lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O da xuntanza vai ben

Pois vai a bo ritmo, non informamos porque hai xente como Antonio Neira que por cuestions familiares temos que esperar a acercarnos mais a data para ver i poden vir con nos coma e o seu desexo. Estamos apuntados unhas coarenta persoas en espera de cerrar os flecos que rematamos de comentar. Xa sabedes que o tope son cincuenta persoas polo tanto estamos na recta final. A ver si de aquela para de chover queremos supoñer que si, imo ser optimistas. Bo dia
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-06-2014 07:58
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ¿ESTA TRAINERA, É O CARMELO OU A MANUELA?
---------------------------------------------------------------
Despóis de tantos anos, non sabría distinguir si é un barco ou quizá o outro, como se di no titular deste comentario. Porque os que somos do meu tempo "vivíamos ésa realidade" que había en Rianxo e Vilaxoán... daquéla, cando se cantaba aquela cantarela que decía:

"HAI UNHA LANCHA EN RIANXO,
QUE LLE CHAMAN A "MANUELA",
QUE LLE GAÑOU Ó "CARMELO"
NA PRAIA DE COMPOSTELA"...(Popular)
........................
Xa en outra ocasión fixen para o FAIADO un comentario como pode ser éste, donde fago constar "aquéles piques" que había entre éstos dous povos mariñeiros irmáns, da Ría de Arousa.

Sempre foi "aquéla cousa" ésa musiquilla que está en xogo por unha temporada entre Rianxo e Vilaxoán. Gañe un barco ou gañe o outro, aquelo foi sempre digno de ver en directo...
Pero sempre se impón a nobleza da xente mariñeira-pescadora.
E terminan cantando en grupo, como si hubera un campeonato para cada un. É esto era o mellor das Regatas de Traineras. Que dous povos da Ría de Arousa se leven coma irmáns, de aquéles que se leven ben, porque hai de todo ¿ou non? Pois éso, que#blgtk08# daquéla (ano 1955), e xa non volvín a ver outra
regata con barcos de Rianxo e Vilaxoán). ¡Aquéla rivalidade!
------------------------------------------------------------
Deixando as Regatas de Traineras a un lado, hai que felicitar ¡como Dios manda! a os nosos xefes da Rúa da Baldosa. Se ve que cada vez se fan as cousas mellor e tamén que somos moitos máis remando no mesmo barco. E cando hai moito material humano "sobrante" é cando nos damos conta que estamos crecendo moito. E necesitamos un barco moito maior. É esto, é bó porque si unha familia crece un neno cada ano, hai que pensar nunha casa moito maior. Como aquéles matrimonios de 20 fillos que premiaba noso Caudillo hai máis de 50 anos... ¡Unha granxa de nenos naquél tempo! Si esto fóra hoxe, os vellos se farían de ouro, cos prezos que teñen os nenos, hoxendía. ¡Dios nos colla confesados!...
............................................................
DITOS, LENDAS E CANTIGAS (de Fermín Bouza-Brey)
"Miña cariña de rosa,
imos para a nosa terra,
que esta terra non é nosa...
............
Vale máis unha da Laxe
c'unha chaqueta de liño,
que toda-las de Cornazo,
vestidas de pano fino"...
............
Comentario por E. García - Santiago 23614 (24-06-2014 12:11)
2 Quedóu ben craro no comentario anterior, que hai tantos anos, quizá 60 (ou máis),
había entre ésas vilas mariñeiras "un pique" grande, que comenzaba cando se poñían os carteis en Rianxo e Vilaxoán. Porque xa, moito tempo atrás os protagonistas dos barcos estaban sometidos a uns entrenamentos que lles chegaba a todos, cada día que se facía. Porque o esforzo era moito. Pensar que non é o mesmo remar sen presas, que facelo cun reloxio diante...

Tamén daquéla, cantábase con moito xeito, por certo, aquélas cantarelas que todos gostábamos de cantar, ou de oír, que decía...

"TEÑO UN AMOR EN RIANXO,
E OUTRO EN VILAGARCÍA;
E, PARA VER OS MEUS AMORES,
TEÑO QUE CRUZAR A RÍA"...
----------------------------------
Despóis da Regata de Traíñas, había a entrega de Premios que figuraban nos cartéis das Festas do Carme(?) ou San Roque. A alegría desbordábase cando se entregaba ó trofeo ó gañador+o sobre, por parte do Presidente da Festa. A partires de aquí todo era festa para os gañadores ¡lástima fóra! O equipo que perdéu ante cinco mil persoas (ou máis), deixaba todo hasta o novo ano...

Mentras que o #blgtk08#equipo gañador acompañado por moitos veciños, cantaban de seguido...

"A VIRXE DE GUADALUPE,
CANDO VAI POLA RIBEIRA;
DESCALCIÑA POLA ARÉA,
PARECE UNHA RIANXEIRA"...
--------------------------------
Naquél tempo, os de Rianxo habían collido unha racha de triunfos, que non agradaba moito a nosos veciños de Vilaxoán. Os de Rianxo presumían de que o seu barco era o mellor de toda a Ría de Arousa. Os de Vilaxoán, por non ser menos non baixaban dos outros mariñeiros. Xamás tiven noticia de que entre unha embarcación é outra hubera algo censurable. ¡Aquéles homes non eran coma éstes de agora... Entre aquéles é éstes, perdonando... quédome cos máis vellos, como non podía ser de outra maneira.
..................................................................................
"CARBALLEIRA DE SAN XUSTO,
CARBALLEIRA DERRAMADA;
NAQUÉLA CARBALLEIRIÑA,
PERDÍN A MIÑA NAVALLA"... Dedicado a aquéles forzudos remeiros de Rianxo e Vilaxoán, tantos anos na lucha para conseguir o premio. Pero ante todo: IRMÁNS!
Este sí que é o mellor premio. E d'hoxe nun ano, amigos todos. E con saúde...

Comentario por E. García - Santiago (25-06-2014 10:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal