lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Na memoria de Manolo

De Manolo o ceboleiro, Manuel Suarez Ramos de Trabanca Sardiñeira, fai un mes que finou e non nos enteramos. Hoxe que é o dia da Republica, idea que compartimos Manolo e a xente do Faiado, expreso o noso sentimento pola sua morte. Na miña infancia correteando pola porta da casa sempre escoitaba a miña avoa como falaba de un home que pasaba a diario pola miña porta. Nos viviamos frente a igrexa dos Padres, aquel home cando ia pasar quitaba a boina e cando avanzaba e deixaba atras a capilla voltaba a poñela na testa. Miña avoa relataba o porque, pero eu andaba a miña bola era unha nena e nin caso. O tempo contoume que aquel home era o pai de Manolo Suarez, militante activo da CNT, cando foi o golpe de estado de Franco, os falanxistas de noite coma sempre o foron a buscar, arrancarono da sua muller e fillos, da sua casa, levarono preto de Cambados pegaronlle catro tiros e ali o deixaron tirado nunha cuneta. Non vou entrar en moitos detalles, atoparono uns veciños da zona, o levaron para a sua casa, co tempo puxeronse en contacto ca familia Suarez Ramos....aquelo foi todo un milagriño, construiron un zulo e ali estivo hasta que pasou o tempo suficiente para entregarse.
Manolo nunca esquenceu o que lle pasou a o seu pai, o que viviron en aquela casa, as lagrimas da sua nai...Manolo que a terra che sea leve, como mereces.
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-04-2015 19:30
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 MANUEL SUAREZ RAMOS (D.E.P.).
--------------------------------------------------
Tamén eu coñecín ao amigo MANOLO en Santiago. Fai de esto máis de 55 anos. Traballaba de administrativo nunha casa que envasaba aceites é logo marchóuse para outra empresa máis estable...

Era unha persoa que se sentía moi feliz coa súa vida pero, moy feliz; porque o noso MANOLO formaba parte de un grupo moi escollido en Santiago, da Igresia Evanxélica. Había abrazado esta relixión nova para nós é por éso se sentía moi feliz. A súa pasión era poder falar con calquera d felicidade evanxélica, porque estaba seguro que o Ceo para él, estaba na palma da mán. Naquél tempo, aínda a súa dona, non había abrazado a súa relixión é despóis de un tempo aceptóu ser como o seu home. Eran Irmáns en Cristo. É esto era o máximo que hai para un protestante. Eran moi bós en todo. En esta relixión no existe tanta carroña como na relixión de Roma. A corrupción se multiplica. Hai curas ricos. Aínda que non o parezca...

Eu asistín ao bautismo da señora de Manolo, que para mín era novidade canto eu vía. E todo me gustóu moito. Non había alardes de riqueza, como suele pasar en outras relixións... ¡Maravilloso!
Foi unha das experiencias que eu vivín e que me emocionaron moito. E si non me fun con éles, foi porque tiña dous fillos que non quería que pasaran o que pasaron os fillos de Manolo nos Instit#blgtk08#utos aquí en Santiago, cando o clero tiña tanta forza para todo... Excomunións, expulsións do Instituto. Tamén na Universidade os fillos dos protestantes reconocidos, "non pasaban", para regocijo de tanto "santo" que había nos anos 50/60. Eran tempos de Quiroga Palacios, moi amigo do noso Francisco I de Ferrol.

Deseo decir que recordo con moito cariño aquélas tardes na Capela Evanxélica no lugar de OZA (Teo). A nosa filla iba en silla de bebé é hoxe ten 55 anos. Me gustaba moito a lectura da Biblia
é o modo de interpretala, non como outros...
E unha gran pena que a xente non sepa diferenciar ambas relixións... A Capela estaba a 10 kms. E xa o amigo MANOLO sabía saludarnos coa mellor sonrisa como corresponde a dous arousáns, él do lugar de Bamio, como meu pai. Eran moi amigos.

Eu coñecín a toda a familia de Suárez. Para todos éles o recordo máis entrañable nun tempo en que nós tamén perdimos moito en este ano tan ingrato.
A mín tamén me dicen que a vida sigue, é certo. Pero non sigue igual para todos. ¡A quén lle toque! A pesares que ésa fé cristiana que esta familia ten, non a teño eu, por moitas razóns...

Agora é cándo, de verdade, comeza a vivir o noso MANOLO SUÁREZ RAMOS. Estivo esperando moitos anos para que esto se fixera realidade. Norabóa, amigo.
As lágrimas da familia, son de felicidade...



Comentario por E. García - Santiago (15-04-2015 10:28)
2 Durante moitos anos tiven unha amistade limpia e sincera con este arousán chamado MANUEL SUÁREZ RAMOS. Despóis de traballar como contable nunha empresa envasadora de aceite (me parece que se trataba de Elosúa), pero, tampouco é tan importante o dato ése.

Seguidamente o seu traballo era nunha inmobiliaria de aquélas que fabricaban pisos "a eito"... Eu xa facía moitos anos que non sabía de él, é polo que se ve, foise para a súa terra. Cousa moi normal, si vas buscando a túa familia. Eu tiña a creencia de que este home era de BAMIO é a xente do FAIADO me dice que era de Trabanca. Non quero que por aquí veñan as discrepancias normales n'estos casos. Pero se ve que non merece un comentario por parte de ése grupo de xente do FAIADO.

Cando eu era un neno, había dúas palabras que estaban condenadas nas conversas de aquéles arousáns. Unha das palabras era o "COMUNISMO", é a outra era a palabra "PROTESTANTE"... Dado #blgtk08#o descoñecemente que sempre houbo por todo esto, teño que decir que "AHÍ NON HAI CORRUPCIÓN"... Porque os curas sempre os ven como enemigos.
E non é así. ¡Pobre Manolo! Non mereces nin unha sola liña d'un comentario. Tés aquí a un amigo é paisano, que non se avergonza si di que tiven tratos cos protestantes, é entre éles a un amigo chamado MANUEL SUÁREZ RAMOS. Os curas non son mellores que éles. Podo xuralo.

Amigo Manolo, ya sabes que la gente de tu pueblo siempre fue así. Siempre fue del color azul y también del negro-sotana. Antiguamente en Vilagarcía no sabían dónde tenían que enterrar a los PROTESTANTES. Quizá a alguno se le ocurriría enterralos nunha esterqueira...

Yo te sigo queriendo igual que hace 60 años.
Fuiste muy buena persona y mereces que yo lo reconozca. Disfruta ahora de tu Paz Celestial y olvídate de los que no te conocieron, como yo.
Un abrazo, AMIGO MANOLO (D.E.P.)
Comentario por E. García - Santiago (18-04-2015 10:38)
3 Ai Eduardiño os do Faiado xa dixemos que Manolo, como toda a sua familia paterna eran de Trabanca Sardiñeir#blgtk08#a, el tiña ali unha casa a que nos visitamos varias veces, pra falar con el, sempre relacionado ca memoria.
Comentario por Faiado (18-04-2015 14:32)
4 Deseo decir, non por corazonada, senón porque meu pai mo dixo, que este home era de BAMIO, para mín, esto é ouro de lei. Si meu pai estaba equivocado, tamén vale.

Pero que naide pense que si BAMIO ou TRABANCA me van dar algún beneficio, está equivocado. Sólo sei que meu pai é máis Suárez, se trataban como amigos, aínda que hubera unha diferencia de anos. Pero como eu son coma nuestro señor de Rianxo, non vou discutir por esto que estamos a tratar. PORQUE NIN SIQUERA SEI DONDE É TRABANCA. Máis ou menos, pero non sei... É punto pelota.

E si unha parte de Suárez era de #blgtk08#Trabanca, a outra podía ser de Bamio. Estóu decindo que eu non sei nada de esto. ¡POIS QUE SEA DE TRABANCA! Eu teño que creer o que di meu pai, pero si estaba equivocado, pechamos a cremallera ¿vale? Eu non teño argumentos, máis que os de meu pai. ¿Qué máis dará que sea de aquí ou de alá? Pido disculpas. Eu sólo conocín a Manolo en un terreno que non era o de él. Nin o meu. E levóu moitas ostias da xente "boa". Esa xente boa que sempre houbo por ahí... É tamén por aquí... Padre: ¿Porqué me has abandonado?

Xa sei que estóu perdonado! Tamén eu sei perdonar!
Un cento de bicos.
Comentario por E. García - Santiago (18-04-2015 20:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0