lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Onte con Sita e Angel

O cruceiro do Hío é sen dúbida o máis emblemático e elaborado dos cruceiros galegos . Está situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, na parroquia do Hío, concello de Cangas.

Os especialistas atribúeno á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena, pero cómpre indicar que outros negan esta autoría e consideran como autor a Ignacio Cerviño Quinteiro, outro canteiro e escultor da mesma época que aquel. Foi tallado en 1872, cando aínda o artista non cumprira os 30 anos, nunha soa peza de granito, salvo algunha figura exenta.
(Informacion da wilkipedia)
E ali estivemos, onte, na compaña de Sita e Angel, sempre, cada ano, nos invitan a comer e sobre todo a escoitar as vivencias mezcladas ca ironia e humor de Sita que da gusto escoitala.
Aproveitamos pra despedir o Marzo e darlle a benvida a o Abril, confirmacion da primavera que este ano trae unha gama de colores maravillosos nos campos. Bos dias, saude para todos
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2017 08:39
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 O CRUCEIRO DE HÍO
Fai unha chea de anos que conozo este precioso cruceiro que está catalogado como un dos millores da nosa Galiza. Cando o vin na primeira ocasión causóu en mín unha boa sensacíón de ledicia que non é fácil describir, pero a miña idea é que había visto algo fóra de serie. Creo que está en terras de Bueu que é un bó lugar para frenar o coche, velo con m#blgtk08#oita atención é logo, tomar algo rico do moito que se colle nas nosas Rías, acompañado de un Albariño. Outro día seguiréi, con máis datos, que o Cruceiro, meréceo. Artistas de aquél tempo... que nunca viron Escolas do Arte...
.................................................
REFRÁN GALEGO: "BOTA BEN AS CONTAS,
·················E DESPÓIS NON TE ARREPINTAS"...
Comentario por E. García Gonzalez - Santiago (31-03-2017 10:39)
2 Amigo E. Garcia Gonzalez teñoche que acrarar que o Cruceiro de Hio atopase en Aldan Cangas do Morrazo, de Bueu nada, si acaso bordeando a Ria de#blgtk08# Pontevedra tes que pasar por Bueu,nada mais, repitoche que Hio pertenece o Concello de Cangas do Morrazo, na, si queres, ria de Aldan. De nada.
Comentario por Anxo Fresnedo (01-04-2017 22:54)
3 Amigo Anxo Fresnedo: Cando me enteréi do meu erro, foi cando acabéi o meu comentario é repaséi o que fixo Margarita. Ahí supen que a miña información
non era a correcta. Hai persoas que basan os seus comentaros que saíron falsos desde que alguén falóu desto sin saber. Eu recollín a idea, pero, non era boa, o sinto moito amigo Anxo. Xa teu nome me dice que tés que ser unha boa persoa. Conste que teño libros na casa, pero eu estaba seguro dos meus #blgtk08#datos Tamén estiven seguro de que o Monte Lobeira e noso pero non é así é desde que o supen non lle teño o mesmo cariño que antes. O de Lobeira tardéi 50 anos en sabelo... ¿Cómo iba ser dos de Vilanova o Monte Lobeira? Si supera a verdade, seguro que non iría tantas veces. Vivín en Cornazo uns 14 anos... Bueno repito mis gracias y me agrada saber que lees mis comentarios. No se aciertan todas. EGG.342017. Peo te juro que esperaba tu carta. Eres elegante.
Comentario por E. García Gonzalez - Santiago (03-04-2017 10:45)
4 Amigo E.,non sei o nome, Garcia Gonzalez, non tes porque disculparte xa que logo eu incurro moitas veces en erros por non enterarme antes das cousas inda que hoxe endia procuro arranxalas antes. De Lobeira eu tamen entereime moito despois de que era propiedade, ou mellor dito, pertenecia o concello d#blgtk08#e Vilanova de Arousa, pero non por iso deixei de valorar a sua importancia e beleza que dende o seu cumio se olla, ademais da historia que xerou.
Bueno tal como dis casi, casi fumos veciños xa que eu nacin en Vilaboa e vin pra Vigo no ano 1966. Seguiremos ca nosa historia tamen. Unha aperta.
Comentario por Anxo Fresnedo (04-04-2017 03:25)
5 Amigo Anxo Fresnedo:
Pois, quedéi relativamente satisfeito. Non esperaba eu a estas alturas dar unha idea de meus escasos coñecementos dos lindes da miña provincia. Conste que información viña de un viaxante que pasa por HIO centos de veces ó ano, pero, o seu non era
dar conferencias de Xeografía da Provincia de Pontevedra. O seu, é vender, é ésto#blgtk08# faino moi ben.
Aclarado todo, incluíndo LOBEIRA, xa o deixamos como unha asignatura APROBADA é chega.
Acerca do principio do meu nome, case sempre firmo así: Primeiro unha E, é logo o resto, que é EDUARDO... GARCÍA... GONZÁLEZ. É a primeira vez que o meu nome, ten interés para un membro do FAIADO. Se ve que tés moitas horas vóo. Un abrazo 542017.
Comentario por Eduardo García Gonzalez (05-04-2017 10:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal