lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Perdemos a conta

Nos referimos as Xuntanzas celebradas pola nosa Asociacion, O Faiado da Memoria, desde a sua creacion, fai once anos, celebrou unha chea de reunions, comidas, ceas e merendas, aparte o traballo expositivo e documental, as exposicions son innumerables a o longo do tempo. Onte celebramos unha xuntanza en Cortegada, foi unha xornada moi bonita, da que nos sentimos moi irgullosos de celebrar. Escomenzamos hoxe unha seman de actos martes e xoves, o martes as oito da tarde, conferencia de Xose Vazquez Fouz, nos contara a sua version sobre o 23-F, el era diputado e atopabase no Congreso en aquelas extrañas horas. A Vazquez Fouz o presentara a profesora Patricia Arias que estudou a licenciatura de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1995 e 1998 foi bolseira da Fundación Otero Pedrayo, autor da que é especialista. Foi secretaria da Fundación entre 2015 e maio de 2017.

Entre 2007 e 2008 formou parte do consello de redacción de Longalingua. Revista Galega de Lingua e Sociedade, da Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2011 forma parte do consello de redacción de Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista. Ten colaborado en publicacións como Grial, A Nosa Terra, Barbantia ou a revista dixital Cómaros verdes.

Dá clases no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. Con anterioridade impartiu docencia no IES de Brión e no IES As Bizocas do Grove.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-07-2019 08:09
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal