lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O CROWDFUNDING DE LOLA




Orgullosos, verdadeiramente orgullosos.

Somos unha asociación xestionada por dúas persoas (logo falaremos da riqueza dos amigos) nun pobo como este de Vilagarcía, pequeno. Fai falla ser un pouco osado para meterse nun crowdfunding. Explícome...¿quen da cartos hoxe en día a fondo perdido?....

A nos facíanos falla, estamos metidos en dous documentais, andamos de aquí para alá sempre, abrindo a nosa carteira persoal e pagando... sempre. Facemos cousas, podiamos pedir un euro de entrada a o Faiado para os actos culturais... pois nada, da nosa carteira. Por suposto que temos gastos, moitos, pero imos levando a vida como podemos.

Agora xurde de que temos que viaxar ao País Vasco, a Pamplona, realizar músicas, animacións, toda esa parafernalia que implica un proceso audiovisual hasta o momento que chega ao espectador fina, a vos... pois vai e dásenos por facer un crowdfundig de, mínimo, catro mil euros e optimo seis mil. Pois xa rebasamos a fronteira dos catro mil, a xente sigue a dar e igual chegamos a dos seis mil. A min o que mais me chama a atencion e a cantidade de personas que nos apoian....¡DANDO CARTOS¡ Porque é fácil estar con nos cando imos a Salvora ou a Ons, por uns precios módicos, sempre somos os mais baratos, porque o pelexamos coas compañías para que así sexa e sen levar un peso, enton eso e unha gozada. Pero apoiarnos con cartos... iso xa é mais dificil. E ver toda esa xente apoiando, coñecidas as mais, pero hai moita xente que non coñecíamos e ahí está aportando o seu gran a este graneiro de Memoria. Resulta como un forte abrazo de enerxía que che obriga seguir adiante, e esquenzas tódolos momentos de dúbidas e ganas de abandonalo todo.

Agora vamos a por unha relación dos lugares desde donde a xente fixo donacións ata o día de hoxe, domingo 29:

A Estrada 1
Baiona 1
Barcelona 3
Cangas do Morrazo 11
Carballo 1
Coruña 3
Gondomar 1
Madrid 5
Marin 3- mais a ARMH de Marin
Ourense 3
Pamplona 3
Pontevedra 3
San Sadurniño 1
Santiago 1
Silleda 1
Valencia 1
Vigo 4
Vilagarcia 56


Este es nuestro Patrimonio humano, gente que nos apoya porque si, porque les gusta lo que hacemos. Humildemente, con el corazon rebosando agradecimiento, con las manos extendidas... GRACIAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2019 10:07
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal