lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

De novo ESPIELLO



ESPIELLO, FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAL ETNOGRÁFICO está organizada polo Servicio de Cultura da Comarca de Sobrarbe (Unha institucion que agrupa dezanove concellos)xunto a unha amplia representacion de veciñas e veciños da zona que forman a comision permanente do Festival.

Trátase do único Festival con esta especialización do País, consta dun Concurso Internacional de documental etnografico, e abórdanse temas de antropoloxía visual.

Nese entorno tan interesante proxetarase o noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR, que, como estamos a contar, esta nominado a Premio.

Partindo, así, dunha historia personal, Caeiro analiza, a través de entrevistas, unhas relacións íntimas mediatizadas pola ideoloxía da Igrexa e da Sección Femenina. E faino desde a perspectiva das mulleres. “A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos”. Mais non era así no caso das mulleres. Alí estaba -lembra- “a riqueza de matices, a loita contra a dificultade, o querer levantar cabeza, aínda dentro do propio matrimonio. Aí é onde vin que había unha historia”. A protagonista ía ser -e é, pero dunha maneira distinta á prevista inicialmente- Pura, a nai de Caeiro. “E a quen lle interesará a miña historia?”, preguntaba ela. Ao que el respondía: "ti déixame a min e confía".

Mais a saúde de Pura empeorou. E acabou marchando.

Non seguimos a contar, pero que sepades que o documental, merece ser visto, as mulleres, imos sentirnos identificadas, imos lembrar historias das nosas Nais non tan lonxanas. Seguiremos a falar e a contar.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-01-2020 16:42
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Seguro que á triunfar no festival.#blgtk08#.O documental meréceo..Móita sorte
Comentario por Roberto Ocaña (29-01-2020 23:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal