lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Tal día como hoxe...

Eduardo García Mareque, fillo de María Luisa e Eduardo, está de cumpleanos. ¿Como non íamos a felicitalo? Pois claro que si, e non lle perdoamos a invitación correspondente ao día de hoxe (e o anaco de pastel subseguinte).
Ímolo apuntar e logo un día comer xuntos, e disfrutar da compaña.
Eduardiño, a vida sigue a ser bonita, ti sigues a ter a túa beira cousas moi queridas... Zoila, teu Pai, María Luisa, Cristina e Alejandro, seu pai Luis, familia de Zoila, amigos... e Margarita e Antonio que che felicitamos desde a terra dos teus maiores.
Bo día,moita paz, moita saude.




Comentarios (7) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-02-2015 14:00
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 ;o)
Gracias... gracias de novo a tod@s!
Este protagonismo faime sentir especial.
Vaia sorpresa!
Un día agridulce, a primeira data sinalada na casa desde ese feito imborrable, que xa non ten volta atrás, pero que tamén me fai ver o que queda por diante #blgtk08#e que con toda certeza, ela quixera que fora un día feliz para nós. Tes razón nas túas palabras, Margarita. Hoxe teño moitas cousas que agradecer e moitas cousas polas que abrir os ollos con ansias.
Ata mellorou o tempo!
Envíovos un bico e unha aperta... Re-Gracias!
Comentario por Eduardo Fillo (09-02-2015 16:22)
2 Non pode faltar a felicitación do pai da criatura...

Deseo que no día do teu cumple te olvides de todo canto deixaches atrás. Mira sempre pra diante, porque o futuro non quedóu nunca atrás. ¡SEMPRE ESTÁ DIANTE!

Ése é o teu Norte. Houbo un personaxe bíblico, que lle prohibiron mirar atrás é o convertiron nunha estatua de sal... por non ser obedie#blgtk08#nte.
¿Recordades esto? Pois éso, todo pra diante e... ¡Santas Pascuas!

Un forte abrazo de teu pai. E de hoxe nun ano...
E antes de alá, moitas veces. Saudiña.
---------------------------------
"FIXENCHE UN VESTIDO NOVO,
PENSANDO QUE TE CASABAS;
AÍNDA CHE EI DE FACER OUTRO,
E AS DE QUEDAR COMO ESTABAS"...
Comentario por E. García - Santiago (10-02-2015 10:24)
3 Moitísimas felicidades pra ti i os teus, cunha lembranza especial a tua nai ...pero como ben dí o teu pai...Ánimo, i a mirar pra diante#blgtk08#,na compaña dos teus seres queridos,que te necesitan...Dende a terra que tanto quere o teu pai ....recibide una forte i sincera aperta
Comentario por Roberto Ocaña (10-02-2015 23:18)
4 TÉS MOITA RAZÓN, AMIGO ROBERTO
-------------------------------------------------
Eu jamás hubera cambiado o meu povo, "por outro que nunca vin", como dixo a nosa Rosalía. Todo foi que a min me fixeron unha boa proposta laboral no ano 1956, é eu non o dudéi. Deixei todo canto tiña porque eu, tiña moitos amigos, pero, ben pensado, non tiña futuro de ningún tipo. Me querían moito na empresa familiar dónde eu traballara, pero éso, non o é todo. Necesitaba algo máis.

E non é que fóra moi ambicioso, non. Tiña a idea de buscarme unha muller para crear unha familia...
Ésta a encontréi un mes despóis de chegar aquí.
ÉRAMOS DÚAS ALMAS XEMELAS. A única diferencia que había era que os problemas dos homes e as mulleres, sempre cambian. Nunca son iguales.

Si eu seguira no meu povo, os meus fillos, nunca huberan pasado pola Universidade, cousa que a mín me hubera encantado. É outro tipo de vida que eu envidiéi sempre, para mín. AQUÍ É DÓNDE SE FAN OS HOMES. Non no Cuartel, como se decía non hai moito tempo. OS HOMES (é as mulleres), despóis de pasar por aquí, presumen de haber estudiado en Santiago... Empezando por Manuel Fraga, é despóis, os outros, que son miles e miles, cada ano... OS MEUS NETOS, TAMÉN PASARÁN POLA UNIVERSIDAD. A nena, xa está. Ao neto, aínda#blgtk08# está no Colexio. Pero ése será o camiño. Non o dudes. Hai que invertir en cultura. Ésta é unha boa inversión sempre.

Non quero que penses que por decir que en Arousa non había futuro para mín, é un reproche para unha familia que me abréu as portas da súa casa, para cobixarme é facerme sentir moi a gusto. Era unha empresa familiar é con decir esto, chega. Tiña máis aprecio nesta empresa que fóra de éla. Non me gustan ésos arosanos que comparan o meu povo, con Santiago. Hai moita diferencia. Máis do que pensas ti... ¡PERO EU NUNCA RENUNCIEI DE SER DE ÉSA TERRA! É como non teño que pagar nada por esto, sigo. Dentro de ano e medio escaso, fará 60 anos que ando por aquí...

Aquí me deron traballo. Me caséi... Fillos... Netos é agora chegóunos o peor da película que xa conocedes de sobra. Porque agora temos que empezar a vivir outro tipo de vida diferente. O anterior non sirve. Fumos moi felices, éso si. En Vilagarcía non sería o mesmo. E ti, que eres un home listo, sabes que eu non minto. E non me compares o povo de hoxendía, con aquél que deixei en xullo do 56 para chegar a esta cidade. Costaba o tren 7/8 pesetas...
Gracias por esa felicitación. Meu fillo non che ten tempo para esta "músicas". Un abrazo e gracias... que eres dos nosos. Coida moito a ésa muller...
Comentario por E. García - Santiago (11-02-2015 11:06)
5 Hola a todas-os.
Hola Eduardo Fillo, sinto non poder felicitarte nese día tan especial, pero è que a miña axenda de "avoa chacha", estes días está un pouco complicada, e non tiven tempo para andar no ordenata.
Esp#blgtk08#ero que pasaxes un bo día na compaña da toda a familia. Xa sei que votaches de menos a culpable de que estiveras de cumple. Pero a vida segue, e hai que conformarse cos que nos quedan preto. Con retraso, FELIZ CUMPLE. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (11-02-2015 13:55)
6 Xa me parecía raro que a túa bendición non aparecera por ahí. Sabes que te queremos. Os de aquí, é os de ahí. Porque ERES ÚNICA. Xa quixeran aquéles que dicen unha cousa, pero...

Me encantan os teus avisos, porque estás en todo.
Margarita vos da o aviso, é despóis está nas vosas máns. Eu agradezco moito todo canto ven da miña terra. Esa xente que sabe cánto estamos pasando...

Non sabedes cánto valoramos ésos ánimos. Aquí non consiste en q#blgtk08#uedarse no medio do mar... ¡Hai que chegar a porto! Despóis, xa falaremos.

Gracias por todo eso. Sabemos que nos queredes. E lamentamos moito ter que dar unhas noticias tan negativas. Por algo somos amigos ¿ou non?
Observa que sempre sodes os mesmos. ¿Non sí?
Bicos por ferrados, Mari Patiño. Por ahí anda o noso Roberto, tamén. ¿Alguén me pode decir qué sería do FAIADO, sin vos?... A metado do FAIADO, é voso. Moitos bicos, Mari; é hasta outra...
Comentario por E. García - Santiago (11-02-2015 16:42)
7 Ola a tod@s... quería volver a visitar esta fotaza, que ben reflicte unha época na que os maiores eran ye-yés e nós levábamos cuncas na cachola (non vos riades tanto, que é unha verdade coma un puño).
Agradezo o voso cariño e acollo as felicitacións como apertas e bicos.
Seguimos mirando as fotos, uns de forma moi activa... moito! e outros máis coitadiños, pero o voso faiado en Santiago dou fe de que se ve a diario (no meu traballo hai duas persoas de Vilagarcía)#blgtk08# e cando hai novas relacionadas con algo que nos afecta comentamos enseguida a foto e de aí salen contos, lendas e historias cheas de emoción, porque ése é o valor engadido do voso blog... a emoción.
Sí, o voso fogar do faiado emociona a xente e fai sentir ben. Quería contárvolo porque igual non o ledes moi de cotío, pero é a verdade.
Seguide poñendo emocións e nós seguiremos emocionándonos coas historias que se ven e coas que non se ven.
Bicos e apertas.
Comentario por Eduardo Fillo (26-02-2015 21:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal