lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Belarmina foi un exemplo

Foise Belarmina Ordóñez. Naceu en Rianxo e de mociña quixo vir para Vilagarcía a traballar. Coñeceu a Miguel Sanmartín, namoráronse dando comenzó ao seu noviazgo.

Chegou o maldito 36 no que Miguel, logo de defender Vilagarcía, tivo que enrolarse no exercito fascista e ir a guerra. Cando tivo a primeira oportunidade pasouse as filas do Goberno da República no que pasou un tempo hasta que caiu prisioneiro.

Belarmina, mentras tanto, foise de Vilagarcía para Rianxo de novo. Presentouse voluntaria para lavarlle a roupa aos presos do campo de concentración que alí se creou, presos, maioritariamente, asturianos.

Aparte de lavarlle a roupa, leváballe comida, tabaco e SOLIDARIDADE. Ese sentimento era moi propio de Belarmina, que foi unha muller que sabía relativizar os problemas diarios con nota.

Esto que aquí se conta non é nin a cuarta parte da xestión humanitaria de Belarmina cos presos, pero teríamos que facer un libro para contar todo o que esta muller fixo.

Noutro pais mais formado, Belarmina tería unha homenaxe institucional. O atraso que levamos leva a situacións difíciles de entender.

A súa familia o noso sentido pésame.

Sentimos a súa morte porque nos tamén lle queríamos.

Belarmina, hasta sempre.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-07-2016 18:02
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sempre tiven un gran respeto hacia ésa xentiña que de cando en vez, se lle da por ler as miñas parrafadas de un tempo que xa quedóu moi atrás...
E non mentiría si dixera qaue o meu pensamento se foi hacia os anos 1940 e tantos, cándo un home moi parecido a éste que figura na foto, chamado MIGUEL, traballaba de tallista nun taller que había mesmo enfrente do Almacén de Coloniales de Laureano Santos, xusto dónde se encontra o Súper GADIS..., ahí... donde vivía a familia dos Jamardo.
Con éste home tamén traballaba un artist#blgtk08#a que se chamaba Rivas, moi coñecido como un dos artistas máis brillantes da Perla de Arousa. Era moi boa persoa é un gran artista, os dous "socios"...
Si me equivoquéi de persoa, pido mil disculpas, pero a foto parece que non me deixa mentir, é o nome, tampouco. Si vive, lle mando un gran saúdo.
Eu fun un gran admirador da talla en madeira que facía o Sr. Miguel (O tallista)...
E vaian estas palabras como homenaxe a os dous artistas da madeira e da acuarela que había naquél tempo, que se chamaron MIGUEL e RIVAS.
Comentario por E. García - Santiago (09-07-2016 19:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal