lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Adicado a Pepa a de Cortegada, a miña avoa

O dÍa de hoxe, na actualidade DíA DA PATRIA GALEGA, era cando pequerrecha o dia do Apóstol no Carril?nada mais e nada menos. Un festón que cada familia organizaba como podía, na casa da miña avoa Pepa a de Cortegada, porque Cortegada foi a sua verdadeira Patria, se organizaba un festón, todos os fillos vivos, Carmen, Maruja e Felipe. A Maruja lémbroa moi pouquiño tempo porque finou cando eu cumplía cinco anos. Entón tamén formaban parte da lexión de invitados, ou a min parecíanme unha lexión, meu tio Manolo Conde, cos meus primos Manolo, Jose María e Juan Carlos. Transcurrido o tempo tamén alcanzo a incluir na mesa a Angelita, a dona do meu primo Manolo. Na lista continuo cos meus primos Mercedes e Manolo Perez. Mercedes casou con Pepe Camiño. Entón os invitados creceron e tamén se sentaban a mesa os pais de Pepe e as súas irmáns solteiras, Tutu e Lolita Camiño, unas mociñas que disfrutaban do día da festa ca súa nova familia. Xa morrera miña avoa cando esta familia Camiño compartia o día con nós.
Ese día na miña casa de Santa Lucia escomenzaba temprano, nos bañaban en aquela bañeira de cinz, desaiunábamos e escomenzaba o acicalamento que era unha continuación de días pasados na costureira. Tíñamos dúas, Marisa e Consuelo, a nai de Alfonso o cura, que para a data de hoxe sempre me facía un vestido novo, normalmente con moitos lazos que, por certo non me facía sentir nada cómoda. Tamén solia poñerme un can-can almidonado?esto era para chegar a o Carril ir dar unha volta pola plaza e pouco mais. Miña nai cambiábame a roupa á hora de estar alí, despois de facer un auténtico desfile de modelos na cociña de Pepa, de escoitar o xeitazo que tiña e o bonita que elas me veian, de soportar os arrechuchos da miña prima Mercedes. Eu ese dia sentíame moi importante porque gracias a eso era a protagonista sempre da chegada a Carril, aínda que deseguido me esquencian porque había moito traballo que facer. Entón eu empezaba o meu itinerario. Encantábame aquela casa, toda de madeira, grande. Enorme. Tiña dous pisos e daba polo frente á plaza da Liberdade (na actualidade) e ao outro lado á riveira, donde se collía Cortegada de pleno. Fantástica. Aquel era o sitio preferido para sentarse Pepa co rosario na man e os ollos húmedos. A casa cheiraba raro. Co paso dos anos dinme conta que cheiraba a cera.
Sempre me dicían cando me veían subir a escaleira para o piso de arriba ?Pedroliño non revolvas?. A eso era ao que me adicaba, a revolver, a ver os caixóns, as fotografías, as caixas da miña avoa con medallas,rosarios,escapularios?Uns tesouros para min incribles. Tamén a revista Hola que non faltaba nunca na casa. Cando me cansaba baixaba e me poñia a ver as mesas postas, as dos maiores, as nosas dos pequenos? A repostería da casa de miña avoa era especial. Aquela tarta de chocolate e mantequilla feita por Mercedes era única, sin ferramentas, todo a man?.Chupábamos os dedos. O menú sempre incluía as ameixas á mariñeira feitas por miña tía Carmen que as facia primorosamente ben, e que meu Pai o dia antes recollera do seu viveiro , a merluza á romana con patacas fritas, a carne mechada?Xa o dixen ao comezo, un festón, unha alegría para unha vella que xa deixara moitas cousas atrás, as máis importantes catro fillos e o seu home.
A tarde a adicaba eu a ver a farsa, os enanos, os gaiteiros e por suposto a procesión que se vía desde aquel inmenso balcón desde o que se divisaba o mundo enteiro. Que feliz fun eu cada día do Apóstol no Carril. Sempre levaba un maletín rosa que me trouxo miña tia Esmeralda de Bos Aires. Nese maletín ía miña bata pixama e non sei cantas cousas mais. Todos os anos o levaba para quedarme a dormir con Pepa que o rogaba todos os anos?.Canto o sinto, pero nunca quedei. Cando vía a meus país e a meu irman ir cara o autobús escomenzaban os choros e lamentos.
Tamén lembro cando ía a os recados da man de Mercedes, á tenda de Portela, a Cornechos, a Estrella ía con meu pai ?.
Aquel Carril foi a segunda patria da miña avoa Pepa. A primeira era Cortegada, preñada de apelidos Ramos. Naceron alí como os loureiros. Na documentación que teño están os Ramos desde 1764, sempre na Illa, de donde os botaron para entregarlla a un Rey ao que non lle gustaba.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2015 13:40
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Margarita, tus recuerdos son un tesoro (ya se veia que lo de revolver era lo tuyo) y tienes la suerte de haber vivido una vida plena de familia con #blgtk08#unos antecesores con unas raíces que casi nacieron con Cortegada. Disfruta de ellos ya que tienes memoria y bonitos recuerdos para usarla. Un abrazo
Comentario por Cándido y Goya (26-07-2015 14:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0