lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Foto de Lola a de Marin e Marina Casabella

Carlos Rey Cebral

CARTA ABERTA AO DEPARTAMENTO DE CULTURA DE VILAGARCÍA (e por estensión a todo o grupo de goberno)

O entroido tradicional do noso pobo ten dúas bases: unha son as comparsas e outra son os choqueiros.
COMPARSAS- sempre cantaron polas rúas, prazas e bares, animando así a todo o pobo. Dúns anos para acá, ao facer estas actuacións no Auditorio, xa non se canta nas rúas, a excepción honrosa das comparsas de Vilaxoán e da recentemente desaparecida "Xornal Criticón", de tan grata memoria na nosa vila. Consecuencia: agonía da tradición e darlle cartos ás comparsas que veñen doutros concellos a actuar no Auditorio.
CHOQUEIROS- desaparición total dos personaxes máis típicos do entroido que enchían e animaban nosas rúas o domingo e o martes. R.I.P.
DESFILE DE ENTROIDO- costume introducido nos anos oitenta e que derivou nun desfile CUTRE a imitación esperpéntica dos de Río de Xaneiro: homes vestidos con volantes de coloríns e mulleres cheas de arames e de plumas, lixeiras de roupa como se fora verano, a punto de pulmonía. E na parte traseira de cada mascarada o consabido carrito coa megafonía a todo gas coa canción "Carnaval, carnaval" DE PENA.
Nesto gasta o departamento de Cultura de Vilagarcía máis de 7000 euros...en fomentar un "carnaval" estranxeiro e sen gracia.
¿E O NOSO ENTRIDO??? Pois a tomar.....vento.
Esto si que é fomentar nosa cultura. Que veña o demo e me leve.

artigo de Carlos Rey
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-01-2018 18:13
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Carlos, has dado en el clavo. Nuestro Ayuntamiento solo mira para delante y se olvida de las tradiciones solamente por que no las han vivido. Para ellos nada más que existe lo que ven y como otra prueba más, ahí está el Obelisco. Aquellos Martes de Carnaval por la mañana, que al coincidir con el mercado, llenaban Villagarcía de comparsas y por la tarde la familia Campos, Maria y Marina, Pasarín, Batalla y otro muchos #blgtk08#animaban el pueblo y la gente andaba corriendo para saber donde estaban y disfrutar de sus parodias. Aquello era Carnaval villagarciano y no esas plumas, tacones y pierna al aire con que nos obsequian en esos desfiles modernos y que pagamos todos con nuestros impuestos. Yo creo que influye que muchos ediles no son de Villagarcía y lo que sí son no tienen idea del pasado de su pueblo. Eche o que hay Carliños.
Comentario por Cándido (28-01-2018 13:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal