lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Cento un anos

Da anexion Carril-Vilaxoan-Vilagarcia. Anexion que significou moitas cousas, menos triunfalismos e certo que Vilagarcia millorou...e ¿Os outros? Pois igual non foi tan bonito. Fose o que fose a data e hoxe un de Marzal, mes no que escomenza a primaveira, escomenza o antroido, sigue a faltar traballo para a xente pero non perdamos o alento e a esperanza, teremos que recuperar dereitos. Imos ca primeira foto de Marzo, son as festas de Agosto do 1977, tras os gaiteiros un grupo de xente de Vilaxoan, entre eles Juan Bouzas e Manolo Chocolate. Vai por Carril-Vilaxoan-Vilagarcia
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2014 07:49
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Primeiro de todo, unha foto das que deben gustar a todo-los galegos. Esta sí que é das nosas é non o podemos negar, sobre de todo sí estas cousas vos gustan tanto cómo a mín... ¡Carnavales! Sí... Pregunto eu agora:
¿É quén ten humor para saír á calle a festexar esto tan noso, dende hay a tira de anos... ¿Non se acordan os máis vellos do lugar os problemas que esto tiña para a seguridade do povo? Teño que dicir que en ésos anos que sabemos os vellos de agora, en vez de "CARNAVALES", se chamaban "FESTAS DE PRIMAVERA", para que a xente non toleara.

Excepto ésa xente que sempre destacóu na parte económica, pero que algún xa non figura nesta lista, en aquéles tempos vivíamos estas fechas un pouco engañándonos a nosoutros mesmos. Despre fumos de aquéla maneira e non había máis que "aquélo", que non era nada. As casas estaban cheas de nenos e dónde había moito desto, (que era a maioría), había pouco nos platos. Recordo que o LACÓN CON GRELOS, plato sin igual polos Carnavales, se preparaba moi ben no Hotel Carballinés, ahí, cerquiña do Teatro Cer#blgtk08#vantes... Despóis de esto, pouco máis había ó largo da Parroquia. Quizá na taberna do Manchado... Avelino Campos(?) Comprender que todo esto era festa... no aire, como un programa que houbo na radio, hai moitos anos de esto.

Quizá os que máis sabían de todo esto, era a familia dos Mentireiros, que vendían artículos para facer cocidos, pero os clientes, non estaban pola labor, porque esto engorda moito, é daquéla a xente non tiña moitas calorías no corpo. Algún chamámalle cocido de Carnaval ao cocer catro verzas, dúas pataquiñas e un trozo de touciño. E non é así, pero temos que comprender que o povo noso se adaptóu moi ben a todo canto tiña de imposible, é esto o sabemos moitos...

ESPAÑA, como país, non é capaz de resistir tanta xente na lista do Paro, do mesmo modo que unha familia humilde, non podía alimentar tanta criatura. Ése é o mellor exemplo que pondría calquera que vivén antes é despóis desde 1936... E tamén as pulgas, os piollos, chinches é canto bicho vivía naquél tempo. Gracias ao Laboratorio ZZ, de Porriño nos fumos
Comentario por E. García - Santiago (01-03-2014 11:18)
2 aliviando de tanta picadura de insectos desagradables. Eu aínda gardo tristes recordos no meu corpo de ésos malditos bichos. Ésa éra a triste realidade contada despóis de 70 e pico de anos. Alguén pensará de outro modo, pero ésa pegada, a levo sempre conmigo, para que logo digan que non era certo. Recordo que antes de aparecer o insecticida ése, as amas de casa botaban auga fervendo nos metálicos das camas para eliminar esa bichallada... Pero ¿e si estaban nos colchóns aquéles de folla de millo? ¿Cómo facíamos? Deixémolo, que parece que xa me está picando o corpo a mín. Nos pasaba cómo agora, porque crecíamos m#blgtk08#oito ¿en qué? Preguntar no Auxilio Social. Viñeron despóis os colchóns de corcho e pouco cambióu todo, porque daquéla o Plan RENOVE non se coñecía para cambiar todo-los colchóns xuntos. Era moito...
Estóu falando de que ahí, en Saavedra, unha mesiña de noite sólo costaba CINCO PESOS. Preguntar de qué ano ven todo esto. Saludos
.................................................................
"Xa se oien lonxe, máis lonxe,
cada badalada é un dolor;
vóume soio, sin arrimo,
miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!...
................
Rosalía de Castro

Comentario por (01-03-2014 11:46)
3 Hola a todas-os. Pois si, parece mentira pero xa estamos nos carnavais , maldito tempo, que non deixa disfrutar a nenos e grandes. Certo que co maldito paro, moita xente non ten nin para unhas filloas, ni unhas orellas, pero se polo menos tiveramos sol, a cousa poderíase levar con un pouco de alegría, e facer de "tripas corazón" e disimular, sobre todo diante dos nenos. Oxe estiven vendo varias fotos dos nenos nos colexios, garderias atc. e estaban fe#blgtk08#lices cos seus disfraces.
Eu por sorte, lembro unha infancia estupenda,de ir disfrazada ao Cervantes e pasalo de medo, tamén lembro a família Campos, con Enrique a cabeza que polas ruas, facían o demo, eran felices, con catro trapos e moita retranca, pasábano estupendamente, e moita xente ao velos, esquencian as suas carencias, e por un momentos eran felices. Creo que teño que voltar a cantar sol, sol, solito.....Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (01-03-2014 14:25)
4 En estas fechas de Carnavales, quero ter un pequeno recordo para aquél home tan servicial (porteiro do Recreo Liceo), chamado de apelido BRIONES. Este home era un lince para recoñecer ós socios todos do Recreo. Non se lle escapaba ninguén. Cando había xente de abondo, él arreglábao todo da mellor maneira... Que me perdonen, familiares e amigos, por non recordar o seu nome. Van alá moitos anos.

Vivía este home na Rúa Covadonga nunha casa pequena, propiedade dos da Empresa SABAS, moi cerca do Cuartel de Infantería, a 30 metros da casa dos Briones. A primeira casa, era dónde vivía Daniel (neto do vello Sabas, e moi amigo meu). Despóis había a casa da familia de Manolo Carballo (o barbeiro de San Roque). Despóis, viña a casa do señor Briones, que tiña dous fillos varóns e unha rapaza chamada Chelito. Non sei si ahínda vive, porque era algo maior que mín. Ás veces, este porteiro do Recreo, as pasaba bastante mal para recoñecer a fillos de socios que tiñan dereito a entrar na Sociedade. Ás veces, diante da entrada había trifulcas continuadas, por esta razón. O porteiro era un home que as sabía todas, é o engaño non lle iba. Cumplía moi ben a súa misión. Solamente en días dos grandes bailes da Sociedade ou Teatro Cervantes, era cando o traballo se lle acumulaba... Meus irmáns é máis eu, éramos moi coñecidos #blgtk08#para él, porque pasábamos sempre por diante da súa casa... e daquéla, non había tanta xente no povo... nin tantos socios no Recreo, digo eu.

Este home tiña o pelo blanco, nos anos 50 e pico. Creo que cando poñía uniforme creo que era de color gris clariño... Pero destacaba a súa personalidade por encima de todo. Amable e servicial, cando alguén o necesitaba. Naquéles tempos, non se parecían en nada aos que vivimos agora. En un Baile de Máscaras, por Carnavales (Festas de Primavera), había moito traballo para o Sr. Briones, para recoñecer a tanta xente que iba disfrazada. A situación política que se vivía, podría dar lugar a calquer falcatruada que naide esperaba... Pero non estábamos alleos a un encontronazo entre veciños, de distinto tipo político. Creo que nunca hubo nada que destacar 50/58 anos despóis... Cousa que celebramos.
.................................................................................
"Pasa o tempo, sin deterse,
río infindo de silencio;
río infindo, noite e día,
río infindo, branco e negro.
-----
Nos seu muíños de día,
moe a frol do meu contento;
nos seus muíños de noite,
meu corazón vai moendo"...
..................
Celso Emilio Ferreiro
"Longa Noite de Pedra"


Comentario por E. García - Santiago (04-03-2014 20:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal