lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Ata sempre Gustavo

Gustavo Pernas unha das primeiras figuras do teatro galego finou onte e nos deixou valdeiros de alguen a quen nos queriamos, Gustavo viña a Vilagarcia cada vez que llo pediamos, firme defensor da MEMORIA, cando inauguramos no parque Miguel Hernandez ROSAS ROTAS, Gustavo fixo un artigo chamado A BOA MEMORIA a o que dou letura a sua amiga Maite Silva, neta de Pando, xuiz na Republica, xuiz asesinado. En Decembro do ano pasado Gustavo volveu a ler o mesmo poema cando publicamente, INICIATIVA CIDADAN POLA MEMORIA solicitou o nomeamento de Pando como fillo adoptivo do pobo. Con nos, Gustavo e Angela Garcia Abalo, filla de Margarita e Julio, amiga querida desde fai moitisimos anos hoxe é un dia triste, unha aperta para toda a sua familia.
Gustavo, hasta sempre na nosa Memoria, queremoste

26/11/1959 - 29/10/2018

O SEÑOR

D. Gustavo Pernas Cora

(Actor e dramaturgo. Profesor da Escola de imaxe e son da Coruña)

Finou o día de onte, aos 58 anos de idade.

D. E. P.



“Navegar é precisso.

Morrer não é precisso.

Home de luz”



A súa dona, Anxela García Abalo; fillo, Muriel; pais, Miguel e Mariblanca; irmáns, Miguel e Begoña; irmáns políticos, Froíña, Julio, María, Javier, Gaspar e Imma; sobriños, curmáns e demáis familia.

Acto: capela do tanatorio, hoxe, ás OITO E MEDIA da tarde.

Cremación: na intimidade familiar.

Crematorio: Tanatorio Albia A Coruña.



Tanatorio-Crematorio Albia A Coruña, sala nº 10. R/ Madame Curie, 3. Polig. A Grela - A Coruña.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-10-2018 08:13
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Triste nova. Sinto a perd#blgtk08#a dese voso amigo. D.E.P.
Comentario por Mari Patiño (30-10-2018 13:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal