lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Presentacion do libro de Carlos Rey



A CANTIGA DESHONESTA é un traballo feito por Carlos Rey, sobre cantigas populares das que se poden chamar "de escarnio e maldicir" e outros chirimbolos, que el tiña gardado nos caixóns do tempo porque nunca se atopou quen o editase.

Hoxe Carlos, no Faiado da Memoria e co prologista do libro que fixo de mestre de ceremonias,de Hector Silveiro, o traballo de Carlos viu a luz.

Unha chea de xente arropou a presentación na sede do Faiado da Memoria, donde o Autor demostrou a sua sabiduría relatándonos parte do libro.

Agradecer a Carlos a recuperación de todo o estudio, e memoria do noso país, tamén a súa presencia e a de Héctor.

Pero a nota é para a xente que hoxe, desbordando as nosas expetativas, ca choiva e vento facendonos a contra, caindo chuzos de punta e anegando as rúas, foron quen de enchelo Faiado da Memoria, non chegaron as sillas e dando calor ca sua presencia, o que permitiu que se poidesen secar un pouco xa que viñan molladiños como pitos. Iso é o que che anima e che fai tirar para adiante ainda que estés moi canso.

Moitas gracias a todos e todas.

Lembrade que a semana que ven, xoves, teremos outra presentación, organizado por MARUSÍA, a organización de emigrantes retornados. E o día 20 de febreiro, xoves tamén, outro libro editado polo Faiado: HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-01-2020 22:07
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal