lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Vilagarcia un sentimento

O dous de Febreiro de dous mil nove abrimos a nosa blogoteca o Faiado da Memoria, inauguramos un espacio cas portas abertas a todo aquel que nos quixera seguir. Abrimos o espacio co seguinte texto:

INTRODUCIÓN Ó PROXECTO
rúa a Marina a partires da rúa de Colón no tempo previos ós recheos.Ábrese este blog (con galería de imaxes) co fin de dar a coñecer e transmitir o traballo que se está a realizar tanto desde a Asociación "O Faiado da Memoria" como do "Arquivo Social da Memoria" dependente da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

A función, tanto da asociación como do arquivo do concello é a de recuperar todo tipo de material gráfico, audiovisual, documental, sonoro e oral do concello de Vilagarcía e comarca.

A día de hoxe, febreiro de 2009, cóntase con máis 7.000 elementos gráficos de diveros pobos como A Illa, Catoira, Baiona, Gondomar, Oia, Cangas e Vilagarcía. Sendo, a maior parte, uns 6.000, desta última vila. A isto emos que sumarlle as 30 horas de testemuños personais gravados en vídeo sobre as súas vivencias. Son relatos de vida que, de non telas recollido a tempo poden desaparecer irremedablemente.

E só estamos comenzando.

Por iso nace este blog, para que todos podan ter acceso desde a sua casa ou traballo, desde Vilagarcía ou desde calqueira lugar do mundo. Este é un espacio aberto a participación. Non só un escaparate do traballo realizado, tamén é unha porta para poder pasar, deixalo comentario sobre as imaxes que vamos colocando. As impresións ou recordos que lles traen. A identificación das mesmas. A correción dos datos que figuran nelas xa que moitas non contan cunha identificación precisa nen o seu donador ten unha información precisa sobre ela. Este é un lugar para colaborar.

Pero esta porta tamén invita a pasar fisicamente. Nun espacio preparado pola Concellería de Cultura donde calqueira persona poderá porse en contacto con nos para recoller (exactamente en copiar) as súas testemuñas ou documentos e poder así seguir facendo crecer este Arquivo Social.

¿Cal é a nosa forma de actuación?

Unha vez postos en contacto cunha persona ou familia, ben por iniciativa nosa ou pola de ela, acercámonos o seu domicilio levando con nos levando un ordenadr e un escaner para realizar, no propio fogar do donante, o copiado de todo o material que el teña a ben de cedernos. Isto é importante xa que é premisa importante do proxecto non sacar nin fotografías nin documentos das casas para evitar "desaparicións" dos mesmos.
En caso de elementos como grandes negativos fotográficos ou películas que non podemos realizar copias alí mesmo teíamos que vernos obrigados a levalas pero sempre mantendo a seguridade do que se nos entrega.

Este material formará parte dun arquivo que estará na Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía para uso e disfrute de calqueira persona ou ente, público ou privado. O material estará catalogado co fin de que cada elemento gráfico, sonoro ou audiovisual sexa facilmente localizable.
No dia de hoxe no blog blogoteca.comofaiadodamemoria contamos con 12.151 imaxenes, na casa nova que inauguramos anos despois contamos con 7.803....en menos de quince dias temos vinte mil imaxenes nas nosas paxinas. Vai adicado a xente de Vilagarcia nas festas do 2019. Bos dias, boas festas
Comentarios (10) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-08-2019 09:07
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Si ben nos faiados solemos gardar trastos sin apenas valor ,iste Faiado, e mais ben de gardar xóias en forma de fotos, documentos sonoros ,audiovisuáis, que si, teñen un valor incalculable pra móitas das persoas que dalgún xéito somos admiradores dos mesmos..Documentos que, ó velos fannos lembrar féitos i lugares, que estando médio adormiñados nas nosas mentes, nolo fan ver tal i como eran na sua época..Algo así como asociar un olor, a unha lembranza determinada...Todo isto non sería posible, si a o longo distes 10 anos Anto#blgtk08#nio i Margarita tirasen a toalla cando se lle presentaron inconvintes que souperon ir capeando coma millor poideron ,pra sairen airosos dos mesmos ,i nos, poder seguir disfrutando de algo que si un dia, -polas circunstancias que sexa-tivesen que abandoar,daríamonos conta do mal que nos sentaría por perder isas xóias das que ainda teñen móitas que descubrir dos archivos que teñen entre algodóns...Ánimo pra eles..Noraboa..i sobor de todo móitas gracias polos bos momentos que nos fan pasar todo-los dias..Unha aperta pra tod@s.
Comentario por Roberto Ocaña (18-08-2019 23:47)
2 Larga vida a O Faiado Da Memoria! Un trabajo enorme que agradecemos y apreciamos todo el mundo, especialmente los que tuvimos la suerte de conoceros y aportar nuestro granito de arena. Junto a muchos otros#blgtk08# granitos de arena habéis construido la historia en imágenes de Vilagarcía, la verdadera, el documento más completo de esta ciudad a través de sus gentes y lugares. Gracias por vuestra entrega desinteresad
Comentario por Angela Souto Alcaraz (19-08-2019 08:18)
3 Moitísimos parabéns pola dat#blgtk08#a ... e a seguir coa tarefa!
Comentario por Manoel Da Costa Pardo (19-08-2019 08:19)
4 Facedes Un gran traballo , o meu agradecemento por adicar#blgtk08#lle tanto tempo e cariño , para o noso disfrute , Graciñas
Comentario por Carmen Fernandez Mariño (19-08-2019 08:19)
5 Enhorabuena ,segu#blgtk08#ir así,un abrazo
Comentario por Begoña Reguera Rodriguez (19-08-2019 08:20)
6 Para#blgtk08#béns
Comentario por Teresa Fernández (19-08-2019 08:21)
7 Noraboa,#blgtk08# un dez
Comentario por Esmeralda Rey Suarez (19-08-2019 08:21)
8 Noraboa!! A por outro#blgtk08#s tantos. ..polo menos
Comentario por Dolores Camiño Gonzalez (19-08-2019 08:22)
9 Gracias y enhorabuena por el#blgtk08# trabajo tan bueno que haceis
Comentario por Marisé Barcala Gil (19-08-2019 08:23)
10 Dice la foto que Villagarcía es un sentimiento y este sentimiento se hace extensible a este querido Faiado en el que todos nos unimos para disfruta#blgtk08#r de tantos recuerdos, repasar nuestra historia y alegrarnos cuando vemos una foto que tantas nostalgias nos trae. El Faiado somos nosotros mismos.
Comentario por Goya y Cándido (19-08-2019 13:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal