lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Moitos parabens, Manuel |
|

Bueno, isto comenza cando Marisa, filla mais vella de Luisa Blanco, emigra a Francia.
Marisa ao pouco tempo formou unha familia. Casou con Charlie, francés, e a súa vida, tanto laboral como familiar, faise no país galo.
O mérito aquí e de toda a familia, a Marisa, a súa Nai Luisa e a súa irmá María José, a botan de menos, e Marisa o mesmo.
Non pasa un ano sin que veña a disfrutar da súa vila nas festas de verán.
Como sería a cousa que cando naceu o primeiro neto, Luisa, única filla do Arousán, foi a Francia e cando o neno José,(puxéronlle como o seu avó, recén falecido) tiña unos mesiños, a sua avoa embarcouse co bebé nunha aventura especial: colleo o tren cargada de bolsas cos trebellos do seu neto, cueiros, biberóns, fariñas e demais, e con toda a emoción do mundo viuse cara a Vilagarcia… houbo transbordos, cansancios, pero….¡levaba o seu neno con ela… !
Esto ben a conto porque aquel neno e o pai de Manuel, o que vemos na fotografía…. Hoxe cumpre, vinteun anos… el como os seus irmáns, como o seu pai, é francés, pero tamén de Vilagarcia (xa se sabe que un vilagarcián ven o mundo onde lle peta en gana).
Luisa, desgraciadamente, hoxe non pode achuchar ao seu bisneto, pero nos desde aqui, desde a súa Vilagarcía, mandámoslle unha aperta con cheiros do mar de Arousa.
Parabéns Manuel, que disfrutes dun bo cumpreanos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|