lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Benvidos

Margarita Ledo e Xoán Carlos Garrido presentan os seus documentais sobre Manuel María


O poeta Manuel María protagoniza dúas sesións de cinema audiovisual que terán lugar o xoves e o venres, ás 20 horas, na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía. Ambas proxeccións, con entrada libre, dan inicio ás actividades públicas que o Concello de Vilagarcía lle dedica á figura do poeta chairego.

O xoves, día 19, a cineasta, profesora da Facultade de Xornalismo, académica e escritora, Margarita Ledo, presenta a súa obra Manuel María. Eu son fala e terra desta miña terra. Un documental arredor da figura do escritor a quen Galicia lle dedica o Día das Letras de 2016.
Introducida pola concelleira de cultura Sonia Outón e acompañada polo editor Antón Mascato, a actual docente de Comunicación audiovisual da Universidade de Santiago, proxecta esta obra de carácter intimista que se converte nunha homenaxe narrativa e visual ao poeta da Terra Cha co que compartíu amizade, edición e activismo político e cultural.

O venres, día 20, será o profesor Xoán Carlos Garrido, docente e historiador quen ocupará a mesma mesa da Sala de Conferencias do Auditorio, tamén acompañado pola concelleira de Cultura e por Antón Mascato, para presentar o seu traballo sobre as diferentes viaxes protagonizadas polo poeta Manuel María, tanto no interior de Galicia, como no exterior. Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María, é o título da obra, en realidade trátase do legado máis introspectivo da paixón viaxeira do escritor. Este traballo é o resultado das procuras entre os arquivos persoais dos amigos e compañeiros de viaxes do poeta, achegando algúns materiais que teñen varias décadas de antigüidade, o que lles confire un alto valor documentario.

Na fin de semana o Concello continúa cun evento na rúa Covadonga, entre as Prazas de España e de Galicia, na que haberá lecturas de poemas, títeres, exposicións, recitais de música e poesía, un encontro folclórico, Big Band Jazz e unha Feira do libro, na que estaremos presentes cos nosos traballos documentais e música, entre outras actividades.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2016 22:21
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Hola a todas-os. Interesante semana cultural, con un motón #blgtk08#de actividades. So falta que o sol nos acompañe. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (19-05-2016 09:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal