lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

De asombro

Quedamos abraiados, resulta que a fonte do Castro, fonte historica que a tantos vilagarcians dou de beber non esta catalogada. non esta incluida nos elementos a protexer. Non sabemos quen fixo o catalogo, pero xa lle vale tanta incompetencia. e os prebostes politicos con responsabilidade no feito o mesmo ou peor. A Fonte do Castro o seu primer emplazamento foi no que hoxe e a Praza de Galicia e logo pedra a pedra con todo o primor foi levada a Praza do Castro. Era o ano de 1905. Imos incluir unha informacion do ARI que explica algunhas cousas da historia da Fonte.

Na actualidade, aínda que o barrio foi bastante transformado coa construción de modernos edificios de vivendas, conserva parte da súa fisonomía tradicional e algunhas edificacións de indubidable interese histórico e patrimonial. Dende logo, un dos espazos máis representativos, sobre o que gravita o resto do núcleo, é a praza do Castro, onde se atopa a fonte que nos ocupa.
Dende o punto de vista histórico, estamos ante a fonte máis antiga conservada en todo o Casco Urbano. , en 1875 o entón alcalde de orixe catalán José Bargés Carros quixo dotar á vila da súa primeira traída de augas, procedentes dunha finca dos López Ballesteros en Trabanca1. Nace así a necesidade de construír a “fonte da vila” e o lugar escollido é a Praza do Sol, a escasos metros da Torre do Reloxo. Esta fonte foi colocada o 24 de abril de 1875, ainda que pouco despois quedaría sen auga debido ao afundimento de grande parte das canalizacións subterráneas construídas meses antes.

En 1877 se retoman as obras da “traída” e a fonte volve a funcionar a pleno rendemento. Durante alomenos unha década esta foi a única fonte pública da vila e, polo tanto, o único punto de abastecemento de grande parte da súa poboación, polo que se formaban enormes colas de xente, constituíndose como o lugar de encontro máis importante da vila: “(…) especie de casino al aire libre, para fámulos de ambos sexos, y hay que tener presente que los cuatro o cinco viajes diarios a la fuente, constituye, por decirlo así, el rato de esparcimiento, la hora de recreo concedida a la chica que durante todo el día bregó entre copla y copla con todas las cochinerías de un verdadero atuido”2.
Obviamente, a Corporación pronto se da conta da esixencia de agrandar a rede de abastecemento, esta vez poñendo a vista nas augas procedentes do Agro da Troquiña en Trabanca: “(…) es una gran necesidad atender al abastecimiento de aguas potables al vecindario, puesto que el crecimiento de este, de pocos años a esta parte, demuestra que es insuficiente la única fuente de que hoy dispone para atender el suministro de esta población”3. Así, no ano 1887 se constrúe unha nova rede de abastecemento que surtiría á nova fonte levantada na Praza do Mercado e ao lavadoiro da Praza de Ravella


Ravella, ademáis de garantir o abastecemento na nosa fonte, que seguía a ter bastantes problemas neste sentido.
A poboacion sigue a medrar,e insuficiente o que hai, a propia corporacion o admitia por eso acomete unha nova ampliacion da rede e se construen duas novas fontes unha na praza do asilo e outra na praza de Lepanto, esta ultima pouco despois vai a sustituir a da praza do sol que en 1905 e vtrasladada pedra a pedra a plaza Martin Gomez Abal no barrio do Castro lugar donde permanece hasta a actualidade.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2014 18:38
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 ¿Que non está catalogada a fonte do Castro?..¡¡Resulta increíble¡¡¿Onde están os técnicos?...¿ Que e o que fan?¿Pra onde miran?....Entón, ¿Que e o que teñen catalogado?..¡¿.O rio do Con?.. ¡Bueno, bueno¡..Nembargantes, aínda que así sexa,-parece ser que sí- non da deréito a facer esa reforma de forma tan chapucera; pois da a impresión que se están a rir de nos,e dicir de tod@-l@s vilagarcians...¡¡Sexám#blgtk08#os un pouquiño serios i non perdamo-lo norte¡¡.¡.Xa que se invirten os cartos, fagámolo con sentidiño¡...Que estamos a falar do noso patrimonio...Do póuco que nos queda,i que o estamos a conservar cos cartos de todo-los contribuintes, i non co d@s vinteun concellais exclusivamente..Está visto que a certas persoas lle meten na man o patrimonio de Exipto, i fan desaparecer as mismas Pirámides....Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (22-07-2014 23:27)
2 Onde puxen conservar quix#blgtk08#en por¿Conservar?.Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (22-07-2014 23:33)
3 Eu tamén creo que para ser concellal dun Concello tan "importante" como é Vilagarcía, toda ésa xente que está dedicada a algo útil, penso que debía
pasar por uns cursiños, para evitar de que se repitan cousas como as de RAVELLA é tamén da FONTE DO CASTRO.

Por poñer un exemplo diréi que en Santiago, dónde vivo hai moitos anos...
¿Se imaxinan vostedes si sempre que hai que mover unha pedra ou máis, tivéramos que chamar a ése concellal, que penso que o único que fará ben será estampar a firma para poder cobrar? En Santiago hai unha Brigada de Vías e Obras que se dedica a todos estos menesteres sin perxuício algún...
Todo está calculado é as pedras quedan como hai centos de anos.

É facil que se teñan que nover pedras que forman parte das rúas
composteláns, porque hai reparacións que están debaixo das pedras. Ou hai que movelas para pasar os fíos da Fenosa ou de outro tipo. Todo vai quedar como estaba antes. Os técnicos municipáis teñen que dar o Visto é prace a ésa obra. Arquitecto e aparexador miran con lupa todo... Imaxinarvos o Patrimonio de Santiago, si o comparamos co asunto da fonte. ¡Por favor!

Vilagarcía sempre presuméu de algo que nunca supen ¿de qué? Pois éso, que o señor Ocaña que sabe moito desto, puxo as cousas no seu sitio. A ver si pronto podemos disfrutar desa fonte, pero con auga. Porque hasta agora naide se preocupóu de conservar o pouco que temos en ése aspecto. É unha fonte sin auga, é como un barco para vivir en terra: varado.
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
É cambiando o sentido da escritura teño que #blgtk08#decir que hoxe é un día moi triste para a cidade de Santiago é de todos cántos vivimos aquí. Porque fai 365 días que un tren rápido, desos modernos, provocóu 80 mortos que viñan a Compostela a pasar a festa do Patrón coas súas familias ou conocencias. Temos que seguir decindo que si ao conductor lle metéramos nas máns un carro de bois, seguro de que non habría tantos mortos. Porque hai traballadores que merecen outra cousa. Si non é un carro de bois, pode ser un tractor, desos de ocasión... Creo que un home que non ten nada que facer na cabina, o que non pode é darlle caña ao tren para que corra o doble de km. Así pasan as cousas. En curva é doble velocidade. ¡Vaia tío!
Como consecuencia de este accidente hai máis nenos sin pais e viudas que antes non había. Conste que debo ser dos poucos que non foi ver o lugar do suceso. Me chegóu co que vin na TV, tantas veces repetida. Moi triste. É quero aproveitar o "día dos fuegos", para mandar un abrazo a toda a aldea de ANGROIS (terra de xente, da que non hai). Gracias, amigos...
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
"Por decir ¡Viva San Roque!,
prenderon ó meu irmán:
agora que o soltaron...
¡Viva San Roque é o seu can!"...
..................
F. Bouza-Brey

Dedico estas letras con moito cariño á os
nosos queridos amigos de ANGROIS. É que todo
se resolva satisfactoriamente. É de vergonza
que despóis de un ano, sigan as cousas como
estaban antes do desgraciado accidente.
¡Que rápido foi todo aquelo de BANKIA!
¿verdade? A ver si o entenden mellor...
Comentario por E. García - Santiago (24-07-2014 10:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal