lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Maria Luisa Mareque

Maria Luisa Mareque, ela e a dona do noso Eduardo, pero Maria Luisa e moito mais que ser a muller de, a dona de. Danos un pouco de envidia cando estamos con esta familia comprobar o que se queren, como se levan, non temos duda que formou parte da criansa, da educacion dos valores que se inculcaron...Maria Luisa eres marabillosa, hoxe tocache a ti, o Faiado quere felicitarche polo teu cumpleanos, nada co que ti mereces, pero è o que temos. Feliz cumpleanos que disfrutes de eses seres que creaches e da compañia de Eduardo, compañeiro fiel e leal dos ultimos sesenta anos. Queremoste Maria Luisa, felicidades, Machin canta para ti.


Comentarios (10) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-03-2014 07:32
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Hola Maria Luisa, MOITAS FELICIDADES na compaña de toda esa família que tes.
Ainda que fisicamente non estén to#blgtk08#dos con tigo, seguro que están de corazón, e outro día, cantaredes diante da tarta. QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (03-03-2014 11:26)
2 Son afortunados los que disfrutan de tu compañia. Que tengas u#blgtk08#n buen dia y hasta el año que viene. Un abrazo. Goya y Cándido
Comentario por Cándido (03-03-2014 11:59)
3 Le deseo que pase un dia feliz, en compan#blgtk08#ia de toda su familia, (Feliz Cumpleanos)
Comentario por Margarita Mosquera Porto (03-03-2014 12:55)
4 A Margarita e Antonio, A Mari Patiño, a Margarita Mosquera, Cándido e a Goya, gracias de corazón. Lamento non coñecer á persoas que cito é non lle vín a cara nunca... Pero hai máis días para todo esto. Non podo decir o mesmo con Cándido, porque vivimos no mesmo barrio, aínda que non coincidimos no tempo. A Goya a coñecimos hai uns meses... Creo que non é de Arealonga, coma nós, pero vale ¿Non?

Hoxe veu pola casa a nosa filla e lle faléi da foto do FAIADO e aínda que non o dixo, se lle notóu un pouco de emoción ver ésa foto dónde ela se ve coa súa filla en brazos...(Non sei si non sería o mesmo día do Bautizo). Unha filla que hoxe ten máis de 20 anos é está ausente por estudos, na Universidade de Granada. Pero unida a diario a través do teléfono. Para que despóis se diga aquélo que sólo os vellos se emocionan... Gustóulle moito a foto e máis todo, como sempre. A letrilla tamén lle gustóu dabondo. Esta Margarita... ¡Qué boas migas fixo coa nosa filla! Se ve que hai "chispa" entre elas! Dónde germina unha gran amistade o demáis, non ten valor...
-----------------------------------------
Pola mañán cedo vin no ordenador a tarxeta que nos deixóu Margarita e me puxen a poñerlle un texto para O FAIADO e cando chegóu o momento de darlle a aquéla última tecla alguén que anda pola cas#blgtk08#a en forma de fantasma mo escarallóu todo. Me puxen todo furioso por non poder recupera-lo texto é solo me faltóu ir á Catedral, confesar os meus pecados para ver si así se poñía todo mellor, e... ¡non había maneira!. Non pensar que lle chamo fantasma á miña muller, ¡non!

E non sempre se encontra un inspirado para dedicarlle a unha muller que me leva aturado desde 1956, casi, casi, ¡58 anos! Ainda que sólo sea por esto, merece algo bonito, escrito por mín. ¿Non vos parece?
Porque non chega con decir aquélo que o dice todo, cando sale do corazón: "¡Quérote, desde aquéla!"... ¡Antes de que o cura de turno escribira nosos nomes no libro dos vellos!. Dito, queda.
---------------------------------------------------------------------
Antes de cerrar esto, deseo decirle a Margarita Mosquera Porto que no me agrada el "usted", entre arosanos y... ¡del FAIADO!. Me gusta más lo que llamamos "tuteo". Si te vale, por mí, encantado y con Patiño (conocí a su padre hace unos 70 años), le digo lo mismo.¿Vale?
.....................................................................
"Carballeira de San Xusto,
carballeira derramada;
naquéla carballeiriña,
perdín a miña navalla"...
...................





Comentario por E. García - Santiago (03-03-2014 22:29)
5 Felicito a maria Luisa,polo seu cumpreanos,ainda que sexa a finais do dia, desexando que o pasara moi feliz na compañía do seu marido, i todo-los demais familiares, i que dentro dun ano, teñamos qu#blgtk08#e volver a felicitala dende o FAIADO,i con outra canción do gran mestre D. ANTONIO MACHIN,-con quen tiven o pracer de compartir esceario- a quen sempre é una ledícia escóitar.Unha aperta pra tod@s
Comentario por Roberto Ocaña (03-03-2014 23:36)
6 Gracias, amigo Roberto. Estas cousas, cando salen de dentro, que suele ser o sitio dónde temos éso que chamamos ALMA, sempre chega de un modo perfecto. Admiro a ésas persoas que sempre están "ahí" para todo. Formades un grupo magnífico.

Me agrada saber que actuaches con cantantes da talla de ANTONIO MACHIN. Parece que esto quedóu moi atrás, pero si volvera con 25 anos, seguro que sería máis popular (aínda) que Belén Esteban, ésa que lle chaman a Princesa do Povo(?)... Este país é así, amigo Roberto, e non o cambia ninguén. Eu suelo dicir que este país funciona ó reves... ¿Qué pensar#blgtk08#ían hoxe aquélas xentes que conoceron ao gran Pacucho?, si alguén o puxera alá arriba? Tamén sería o mundo ó revés. Eu coñecín a Pacucho, O Tiro-Liro, que creo era de Pontecesures, ou por alí... Os chavales do meu tempo lle facían a Pacucho cada gamberrada que era para avergonzarse... Non sigo, con este episodio, para evitar males maiores...
Repito as mellores gracias. Hoxe, martes de Carnaval, me acordo sempre da miña terra querida. ¡Sempre! Un abrazo.
.............................................................
"No me llames Dolores,
llámame Lola"....

Comentario por E. García - Santiago (04-03-2014 11:21)
7 Amigo Eduardo.No ano ¿74-75?.Non lembro con exactitude,non sóio compartimos esceário,co gran mestre D. Antonio Machin senón mesa e mantel nun restaurante da bisbarra da Estrada, que foi onde actuamos pola nóite nun baile na sala de festas Gradin,previos ensaios que fixemos en xornadas de mañán i de tarde, pois el non traía consigo orquestra.A orquestra onde eu cantaba era ESTRELLAS AZULES i ensaiamos baixo as ordenes dun organista que si, viña con el, i creo lembrar que se chamaba Alfonso.Pois ben.Durante toda a xornada ensaiamos, -como dixen- todo o repertorio que el traía,coros incluidos.Angelitos negros, dos gardenias,el huerfanito.camarera etc...Daba gusto escoitalo.lembro tamén que aquel dia estaba pre#blgtk08#ocupado pola saude da sua dona que estaba enferma,i me comentaba que o seu equipo de futbol era o Valencia, i que á sua idade xa non devia andar enrriba dun esceário, pero, que xa que o tiña que facer,poñia a ialma en cada nota como si fose o priméiro dia.Entrañable persoa.Bágoa que Alfonso Ferrazo o fotógrafo de Vilagarcia fixo fotografías dese dia i parece ser que se estropearon os negativos nunha inundación que houbo no seu estúdio.En definitiva.Xornada pra non esquencer, a que vivimos ó lado dun dos millores interpretes de boleros de todo-los tempos,.a orquestra ESTRELLAS AZULES ,i eu.¡¡Aquel dia lembréime moitísimo do meu pai, pois era un gran admirador del,i asi io fixen saber¡¡.Unha aperta pra to@s
Comentario por Roberto Ocaña (04-03-2014 23:50)
8 Amigo Roberto: Non sei si algún día habrás leído nesos panfletos que eu escribo para O FAIADO, que meus primeiros amigos que eu tiven en Santiago, foron os músicos da Banda Municipal. A simple vista, quizá non teña moita explicación para ti. Me vou a explicar...

Corría o ano 1956, cando eu fun contratado para traballar en Santiago como tipógrafo de imprenta. Anteriormente eu había traballado ahí na "Celta". Con moito dolor de corazón deixei ésa empresa e me vin a Compostela no mes de xullo, concretamente, o día 10, que se celebraba a Festa dos Conductores.

A miña casa, aquí, estaba a 50/60 metros da Praza do Obradoiro, é meu amigo e compañeiro de habitación dunha casa privada, era un gran amigo, xa desaparecido, chamado RAMÓN FEERNÁNDEZ BARROS. Foi subdirector da Banda e Fundador da Orquesta "Perlas del Jazz", de aquí, e de aquéla nacéu a Orquesta "Estrellas Azules", que tiña como vocalista-animador, un home moi completo no seu, como músico... Chamábase en vida, este gran home CARLOS DE PAZ. Repito, este home era fora de serie, polas boas formas que tiña, dentro e fóra do palco. Tamén fallecéu, calculo que hai unha década, ou(?)...

Tamén a Orquesta "Compostela" de Manuel Muñiz empezóu a andar polos anos 60, ou... O amigo Muñiz (fumos moi amigos, porque este home viña moito á miña casa, a falar co meu compañeiro Moncho, o músico). O nome da Orquesta era propiedade dun vocalista de grupo, que actuaba todo-los días no Hostal de los Reyes Católicos. Se chamaba POCHOLO, era de Conxo e moi querido por todos polo bó traballo que facía. Algo así como PACO "O Vinculeiro", simpáticos os dous desde a tarima. Logo... Muñiz, lle compróu o nome e fixo unha Orquesta moi boa. Era de Boiro e casóu aquí.
Non tivo fillos. Tamén casóu bastante caduco...

Tamén recordo cando se fundóu en Santiago a Orquesta "HISPANIA", que era dos músicos da Banda militar. Era m#blgtk08#oi boa. Quizá polo espíritu militar que tiñan os seus compoñentes, non chegóu a unha altura nunca como as outras orquestas, sólo por éso. Pero había bó material humán...

Si levas tantos anos, Roberto, recordarás o accidente da Orquesta de Manolo Muñiz (a Compostela) en terras do País Vasco. Non recordo cantos paisanos músicos quedaron alí, porque entre éles, estaba un hermano do meu amigo Moncho... Aquélo foi un día de moito luto para esta cidade.
E desde aquéla hai un monolito no mesmo lugar do accidente en recordo dos músicos que quedaron alí, para sempre. Quizá pasa de 40 anos(?)... Non podo precisar. Meu amigo Ramón era de Lestrove e tiña música propia, feita por él. Este home, foi o mellor irmán que tiven. ¡Xenio e figura!
Saxofón, clarinete, piano... E cando él dirixía a Banda, tiña máis aceptación, porque sempre (ou casi sempre), tocaban música "da nosa".

A Orquesta Estrellas Azules, tiña moita aceptación, nos tempos que eu recordo...Era da competencia da Orquesta de Manolo Muñiz. Quizá ésta tiña máis éxitos sonados, porque actuaba en zonas dadas ó éxito. COMPOSTELA, ESTRELLAS AZULES, PERLAS DEL JAZZ e HISPANIA, eran orquestas de Santiago.

Te darías conta, Roberto, que o tema musical de Santiago por aquéles tempos, o tiña ben dominado. Nos músicos encontréi moito cariño. Agora xa non vivo esto. Antes de cerrar direi que Moncho foi director de diferentes coros enxebres, relixiosos (Jesuítas) e Coros infantiles. Creo que o que máis sona lle dou foi o Coro "Colexiata de Sar". ¡Fenómeno!
.........................................................................
"He de llorar sin lágrimas duro llanto,
por las palomas de luz aherrojadas;
por el espíritu vencido bajo la noche,
de la libertad prostituída"...
...............
Celso Emilio Ferreiro
"LONGA NOITE DE PEDRA"
2011

Comentario por E. García - Santiago (05-03-2014 11:16)
9 O accidente da orquestra COMPOSTELA ó que fas referencia amigo Eduardo,aconteceu creo que polo ano 63-64.Sei que faleceron carto compoñentes da mesma, i que foi no porto de Orduña-Bilbao-.Por aquel entonces eu ainda non escomenzara no mundo das orquestras..Nembargantes fora moi soado, i mais adiante cando coñecín a Manuel Muñíz temos falado do fatal acontecemento...Non sei si o vocalista o que te refires, -Pocholo - cantou na orquestra GRAN PARADA de Rianxo, por qu#blgtk08#e si é o mesmo ,desgraciadamente tamén faleceu nun dos viaxes ,despois dunha actuación nun lugar, que agora mesmo non lembro..Deveu acontecer polo ano 69-70.A verdade e que por eses anos o mundo dos músicos tiña ises riscos..Malas estradas,póuco descanso,músicos que exercian no palco, i o rematar a actuación collian o volante ,etc..Como eu digo sempre ,cada época´,é cada época, i non podemos darlle mais voltas.. ¡¡Non coñezo ofício sin risco¡¡.Unha aperta pra tod@s
Comentario por Roberto Ocaña (05-03-2014 23:27)
10 O ACCIDENTE DA ORQUESTA COMPOSTELA
----------------------------------------------------------------------
Como sabes, Roberto, o pasado día 24 de xullo, día dos fuegos en Santiago tuvemos aquí un lamentable accidente que lle custóu a vida a 79 persoas. Foi moi lamentable todo aquélo, ¿recordas? A TVG estaba conectada co lugar do accidente que está a uns 4 kms. de Santiago. E houbo unha parroquia de aquí (do lugar do accidente) que se botóu ás vías para sacar feridos (primeiro) e despóis os corpos sin vida, sin pensar no risco que podrían correr. ¡Admirable! Non sabes o que representa para unha cidade como ésta, que cando estaba esperando a troula, chegan noticias nada alentadoras, para naide. Suspendéuse todo tipo de festas, fuegos, e a xente de fóra marchóu de un modo exemplar. Non pudo disfrutar de nada e por riba levaron para os seus povos un disgusto impresionante.

Pois o día 24 de xullo de 1962, tivo lugar no Porto de Orduña (Bilbao)
un accidente dónde viaxaba a Orquesta Compostela para actuar nas festas do Apóstol a celebrar no País Vasco pola colonia galega que é moi numerosa. Creo que houbo que lamentar 3 ou 4 mortos da Orquesta.
Un déles era irmán do meu amigo RAMON FERNANDEZ BARROS. Non recordo o seu nome, perdóname. Pero era un bó músico. Tamén seu pai o foi da Banda de Padrón... Foi unha familia bastande caída na desgracia...

En cuanto a Pocholo, non vaias a creer que sei moito máis do que dixen. Nin siquera supen que falecera, si non fóra por ti. Pero era un home con moita "chispa" diante do micrófono é éso, trasladado aos anos que estamos a tratar, tiña moito mérito. Creo recordar que o Hostal dos Reis Católicos inauguró#blgtk08#use en 1954, que creo era Ano Santo.
Pois dende aquéla, había neste Hotel, un grupiño de músicos que non creo que pasaran de 5 números. E actuaban todo-los días nunha zona do Hotel que se chamaba "La Parrilla". Que cada un interprete esto como lle dé a real gana. O que mandaba era Pocholo. Posiblemente leves razón de que cantóu na Orquesta "Gran Parada", pero eu non o sei. Nin siquera sei si despóis de venderlle o nome a Manolo Muñiz, o grupo seguía no Hotel con diferente nome. Desde ése tempo, viña a miña amistade co Director-Propietario da Orquesta Compostela. Era un home moi jovial e moi bó profesional. Compuxo a tira de cancións para que a nosa Ana Kiro as bordara, acompañando pola citada Orquesta.

Como Muñiz era de Boiro e eu de Vilagarcía, houbo entre nós unha amistade sincera. Era un músico da Banda que tocaba o trombón de vara. Non sei si era éste o verdadeiro nome. Pero, repito, foi un home con moitas luces. Tiña clase como home e como músico. Despóis, se supo rodear de bos profesionais, e os éxitos, caeron un detrás de outro, como fruta madura. Actuaban para a TVG, con frecuencia. Muñiz era un home moi culto en todo-los órdenes da vida. Do mellorciño que había na Banda. Eu coñecín a todos, é podo aseguralo. MOI BO EN TODO.

Bueno, Roberto. Xa sabes foi o mesmo día da véspera Apóstol de 1962...
......................................................................
O SILENCIO DE DIOS
"Nos lentos amenceres,
ateigados de luces dubidosas;
o silencio de Dios é coma un barco,
que navega os meus ollos docemente"...
................
Celso Emilio Ferreiro
"Longa Noite de Pedra"

Comentario por E. García - Santiago (06-03-2014 22:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal