lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Co corazon oprimido.

Onte deixounos para sempre Maria Luisa Mareque a dona do noso Eduardo Garcia. A dona, a compañeira, o amor, a nai, a amiga...todo...TODO. Para Eduardo fillos e netos Maria Luisa era todo, realmente é moi triste esta morte, para nos foi unha sorpresa negra, desgraciada. Queriamoslle a Maria Luisa, era a muller feita sonrisa, feita dulzura, o entendemento, a ternura, o calor, daba calor falar con Maria Luisa. Nin siquera podemos consolar a familia, non estamos preparados non sabemos. Tamen lle queremos a os que quedan a Eduardo, Maria Luisa, Eduardo, Zoila, Luis, Cristina e Alex desde a terra do seu pai eiqui estamos co corazon dolorido enviandolle unha aperta, unha forte aperta.
Comentarios (14) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-01-2015 13:39
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Llevo una temporada horrorosa de fallecimientos de personas queridas que me dejan el alma dolorida y solo faltaba empezar el año con una noticia tan triste como el fallecimiento de la buena de Maria Luisa.
Sé de la unión familiar y me supongo lo mal que lo estarán pasando todos y les #blgtk08#envio mi afecto en estos malos momentos.
Un abrazo especial para Eduardo al que se le iluminaban las letras cuando escribia sobre su querida Maria Luisa y aunque la vida continua será muy dificil olvidar a una mujer tan buena que hizo feliz a su familia. Un abrazo para todos.
Comentario por Cándido (19-01-2015 14:17)
2 Hola todas-os.
En este momento acabo de encender el ordenador, e atopome con esta triste noticia. Xa me parecía raro que Eduardo tardase tanto en facer algún comentario, pero claro, pensas nunha gripe ou algo así. Sinto #blgtk08#de corazón o pasamento de Maria Luisa, póis sei que era centro de toda a família.
Unha forte apreta para todos, en especial para ó noso blogeiro.
Cando fales con eles,transmítelles o noso pesar. D.E.P. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (19-01-2015 16:25)
3 Mucho ánimo a toda la familia, es muy triste perder a #blgtk08#un ser querido, pero hay que seguir luchando. D.E.P.
Comentario por Beatriz (19-01-2015 19:53)
4 Amlgo Eduardo,non sei que dicir,somente que o sinto moitisimo,pois me consta a piña que e a vosa familia,i que agora xa non e o mesmo sin a muller,nai i avoa...Para todos en#blgtk08#viamos o noso sentido pesame,coa esperanza de que pasedes este mal trago da millor maneira posible ,ainda que e mui dificil..Recibide unha fortisima aperta de Mari i Roberto
Comentario por Roberto Ocaña (19-01-2015 22:11)
5 Es la vida, triste y bonita a la vez. Lo siento. Espero que consigan obtener paz, es lo que yo pedía en circunstancias parecidas. Ayudan los recuerdos y la familia#blgtk08#, pero no se puede sustituir la falta de la persona querida. "Nunca te me morirás porque nunca dejaré de quererte" es una frase de alguién que yo guardo ...Saludos
Comentario por Maria Teresa Montesinos Castro (20-01-2015 11:15)
6 OS DÍAS MÁIS AMARGOS DA MIÑA VIDA
ºººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
Todo comenzóu o día de Reis, porque todos os anos nos reunimos a familia para unha comida na casa paterna e seguidamente o reparto de regalos...

A mesa estaba preparada pola miña "mamá" é sólo nos faltaba a chegada dos que viñan "fora de hora", que nesta ocasión correspondéu ao noso fillo Eduardo é a súa dona. Nada máis chegar, o fillo mandóu á súa nai prepararse para marcharse e ir por Urxencias ó Hospital Clínico, que por certo xa non se collía de tanta xente que estaba aqueixada de gripes e demáis brotes apestosas. Non se daba feito. A miña muller tivo certa preferencia, porque era unha enferma de "Alto Risco", polas complicacións que tiña... E non podía estar nos pasillos para ocupar cama en planta. Hai moita diferencia. Os virus xa excusaban de miralos ó microscopio porque se miraban ben sin cristales de aumentos. Era unha peste viral...

Con soro é osíxeno estivo uns días hasta poder pensar que xa podía dar paseos en traxectos cortos polos pasillos do Clínico é prepararse, porque o venres, día 16, estaba programado no Hospital que a muller desta historia iría para a súa casiña en canto se recibiran as órdenes do alto mando, pero...
dun momento para outro, todo se veu abaixo, porque con tanto problema de corazón, é outros órganos, as cousas se complicaron, cando xa tíñamos preparada con nós a bandeira da victoria.

Teño que decir que eu estaba pasando por unha gripe que non desmerecía moito da que tiña a miña dona. Tiña orde de non saír da casa, porque non querían para mín, nin o frío da calle, nin a peste gripal que había no Hospital. O aire era irrespirable para un bronquítico crónico coma mín. Pero desoíndo ó meu médico marchéi ó Clínico, pensando en que os santos me axudarían, pero non foi así e cando nos deron paso para vela, foi para darlle a despedida de unha vida en común que duróu dende o 15 de agosto de 1956 hasta o día 18 de xaneiro de 2015... Sinto decir que cando vin a figura de muller que tanto representóu na miña vida me dín conta que ésa vida estábase marchando a pasos de xigante da miña vista. E como todos os guións do celuloide necesitábamos poñerlle aquélas letras que os productores americanos solían poñer en inglés, que decían "THE END" (así de crudo).

En pouco tempo nos dixeron que xa non había #blgtk08#vida naquel corpo de muller e como a súa idea era que a incineraran, así se fixo por vontade expresa de este pedazo de muller que consiguéu namorarme coa primeira mirada. Creo que eu lle ganei a partida a outros que non se parecían moito a Eduardo. Lamento que a súa saúde non fora tan forte como o meu amor hacia ela. E formamos un matrimonio que por veces,
nos decían que "eso de collerse da man" non debían de ser cousa de parexas novas, porque ante estos dous vellos sumamos 162 anos é pico, é cando casamos sólo eran 50 bonitos anos, como xa se pudo ver en certas fotos do noso FAIADO o día da nosa voda, 18 de xullo de 1958.

Seguro que desde alá arriba, a miña compañeira puido ver ó seu home comulgando na Misa de despedida como un homenaxe de gratitude por tantos anos de felicidade compartida. Desde as vodas dos fillos, comunións dos netos, etc., nunca había feito cousa igual. NON ME PODÍA NEGAR, como dín os da Crus Roxa... Esto non me obriga a facer unha vida monacal...
---------------------------------------------------
Quero dar ao noso FAIADO a miña gratitude por ter presente en días sucesivos esta tráxica noticia, con fotos adecuadas do momento. A primeira (blanco e negro) corresponde a ésos bonitos 22 anos que foi cándo eu a coñecín. A foto de color, responde á voda
de Eduardo é Zoila. Que tamén enamora ¿verdade?
---------------------------------------------------
Mención especial merecen os meus fillos pola súa entrega durante os días que duróu o seu calvario. Sempre pegados á súa nai, nun acto fora de serie.
Os días se fixeron moi cortos para éles. A batalla parecía ganada pero... todo se veu abaixo. O Sintrón parecía haber perdido a partida. Para final desta historia temos a actuación dos netos que puxeron a bandeira familiar no máis alto. Non podía ser de outra maneira. Non sei si esta xente tendrá sangue azul coma os príncipes honrados... Tamén as gracias a meu xenro Luis e Zoila. Todo perfecto...

Como final, dar as gracias máis sinceras a cantas persoas de todo tipo, da vida sanitaria, da Banca é da política local, incluíndo o Alcalde de Santiago e parte da Corporación municipal, amigos varios e tamén ex compañeiros das Artes Gráficas. Hasta os meus veciños da Comunidade se comportaron de un modo imprevisto. "ALGO TIENE EL AGUA CUANDO LA BENDICEN" (dicen os curas)...


Comentario por E. García - Santiago (20-01-2015 22:34)
7 Ao chegar do tanatorio deixei ao meu pai na casa co resto da familia e fun a aparcar. Cando cheguei á casa non vía a nadie. Tiven que buscalos ata chegar a onde está o ordenador e alí estaban todos en pé tapando a pantalla nun silencio eterno. Cando a miña sobriña Cristina se apartou ao notar a miña presencia vin que todos estaban mirando esta foto... esta foto da miña nai na miña voda.
Tamén quedei mudo.
A primeira imaxe que v#blgtk08#ía dela despois do tremendo, despois do desastre... una foto marabillosa que Margarita e Antonio non puideron escoller mellor.
Aí vedes o importante que é o Faiado nesta casa e aí vedes o impacto que ten en nós este punto de reunión que é como a sala dunha casa de unha familia enorme na que todos nos vemos e todos nos encontramos.
Esa sonrisa é o noso mellor recordo e é o que non imos esquencer xamais.
Gracias por todo.
Comentario por Eduardo Fillo (21-01-2015 00:04)
8 É moi emocionante, moi triste o que contades, terrible a morte de esta muller especial para vos, pero nunca esquenzades que tamen para nos. A noticia deixounos totalmente bloqueados a Antonio e mais a min. Da maneira que era a nosa Maria Luisa nos diria aquelo de...¡Ei ai que tirar para diante¡ Pois si, pero todo a o seu debido tempo, Eduardo, tes que aprender a vivir unha vida nova, t#blgtk08#eras que facelo porque tes un cachazo de familia, eres un ser privilexiado, e eso sigue a estar ahi.En Vilagarcia, o teu pobo tes amigos, empezando a lista, Margarita e Antonio ca porta aberta sempre para ti e os teus, non teñades dubida de que sodes algo noso, algo moi importante. que o pasamento de Maria Luisa tocounos na banda dos sentimentos, vivimos un gran disgusto. Queremosvos
Comentario por Margarita e Antonio (21-01-2015 06:28)
9 Cuando un amigo se va
queda un espacio vacío;
que no lo puede llenar
con la llegada de otro amigo...
Cuando un amigo se va
queda un tizón encendido;
que no se puede apagar
ni con las aguas de un río...
Cuando un amigo se va
una estrella se ha perdido;
la que ilumina el lugar
dónde hay un niño dormido...
Cuando un amigo se va
Se detienen los caminos;
y se empieza a revelar
el duende manso del vino...
Cuando un amigo se va
galopando su destino;
empieza el#blgtk08# alma a vibrar
porque se llena de frío...
Cuando un amigo se va
queda un terreno baldío;
que quiere el tiempo llenar
con las piedras del castillo...
Cuando un amigo se va
se queda un árbol caído;
que ya no vuelve a brotar
porque el viento ha vencido...
Cuando un amigo se va
queda un espacio vacío;
que no lo puede llenar
con la llegada de otro amigo...

Canción eterna, canción atemporal de Alberto Cortez.

Dedicada á miña compañeira e mellor amiga María Luisa.
Comentario por E. García - Santiago (21-01-2015 11:07)
10 Hace dos dias que no consultaba el blog, y me encuentro con esta noticia.Eduardo lo siento muchisi#blgtk08#mo por la desaparicion de su esposa, mi mas sentido pesame para usted y toda su familia. Un abrazo
Comentario por Margarita Mosquera Porto (21-01-2015 21:03)
11 MIL GRACIAS A MARGARITA MOSQUERA
----------------------------------------------------
Moitas gracias Margarita Mosquera polo teu recordo. Cómo se coñece que eres das nosas...

Nunca pensamos que o resultado definitivo iba a ser deste xeito. Pero nos temos que conformar, por moito que berremos contra nós mesmos. Agora sólo nos queda recordala... Fillos, n#blgtk08#etos, xenro é nora, ademáis do seu esposo. DESCANSE EN PAZ a nosa MARÍA LUISA. Deixóu tras ela unha pegada, que non é fácil olvidala. DESDE 1956 hasta 2015..¡TE QUEREMOS MAMI! Hasta máis alá da morte. Non podía ser de outra maneira. Para que logo digan que os vellos non están namorados como os novos... Si eles superan tanto coma nós, non habría tantos divorcios...

Comentario por E. García - Santiago (02-02-2015 20:17)
12 Eduardo, e precioso o que lle dis a Maria Luisa, acabo de entrar no blog logo de sete días de ter o orde#blgtk08#nata esnafrado, e non podo menos que mandarche una forte aperta polas verbas que lle adicas a tua muller
Comentario por Margarita Teijeiro (02-02-2015 23:05)
13 PRESENTIMENTO DA MORTE
------------------------------------------------
Eran moi frecuentes os nosos paseos a diario si o tempo o permitía. Xa teño dito que hai ano e medio tivo rotura de tibia e peroné... que lle chegóu. Co seu bastonciño ibamos de paseo todo-los días, casi sempre por lugares próximos á nosa casa... Cando se cansaba, se sentaba nos bancos que había no paseo é falaba de todo un pouco..., hasta que cando estaba a punto de acabar o ano 2014, me falaba que cando ela morrera, que se a incineráramos. A mín esta conversa, me poñía dos nervios, a #blgtk08#pesar que "eso" xa o tiña anotado no meu cerebro... Pasaba unha semana, e volvía a insistir, como un disco rayado. E o día 18 de xaneiro, non fixo falta que nos volveran a recordalo de novo. TODO ESTABA PREPARADO PARA O SEU VIAXE ESPECIAL... Non te podes negar en un caso coma este. Pero costa moito aceptar o que che piden antes de "eso". Se foi o que eu máis quería é esto é difícil de soportar. Moi difícil...

Os días se fan moi largos é as noites, eternas. Desaparece o sono da túa vida é a tristeza che convirte en outra persona. ¡Eres un fantasma!
Comentario por E. García - Santiago (12-02-2015 22:01)
14 Nós tamén sabemos a quén temos, querido Antonio e Margarita. Vos dou as gracias por tantas molestias que vos estamos ocasionando con moita frecuencia. Aquí tamén fillos e netos viven pendientes das vosas noticias...

Non é frecuente que na miña terra ocupedes un lugar de preferencia nesta humilde casa, que non todos meus parientes queren coñecer... Sólo me falta encargar unha foto de esas das Eleccións para qwue vos vexan ben os que nunca vos ven...

Excuso decir que á miña dona lle caíades moi ben os dous... Cada un no seu#blgtk08# estilo. Pero é que a nosa Secretaria Xeral se fai querer en todas partes... ¡Por algo será, amigos meus!
Ben sabía Antonio dónde se metía! ¡Estos de alá de Gondomar! Porque entre a xente de Carril é a de Vilagarcía, o normal é caer ben.
E Antonio nos demostróu que se fai querer por todos nós, señal de que está ben na Rúa da Baldosa. ¡Os queremos, Antonio y Margarita! Un abrazo y gracias por esas palabras tan cariñosas con que nos habéis obsequiado. Si yo pudiera os daba un ciento de Goyas y de Oscar
Un abrazo, amigos...
Comentario por E. García - Santiago (24-06-2015 13:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal