lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A historia do nacemento de Vilagarcía rexurde no local do Faiado da Memoria O filólogo e edil da Corporación, Gaspar González Somoza, foi o encargado de ler o documento.

Artigo de Fatima Frieiro no DIARIO DE AROUSA
Fotografia de Monica Ferreiros

A historia do nacemento de Vilagarcía cobrou onte vida no local do Faiado da Memoria. Fíxoo na voz do licenciado en Filoloxía e edil da Corporación, Gaspar González Somoza, que foi o encargado de ler un documento cuxa única edición data do 1965 e é obra do ilustre Fermín Bouza Brey.


O certo é que moito se ten especulado sobre cal foi a data exacta da fundación de Vilagarcía como tal e incluso moitos historiadores apostan por unha ou outra data. Gaspar González Somoza explicaba onte durante a súa intervención no Faiado que o documento, escrito en galego, non deixa lugar a ningunha dúbida. A súa lectura di que Vilagarcía se fundou no ano 1471 e que foi a partir daí cando este enclave arousán empezou a coñecerse como tal.

O documento, a única edición que se conserva, foi doada ao Concello de Vilagarcía no ano 1996 pola viúva de Fermín Bouza Brey. Sumerxirse neste documento escrito a man é unha forma única de adentrarse nas arterias de Vilagarcía e, a partir daí, ir tirando do fío. Foi precisamente iso o que se fixo onte no local do Faiado no que se agochan historias de diferentes épocas da capital arousá e donde se segue a traballar na recuperación da memoria viva e oral.


A “Carta Puebla” foi onte a protagonista da xornada de recordo e de divulgación e unha ocasión perfecta para os amantes da historia para coñecer de preto cales son os orixes de Vilagarcía.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2018 06:39
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal