lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

9 de MAIO: ESTAMOS DE DÉCIMO ANIVERSARIO


Amigas e Amigos:

Hoxe, 9 de maio de 2018, o Faiado da Memoria cumple 10 anos.

Contra vento e marea resistimos e seguimos aquí, quizá, máis fortes que nunca.

Fai catro días ofertábamos 108 prazas para ir de viaxe a illa de San Simón, un capítulo importante das nosas vidas xa que o traballo que realizamos nese lugar foi, en certo modo, o que fixo nacer este Faiado que agora visitades. Pois en cousa de 48 horas esgotáronse as prazas. E ainda quedan uns dous meses para facela viaxe.

E seguimos dándolle a cabesiña para realizar mais actividades co pouco que podemos, tamén non é cousa de que o éxito nos mate, senón ir, como sempre, a velocidade das estrelas: despacio pero sen pausa.

Pero hoxe é un día para celebrar e así como fai uns meses, anunciando o aniversario, vos ofrecíamos un libro dixital, hoxe volvemos a facelo, non un, senón dous. O primeiro é o mesmo de A FESTA DOS MAIOS pero renovado, correxido e ampliado. E o segundo, mais grande, e do mesmo autor, o amigo Carlos Rey, é o de FUCHES PERO NON VICHES NADA, un compendio de pequenas historias de costumes, lendas e personaxes da vida vilagarciana e incluso de recetas culinarias.

Os dous traballos son para poder ser vistos de forma online ou mesmo poder descárgalos. Como a algún e algunha vos gusta telos impresos, pois tamén temos, para descargar do mesmo modo, as portadas de ambos por si os queredes encadernar (en color quedan de marabilla, volo digo por experiencia personal).

Isto é como un Ikea cultural, nós os damos os patróns e vos compodes o libro a vosa maneira, e sen necesidade de instruccións.

Aquí vos deixamos os enlaces para que poidades ver estes preciosos traballos que vos permitirán coñecer un pouco a vida deste voso pobo (antes de que o enchesen de cemento:




Disfrutade que é una das poucas cousas gratis que a vida nos pode dar.

E aquí vos deixamos un vídeo que fixemos sobre os Maios que fixemos en Vilaxoán.
Comentarios (5) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 09-05-2018 09:07
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 O mesmo día da FESTA DOS MAIOS, vin algo de esto, que é moi importante que sobreviva, porque son actos que veñen de moi atrás... Lle cadróu que eu vira catro nenos cargando con un maiño, é me fixeron recordar as letrillas que se lle puñían ás CANTARELAS DOS MAIOS, onde desfilaban por esas letras "ZAPATILLA", CORBATILLA, o#blgtk08# gran "CAÑOTAS DE VILAXOÁN", é moitos outros que xa non lembro. Pasaron moitos anos é había moita tixeira nos orixinais. Aínda hoxe...
FELICIDADE MOITA POR ESOS DEZ ANOS E POR TODO O QUE TEN QUE VIR. ESTADES COMENZANDO. Hasta tendes un xuíz de mán... EdwardGG.Stgo.
E PASALO BEN NA ISLA SAN SIMÓN (?)
Comentario por E. García Gonzalez - Santiago (09-05-2018 11:41)
2 Hola a todas-os. Estupenda idea. Fel#blgtk08#iz cumpre e moitas grazas. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (09-05-2018 12:18)
3 Felicidades por estos diez anos, por compartir la historia de Vilagarcia y sus gentes, so#blgtk08#bre todo para nosotros que vivimos una parte del ano fuera de Galicia "Gracias".Un abrazo
Comentario por Margarita Mosquera Porto (09-05-2018 13:09)
4 Feliz cu#blgtk08#mpleanos
Comentario por Paco Salgado (09-05-2018 13:27)
5 Muchas Felicidades y todo lo #blgtk08#mejor para la próxima decada
Comentario por guillermo (09-05-2018 18:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal