por toda unha vida..A lembranza#blgtk08# dos seres queridos,é o único "bálsamo"..Unha aperta pra todos/as eles/as.
Comentario por Roberto Ocaña (06-03-2020 00:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal