lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Luis Ares



Onte en Vilagarcía, finou Luis Ares Valentín, nacido en Monforte de Lemos.

Unha vida marcada, desde a infancia pola prematura morte do seus Pais, Luis criouse nun internado donde a ternura e o cariño non eran pautas cotidiáns. Fíxose cun título técnico da Renfe por ser fillo de ferroviario, orfo de ferroviario.

Lembrámolo como un home pasional na percura dos dereitos da xente traballadora. Xunto a Millos e Eduardo Mayor, fundaron Comisións nos talleres da Renfe. Estou a falar do ano 1977. Podíamos seguir, a súa labor no Partido Comunista foi unha labor de traballo.

Onte, Luis acabou a sua loita, lembrarémolo, formará parte da memoria dun pobo que ainda que non era o seu, supo gañarse o cariño da súa xente e facerse un lugar.

O noso respeto pola súa figura.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-04-2019 08:55
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal