lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Bonito Reportaxe en PRAZA PÚBLICA



Os afectos, un dereito roubado: “Eu tamén necesito amar”
Unha historia sobre unha das dimensións da represión das que menos se ten falado: a afectiva. Sobre persoas que teceron as súas relacións amorosas “nunha época na que os sentimentos” -e aínda máis a sexualidade- “estaban proscritos”. Diso vai o novo traballo de Antón Caeiro, ‘Eu tamén necesito amar’, que é un dos filmes -xa proxectado- que forman parte da programación de cine documental do Curtas Film Fest de Vilagarcía. ‘Eu tamén necesito amar’ arranca dunha fotografía de 1959, tomada en Villaza, Gondomar. As persoas asistentes á voda de Antonio e Pura -os pais do director deste documental- retrátanse á saída da igrexa. Mais hai algo, nesa imaxe, que lle chama a atención. “Nesa foto atopo a cabeza da miña irmá, que é o que me rompe o esquema daquela España que estaba pasando o ecuador da ditadura”, conta Caeiro. Na casa familiar gardáranse fotos dunha relación anterior que tivera Pura. “Foi cando se me ocorreu facer un traballo que falase desa xeración que non vive exactamente unha guerra civil,pero que si vai a sufrir os seus efectos”, explica o director.

“A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos”

Partindo, así, dunha historia persoal, Caeiro analiza, a través de entrevistas, unhas relacións íntimas mediatizadas pola ideoloxía da Igrexa e da Sección Femenina. E faino desde a perspectiva das mulleres. “A idea de falar de parellas, de homes e mulleres, morreu coas primeiras conversas, previas á gravación. Os homes non tiñan historia que contar xa que a súa idea era única, plana na maior parte dos casos”. Mais non era así no caso das mulleres. Alí estaba -lembra- “a riqueza de matices, a loita contra a dificultade, o querer levantar cabeza, aínda dentro do propio matrimonio. Aí é onde vin que había unha historia”. A protagonista ía ser -e é, pero dunha maneira distinta á prevista inicialmente- Pura, a nai de Caeiro. “E a quen lle interesará a miña historia?”, preguntaba ela. Ao que el respondía: "ti déixame a min e confía". Mais a saúde de Pura empeorou. E acabou marchando.
O falecemento da súa nai obrigou a Caeiro a reformular a estrutura do documental. Decidiu ser el mesmo o condutor da historia -aínda que é Vicente Mohedano quen pon a voz en off coas súas palabras-. E dividiu o relato en partes, separadas por intertitulados que recollen sentencias utilizadas polo réxime franquista para adoutrinar a xente nova. Tratados como ‘Tu vida conyugal’ e libros da Sección Femenina usados nos colexios. “Un dos libros que máis usei para este traballo é a Biblia e unha das súas frases, en relación coa menstruación, vai insertada no traballo. Eran frases que, máis que para domesticar as mulleres, tentaban fortalecer a autoestima do home, unha base "intelectual" -hai que ter en conta de que eses traballos estaban firmados por "eminencias do establishment" do momento- para manter o estilo de patriarcado que desde o Estado se quería manter. E funcionaba, aínda que sempre saíse algunha “bruxa” que poñía o sistema en solfa e loitaba por darlle a volta. E tamén o conseguiron”, di Caeiro.

Acompaña, tamén, a imaxe real das entrevistas, unha parte de animación feita cun pequeno teatriño, mais algún fragmento dramatizado. “Non quería realizar imaxes tratadas informaticamente, senón ir a aquelas épocas onde creabamos teatros a base de teas e caixas e faciamos sombras chinesas ou guiñois con cabezas de corcho e paus e teas que sempre había pola casa. Lembrei o tema do teatriño de cartón, coas figuras troqueladas e incluso das mariquiñas, a quen cambiabamos os traxes, ou aqueles recortables de soldados que nos encantaban de pequenos. Non era tampouco a miña idea primeira introducir unha dramatización, pero, ao final, optei por esta solución para o final”, apunta.

O documental foi producido por Ollomol Audiovisual e a asociación O Faiado da Memoria, da Vilagarcía, creada por Caeiro e Margarita Teijeiro

O documental foi producido por Ollomol Audiovisual e a asociación O Faiado da Memoria, da Vilagarcía, creada por Caeiro e Margarita Teijeiro. O interese pola Memoria chegoulle a Caeiro -lembra el mesmo- polos 26 anos. Primeiro, máis centrado “no que facías cos teus amigos/as e coa voráxine que te ía levando a aquela época de cambios. Logo paras e miras ao teu redor, e comezas a elaborar traballos que che son lonxanos, da guerra civil, pero que te van levando a querer máis, e pouco a pouco vas chegando a ti mesmo e é o momento en que ves o máis próximo, a túa familia, e notas que algo che quedou atrás. E comezas pero, como contamos no documental, ás veces chegas tarde. Desgraciadamente, moitas veces. Esta era a miña débeda por pagar”, asegura. Para evitar, tamén, que as vellas fotografías acaben converténdose en papeis gastados sen significado para os vivos. Un dos aspectos presentes no documental é como as mulleres maiores celebran o cambio que veu para as máis novas: o acceso á educación, por exemplo, e a recuperación doutros dereitos xa recoñecidos durante a República, mais que lles foran roubados tras o golpe de estado do 1936.

MOI INTERESANTE A REPORTAXE DA XORNALISTA MONTSE DOPICO
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-11-2019 13:44
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Parabéns,Antonio, #blgtk08#por ese premio¡¡¡
Comentario por Maricarmen González Graña (03-11-2019 17:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal