lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

AS FOTOS SERAN GRATIS

Estimadas Amigas e Amigos:

O xoves, 30, (mañán) a partires das 09:30 da mañán, dúas das mariscadoras mais coñecidas de Vilagarcía, Flora e Herminda, van a baixar do seu balcón de Ravella27, desde onde ven pasala vida do pobo dunha forma tranquila, a Praza de Ravella co fin de estar mais cerca da xente e poder despedir con eles o mes vilagarciano por excelencia: agosto.

Ás dúas esculturas creadas polo artista vilaxoanés Platis, estarán colocadas a ras de terra para que toda aquela persona, adulta ou menuda, que o desexe, se poida fotografiar con elas e, se son residentes fora de Vilagarcía e de vacacións na vila, poder levarse unha lembranza distinta, pero simpática.


Colocaranse ao final do paseo central da praza, pouco antes do paso de peatóns que une a praza co edificio do Concello.


A súa estancia na praza será solo pola mañán para volver, sobre ás dúas da tarde, ao seu emprazamento habitual no balcón do local de O Faiado da Memoria, onde seguirán contemplando, relaxadamente, o vivir do día a día do pobo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2018 21:41
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal