lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

FOI UN PRIVILEXIO

Darío Rivas acaba de finar no lugar que o acolleu desde os nove anos, Arxentina, mais concretamente en Bos Aires.

Sempre pensamos que somos uns privilexiados porque tivemos a sorte de camiñar na vida a beira de personas moi interesantes, sen dúbida Dario Rivas estaba neses primeiros lugares do noso corazón.

Hoxe temos dor, pero sabemos que os anos son implacables. Dario morreu cos deberes feitos, co deber cumplido, denunciou a Franco polo asesinato do seu querido Pai, o Alcalde de Castro de Rey. A vida de Dario nos ultimos trinta anos foi unha loita pola MEMORIA do seu Pai: atopou os seus restos, fixo un panteón cunha inscripción que fai chorar a calquera.

Desde o ano 2007, que nos coñecimos, cando viña a Galicia nunca deixou de vir a casa, ese día era unha festa, foron moitos días, moito cariño e moito privilexio.

O pasamento do meu amigo e unha perda para a memoria, para a MEMORIA con maiúsculas, a de verdade, a que el sentía.

Gracias Dario por ese tempo adicado, por ese PRIVILEXIO de coñecernos, por ese cariño compartido.

HASTA SEMPRE
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-04-2019 07:57
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal