Queralt Collado Verdaguer fixo onte seis anos...é unha pulguiña pequena filla da miña prima Pilar e Jose Luis que son catalans e viven en Barcelona. Nos queremos presentarvos a Queralt neste video no que esta no seu cole ensaiando para un concerto o proximo sabado no Palau con un grupo de rock, ademais de Queralt seus irmans Arnau e Roger tamen estan no grupo. Queralt é unha bizneta de Jose Ramos aquela persoa con un posto relevante na Transmediterranea que fomentou o embarque de tanta xente de por aqui na compañia. Jose era irman da miña avoa Pepa. Queralt temos moita gana de verte, a teus irmans e a os teus Papas. Moitas felicidades e que o concerto sexa un exito.