lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Chegou o vran

Soñabamos longos meses con este dia, o veiamos cheo de sol, claridade, xustiza logo de frio e choiva meses enteiros, bueno esta medio nublado pero o temos a o alcanze da man animo, imos poñer pra todos unha cancion dos Machucambos...preparade o traxe de baño




Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-06-2014 08:02
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Non é cousa de presumir da area das nosas Praias de Arousa. Non quero que a xente se confunda. Porque a mín non me parecen tan boas. Pero temos que recoñecer que cando pisamos as praias de Canarias, todo cambia, porque aquéla area parece a borralla, despóis das "cachadas"
de San Xoán. ¡Non se pode ter todo na vida!

Naide que vaia as praias de Canarias che di que a area é unha porquería... Pero como non teñen outra, hai que conformarse. Aquí
temos mellor area, pero tamén temos as augas moi frías e si te descoidas un pouco podes chegar a un tanatorio máis fresco que os de Canarias. Pero xa quixeran os canarios ter ése tipo de area nas praias de aquélas islas, chamadas "ISLAS AFORTUNADAS"...

Ogallá que este ano (2014) sea o principio de un ano que queremos todo-los españois. Moito traballo e que volvamos a ser un pais cheo de vida para todos nós é os que nos visiten. Hai moito que facer en este sentido. Porque se necesitan crear moitos miles de postos de traball#blgtk08#o para ésas pobres almas que non viven nada ben... Hipotecas que se poden convertir en metralletas, si non respondemos ante esta xente de Bancos e Caixas...¡Ter coidadiño, que por ahí, anda o demo.

Que o pasedes todos moi ben é que vos poñades todos color canela.
A os do FAIADO que todo lles vaia bonito en Catoira e tamén na tournée que vades ter todos cantos poidades polo Río de Padrón abaixo é arriba (no regreso). ¿Non lle podríamos chamar "CRUCEIRO"
a este viaxe cheo de alegría como os das películas aquélas que se chamaban "VACACIONES EN EL MAR?"... ¡Claro que sí! Xa falta pouco
¿Haberá escala na Isla Cortegada?
....................................................................
"O QUE GARDA, SEMPRE TEN,
AFORRAR SEMPRE FOI BÓ;
A CAPA QUE LEVA O MOZO,
É DO PAI DO BISABÓ"...

Dedicado para a xente do FAIADO,
para que teñan un día bonito
o 13 de xullo próximo. ¡Prepararse!...


Comentario por E. García - Santiago. (22-06-2014 11:42)
2 ¡¡XA ESTAMOS NA NOITE DE SAN XOÁN!!
-----------------------------------------------------------------------------
Agora, cando miramos a nosa Praia Compostela, facemos contas e decimos que antes nos gustaba máis que agora. ¡Ten de todo, esto que estamos a falar! De todo o cambio que houbo eu, particularmente eu, o que boto en falta e aquéla aréa que se foi co mar, para outros mundos. Ou sexa, que para mín, a praia ten máis de "aquélo" que antes. Por capacidade de bañistas, sobre de todo. E tamén (que casi sempre as mulleres se queixaban), era que había xente na balconada que non lle quitaban ollos a certas persoas. E naide quere ser popular de "aquéla maneira". E cando a marea estaba cerca da balconada, aquéles ollos...

Cos espazos gañados ó mar non temos nunca ésos prexuícios... Antiguamente había xente naquél mirador da praia que sobraba, según expresión de algunha muller que se quería vestir de calle é non era nada fácil, para élas... Como eu nunca fun muller non tiven ésos prexuícios, pero coñecedor daquél sentimento de antes, para as mulleres era pouco alentador vestirte nun sitio dónde che están mirando xente de "aquéla maneira"... E non me extraña que preferían calquera outra praia, por aquélo do pudor feminino... "La española cuando besa"...(?)

E con esto da aréa das praias, quen pode opinar mellor que eu, son aquéles mariñeiros que non deixan tocar a aréa, porque é alí dónde se encontra o pan de seus fillos. Todos sabemos que os crustáceos deshovan na aréa, e por tanto, o marisco hai que collelo alí no seu tempo. Deixémonos aparte o furtivismo, que esto é como aquél que dí: "PAN PARA HOXE, E FAME PARA MAÑÁN"...

Porque esto do furtivismo é unha cousa nova, para homes coma mín, que xa hai moitos anos fixemos a Primeira Comunión. Sendo eu un neno, naide se queixaba de todo esto, que hoxe está de moda: "O FURTIVISMO". ¿Quén inventaría esta palabra tan rara? Porque si o furtivismo quere decir "ROUBO", ¿para qué lle vamos a complicar a vida ós nosos mariñeiros que non andan sobrados de cultura?
-------------------------------------------------------------------------------
E xa que comencéi dicindo que estamos metidos nas festas de San Xoán. Non podo ter ni unha opinión acerca das cacharelas de Vilagarcía porque hai máis de 70 anos que non vexo cousas desas ahí. Porque sempre me foron alexando de centro e perdín "ese aire ó pueblo" que sempre levabas contigo. Recordo sendo un neno de pedir polas casas para comprar petardos nunha tenda que había frente ó almacén de Coloniales de Adolfo Llovo. A cachada, facíamola no mesmo centro da Praza da Independencia, que é hoxe. #blgtk08#Nas casas non che daban gran cousa aquélas sufridas amas de casa, que che daban un patacón, ou dous, porque un fillo de ésa señora formaba parte daquéla Comisión infantil de pedigüeños do barrio.

Co tempo esta tradición do 23 de xuño se complicóu bastante, porque todo é moi caro e non se da xuntado para compracer a tanta xente. En Santiago, teñen por costumbre en cada barrio é xunto a lume, asar sardiñas, que o Concello regalaba, cando esto tiña un precio estable. Hoxe os mariñeiros, se "subiron á parra", e hasta que acaben con esta tradición non van a parar... Esto, podedes dalo por seguro. Se deron conta tarde que aquí había un negocio que había que explotar é o están facendo moi ben. "Ante os cartos, non hai amigos", decía un home máis listo que eu. E xa se están vendo as consecuencias... ¡20 euros un kilo de sardiñas! ¡Por favor, señores! Que estas festas non son para ricos, precisamente... ¡Ése precio sólo fai feliz ós bolsillos de catro listillos!
É que vivimos nun país dónde non parece que teñamos ésa costa. Porque da a impresión de que as sardiñas veñen do Polo Norte, ou de por alí...

E cando non é polas sardiñas, son os berberechos, ou calquer crustáceo do tempo. Hoxe che vixían máis cando te bañas, que antes cando se quería controlar á xente da ETA. Hoxe están os "vixiantes da praia" cos seus prismáticos, que esto, para mín, indica que somos basura auténtica. Ou cagarría, según o sitio. ¡Mira que controlar a un bañista por coller catro berberechos para comer na praia...! É ben mirado, si a praia é de todos...
ESTA DE AGORA, NON É A XENTE MARIÑEIRA QUE EU COÑECÍN HAI MOITOS ANOS...
¡Dios nos colla confesados! Calquer día nos cobran por mirar pra o mar...
Eu falei sempre da xente mariñeira como a "flor e nada" de Galicia. Sinto moito non poder dicir o mesmo. E non quero aclarar esto máis.
---------------------------------------------------------------------------.--
E xa que estamos nas festas de San Xoán, un santo moi celebrado dónde sempre houbo unha tradición, deseo que todos o pasedes ben, a pesar dos 20€... E que non falten os baños das 9 ondas, para celebralo mellor. Co solsticio, ven todo.
..............................................................................
A NOSA ROSALÍA SEMPRE ESTIVO CO SAN XOÁN
"O Señor che dé fortuna,
con moitos anos de vida.
¡Vólvánseche as tellas d'ouro,
as pedras de prata fina,
e cada grao seu diamante,
che se volva cada día"...
............R.C..........












Comentario por E. García - Santiago (23-06-2014 12:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal