lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Con Pepa Carlos, Leli e Carlos

Onte sabado pola tarde tivemos na sede do Faiado da Memoria varias visitas, para ver a exposicion TEMPOS DE GRISES, que como xa sabedes trata da historia de este Pais, desde mediados dos anos setenta hasta o mesmo tempo dos oitenta.
Entre visita e visita, unha moi especial, os nosos Pepa e Luis Carlos, viñeron acompañados duns amigos da Coruña, Leli e Carlos, a medida que avanzaba a visita enteramonos que os había casado Moncho Valcarcel o cura das Encrobas, unha foto de Moncho forma parte da nosa exposición.foto que serviu para retratarnos no dia de onte. GRACIAS a os catro por vir un sábado de Maio a ver o noso traballo.
Reseña de Wilkipedia sobre Moncho o cura.
Ramón Valcarce Vega, coñecido tamén coma o cura das Encrobas, nado na Coruña o 5 de setembro de 1935 e falecido na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un crego e político galego.
Terceiro de oito irmáns (catro nenos e catro nenas), formouse na escola dos Xesuítas de Vigo e no Instituto Masculino de Ensinanza Media da Coruña e matriculouse por libre en Dereito na Universidade de Compostela. Porén máis tarde decidiu estudar teoloxía e o pai tentouno convencer de ir a Roma. El optou por comezar nun nivel máis humilde e en 1963 ingresa no seminario de Santiago de Compostela e recibe as primeiras ordes.

Porén será expulsado por mor duns escritos e o arcebispo Quiroga Palacios suxírelle que continúe na Coruña, por libre, os seus estudos eclesiásticos e convídao a realizar labor pastoral na igrexa de San Xosé e na Colexiata. Na igrexa de San Xosé permanece ás ordes do párroco Xosé Lamas e na Colexiata ás do abade Manuel Espiña. Ó ano seguinte (1964), co cambio de autoridade e baixo a titoría de Manuel Espiña, volve novamente a Compostela e é ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1969.

Moncho Valcarce establécese como crego nas parroquias de Sésamo e Sueiro en marzo de 1971, no seu primeiro destino como sacerdote. Fala galego, non emprega o vestiario tradicional dos cregos e calza a boina. Tamén se nega a cobrar a paga de sacerdote e as taxas polos servizos relixiosos. Datan dese tempo os seus primeiros enfrontamentos coa autoridade eclesiástica e a súa cada vez maior implicación co movemento antifranquista. O Partido Comunista instala unha imprenta na casa reitoral, que se converte nun punto de encontro de pluralidade para distintos colectivos de distintas ideoloxías.

Detencións e participación política
A Ramón Valcarce detéñeno en Betanzos en setembro de 1974 nunha adega propiedade dun antigo garda civil cando asistía a unha xuntanza. Bota tres días no cuartel e lévano ó cárcere da Coruña. Mentres permanece encadeado, os seus fregueses fan folga de misas, e cando o liberan organízanelle unha festa de recepción. A partir de aí decide implicarse nas estruturas políticas, e particularmente nas nacionalistas. Participa na creación de Fouce, a revista das Comisións Labregas e o 21 de marzo de 1977 é xa formalmente militante da AN-PG (Asemblea Nacional- Popular Galega).

Pero Moncho Valcarce fíxose coñecido particularmente pola súa participación no conflito das Encrobas. Nas Encrobas, e grazas a un decreto asinado en 1972 polo xeneral Franco, a empresa Lignitos de Meirama quería acceder ás terras dos campesiños titulares en troca do que estes consideraban baixas indemnizacións. No transcurso das manifestacións e enfrontamentos coa garda civil, Moncho Valcarce é detido o 15 de febreiro de 1977.

Faleceu de cancro na Coruña aos 57 anos de idade. No seu libro Revolucionario e místico/Diario íntimo da doenza final (Encrucillada, 1994) reflicte os pensamentos deses últimos anos
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-05-2019 18:53
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal