lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

LIBRO DE VISITAS de Ecos de Cortegada

Remata a exposición ECOS DE CORTEGADA que, desde o día 2 de agosto, mantíñamos aberta no Salón de Plenos do Concello de Vilagarcía. O luns, 22, en horario continuado de 9:30 a 21:30 será o último día en que se poderá contemplar no seu formato orixinal e ao completo.
Logo viaxará por centros sociais e educativos de Vilagarcía para, mais tarde, irse deica outras poboacións.
Pero, nestes días en que estivo presente no Salón de Plenos, mantivemos aberta unha libreta (realizada, por certo, pola asociación Saiad Pola Igualdade) para que os/as visitantes que o quixeran poideran deixar as súas impresións sobre a mesma.
E vaia si o fixeron.
Extractamos algunhas delas sen por o nome das personas:

"Lo primero daros las gracias por el trabajo de avivar la memoria, lo segundo las gracias por contarnos de forma tan natural nuestra historia"

"Parabéns por unha exposición mais que traballada e por fin conseguida!! Moi bo traballo"

"Enorme e necesario traballo! Noraboa!!!"

"Me gustó, me informó, me entretuvo"

"Precioso e emotivo traballo. Seguro que os descendentes sempre volo agradecerán"

"Me encantó. Es un recuerdo muy emotivo por mis abuelos en Cortegada"

"Solo penso, ó escoitar o vídeo e o leer as notas e escrutos dos seus autores, no dolor, na rabia, no esforzo e no engaño de que foron obxeto os seus moradores e os seus descendentes que escoitarían as narracións dos seus antepasados. Por todos eles dedícolle unha lágrima e unha esperanza."

"Moi importante recuperar a memoria dos nosos ancestros e a súa dignidade"

"Paréceme maravilloso que se faga esta exposición da fermosa illa de Cortegada, en recordo do sufrimento de todos estos veciños que inxustamente foron botados pola monarquía"

"Gracias por mantener siempre viva la historia de Vilagarcía"

"Extraordinario traballo sobre a historia da apropiación dun pobo para rendir sumisión a un representante da élite dominante.
Indiscutible calidade do traballo de recolleita e presentación que cubre unha lagoa na concienciación sobre a historia dun pobo.
"

"Por aqueles que non permiten que os habitantes de Cortegada e as súas terras caian no esquencemento."

E así poderíamos proseguir.
Pero quédavos un día para ir a poder vela e xa non vos entretendemos mais.

Gracias por colaborar, asistir e comentar.

Gracias aos vosos ánimos da gusto facer estes traballos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-08-2016 16:51
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Onte, 21 de agosto/16, fun coa miña filla para ver a EXPOSICIÓN SOBRE CORTEGADA e un P.M. nos indicóu que estaba pechado hasta, hoxe, luns. Demos unhas voltas polas novas rúas arousáns, e vimos un DESFILE DE CARROZAS,#blgtk08# la mar de xuvenil, é por tanto, moi bonito.
Se ve que a crise faise notar. Pero os nenos iban moi felices. Para éso foi o Desfile...Adiante co varal.
Para o ano próximo xa vendrán novas ideas ¡seguro!
Comentario por E. García - Santiago (22-08-2016 09:48)
2 Hola a todas-os. Alégrome moito de que esa libreta tan chula, teña tantos comentarios. Supoño que a maioría, por non decir todos, serán #blgtk08#de agradecemento, e alegría. A pena foi que non puidese estar en un sitio máis céntrico, seguro que as visitas serían o dobre. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (22-08-2016 10:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal