lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Andres foise para sempre

Onte por razóns que non veñen ao caso chamei por teléfono a casa de Andrés Roo, a Cornazo, e ninguén me contestou. Hoxe, na rúa, entereime que falecera o sábado pasado. Levei unha forte impresión porque cando lle queres a unha persoa a súa morte e moi difícil de asumir. Iso me pasa a min hoxe.
Coñecín a Andrés con motivo da investigación sobre os asesinados en Vilagarcía polo fascio. O 21 de xaneiro de 1937 asesinaran ao seu pai, e a un tío que vivía na casa, de vintecinco anos, e a un veciño que os escondera da animal persecucion. Andrés sempre lembrou cando na cárcel, un día antes do asesinato, o seu tio lle dixo “Nunca teñas un paxariño nunha xaula, que voe libre”. Andrés tiña cinco anos.
Foi feliz cando se fixo o monumento con tódolos nomes, o seu pai non tiña sepultura porque a os cinco anos de asesinalo os do concello mandaron unha carta na que se lles esixía a viuva, vintecinco pesetas por manter o corpo na sepultura orixinaria... a nai de Andrés non tiña os cinco pesos, entón os tres que morreran xuntos foron ao osario xuntos. Por iso Andrés era feliz indo ao monumento a ver o nome do seu pai, a do seu tio e a do veciño.
Bueno extendinme un pouco porque quería escribir o que sinto. Gracias, Andrés, por permitirme estar a túa beira en momentos tan emocionantes como vivimos naquel 2004, as bagoas que derramamos xuntos serviron para unirnos, que a terra che sexa leve como ti mereces.
Hasta sempre.

Para Carmen unha aperta moi forte.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 29-10-2014 12:17
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hola a todas-os.
Ainda que non o coñecín persoalmente,ten cara de bo #blgtk08#home, e co que conta Margarita, xa sufreo da bondo.
Descanse en Paz.
Comentario por Mari Patiño (29-10-2014 13:34)
2 Eu coñecín a este home, porque o seu rostro forma parte de ésa xente que pudeches haber falado con él.
Porque eu vivín uns anos en Cornazo, é si él vivía por ésa zona anterior á Iglesia (pola Veiga), claro que tiña que conocelo. Quizá foron 10 anos ou algo máis o tempo que eu estiven por alí... Hasta 1956.

E tén moita razón a nosa Mari Patiño ao decir que ten cara de boa persoa... Cando eu puden habelo coñecido éramos moi noviños os dous. É polo que se ve, según as fechas que figuran no comentario de nosa Directora Xeral, éste home é máis eu, somos nacidos no mesmo ano(..). Lamento moito que se nos fóra este amigo do FAIADO...

Hai unha zona en Cornazo de Arriba que lle chaman Loureiro (un grupiño de pouco máis 10 casas), que eu frecuentaba a diario, porque alí tiña un amigo enfermo é éramos colegas. Porque traballóu nunha imprenta de Vilagarcía (coma mín). Era moi boa persoa é se nos foi para sempre en 1952(?). Cando se marchóu foi un golpe moi grande para familiares e amigos. Tiña 21 anos é unha familia encantadora.
Eu facía as veces de practicante... sin título. Por éso non podía faltar a diario.

Recordo que un día un#blgtk08#ha tía deste enfermo me dixo que tamén tiña que inyectar a un irmán dela que viñera da cárcel de Navarra, por problemas de tipo político, desfeitiño, con hemoptisis aguda... Non me neguéi a pesar de que nunca cobréi un céntimo.
Pero eu o pasaba moi mal porque intuía o futuro dos enfermos que visitaba.Nin siquera miréi os riscos que corría eu. O meu dolor era que "aquélo" non tiña futuro. Sólo o que estaba á vista; apenas tiña un sitio dónde tiña que pinchar, é a pesares da estreptomicina que se lle dou, chegóu tarde o novo medicamento, para aquéla enfermidade tan grave...
DESCANSE EN PAZ, querido Moncho.
ºººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº"TIVEN TAN FONDOS AMORES,
E TAN FONDAS AMARGURAS;
QUE ERA FONTE DE DOLORES,
NACIDA ENTRE PENAS DURAS"...
.................
Rosalía de Castro
.................
Dedicamos no día de hoxe este texto orixinal
e tamén o verso para estos dous homes. ANDRÉS
e MONCHO MARTINEZ ARAGUNDE (o meu amigo de
Loureiro-Cornazo.Vilagarcía, facecidos en distintas épocas. Seguro que foron amigos. Q.E.P.D.





Comentario por E. García - Santiago (29-10-2014 23:14)
3 A MORTE, POUCAS VECES AVISA
ººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
Esto de falar da morte nunca consiguéu moitos adictos. E a pesares de que estamos en época de recordar aos mortos, tamén eu hoxe tiven un sobresalto que me deixóu un "pelín tocado". Porque coñecín hai catro ou cinco anos a un coruñés que me causóu moi boa impresión é me parecía un home moi conversador, é ademáis, culto... Podía verse que era un home que se preocupóu por ter unha cultura para poder andar polo mundo "sin remos"... Este home é máis a súa dona coidaban dunha tía é anque vivían na Coruña, hoxe viñeron a dar unha volta a Santiago. A coruñesa de luto riguroso é con cara de ter que comenzar unha nova vida, como viuda... Moi triste ela. Cándo preguntei o motivo do luto é me dixo que o seu home se marchóu para "outras terras", algo dentro de mín non aceptóu esto con deportividad... Acababa de coller o seu retiro é se marcha con tanta presa.

Agora que están aparecendo pecadores de todo tipo ¿cómo non se escollen mellor aos compañeiros de viaxe? Onte tamén tratéi a un matrimonio que él foi militar de academia e estivo destinado en Catalonia... Como a súa muller dudaba dos pronósticos que lles da#blgtk08#ban pola Seguridad Social de Santiago, levóu a seu home a unha consulta privada é cándo finalizóu
todo, pagóu 300 €uros, que veñen sendo 50.000 pts. das de Franco. ¿Será posible que éstos "salvavidas" sean tan cotizados? ¡Non hai dereito! ¡Vuelva Vd. dentro de un mes!... É tira Pepe, que esto marcha ben... ¡Probre do probe!
A enfermidade é unha que se está poñendo de moda: ALZHEIMER. ¡Os médicos se están poñendo as botas! ¡Viva España! Teñen os chalés a mans cheas, por éso hay tantos novos ricos en este país cheo de millonarios e famentos... Qué asco!
Presidentes de Diputación, Directores de Bankia,
Don Rodrigo, Alcaldes de Santiago nunhas mesma lexislatura... ¿Cándo pensan acabar con tanto ladrón. Desde que morréu Ali-Babá, temos unha peste. E seguimos decindo que son "boa xente"...
Vamos a ter que poñerlle candado ás potas, porque éstos indivíduos che levan as talladas...
ººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
"O CURA, CHAMÓUME ROSA,
EU TAMÉN LLE RESPONDÍN...
"DESTAS ROSAS, Sr. CURA,
NON AS AI NO SEU XARDÍN"...
ººººººººººººººººººººººººººººººººº
ººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº

Comentario por E. García - Santiago (31-10-2014 17:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal