lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Hoxe, un día de XUSTIZA


Oitenta e un anos despois do seu asesinato, o Concello de Vilagarcía, nun Pleno Extraordinario nomeará FILLO ADOPTIVO a Luis Pando Rivero, será ás doce da mañán no salón de plenos.

Fai cuarenta anos da instauración da democracia e desde aquela ninguén foi quen de facelo antes. É día de emoción, de paz, de dignidade, de recoñecemento, de respeto, de moitísima admiración polos que van homenaxear.

Tamén a Laureano Gómez Paratcha, veciño do noso pobo, que chegou a ministro e que Franco levou de cárcere en cárcere, doce anos da súa vida.

A Pando, que era o xuiz do pobo, asasináronno o catro de decembro do 1936 (xunto a catro veciños mais de Vilagarcía) e na súa morte foi un inocente como todos aos que naquel tempo segáronlle a vida.

Sinto alegría polo que se fai, pero tamén pena, moitísima pena por Patucas, Teresa e Purita que non ven o recoñecemento ao seu Pai. Non podo decir todo o que sinto, pero levo un nudo que me oprime.

Á familia que veu de lonxe, aos netos, aos bisnetos, unha emocionada aperta polo que imos vivir xuntos e porque aquela frase de “algún día alguien limpiará mi nombre” únenos para sempre.

Moita paz para todos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2017 21:03
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Mi homenaje a un hombre de la categoría de Luis Pando. Nunca entendí como hay gente que puede cometer semejantes atrocidades. Solo los locos pueden hacer algo así...Y parece que la locura anida en l#blgtk08#a mente de personas, de muchas personas. MI cabeza no es capaz de adivinar lo que tienen ellos dentro de su cerebro. Nadie puede limpiar el nombre de alguien que lo tiene más que limpio. Tristeza...
Comentario por Maria Teresa Montesinos Castro (16-10-2017 20:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal