lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para Lolita...de Manolo |
|
 Lolita esa morena dominicana guapa coma un sol que vive na Rosa no Carril, e unha muller de sorte, ten a Manolo o seu home tremendamente enamorado, neste momento estan na terra de Lolita e decir na Republica Dominicana, pero en tres ou catro dias chegaran a sua casa do Carril. Para que Lolita non se poña moi mustia Manolo adicalle esa cancion que a ela tanto lle gusta. Lolita os do Faiado queremoste
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Creo que en outra parte do FAIADO díxen que as REGATAS DE TRAINERAS na nosa Ría de Arousa se celebraban con moito entusiasmo e alegría, porque todos cantos participan nestas probas son xente de sobra coñecida nos nosos povos, dende hai moitos anos.
Debéu ser no ano 1954 o siguiente cando vin as Regatas de Traineras en terreos de Praia Compostela, con unha chea de barcos cheos de xente en zonas do traxecto, pero animando como cosacos a ésos amigos que empuñaban o remo con todas as súas forzas para axudar a conseguir a victoria. Non sei en outros povos, pero en Vilaxoán aquélo "era moito", porque o seu "CARMELO" (trainera), era máis completo que a "MANUELA" de Rianxo. Pois, si unha semana antes da Regata non se falaba de outra cousa, excuso decir despóis de tanto barullo, cómo sería o conto... Aquélo, para velo ben, había que estar na Praia Compostela, na entrega de Trofeos é todo éso que sabemos todos.
Pasaron tantos anos de todo esto, que nin supen no seu día nin sei agora, cál foi o palmarés destas Regatas de Traineras. "CARMELO" ou "MANUELA". ¿Quén gañou máis Regatas: Vilaxoán ou Rianxo? Sinceramente nunca se me ocurréu preguntar cál foi o resultado final de aquéles barcos que tantos admiradores tiñan. ¡Qué rivalidade había entre ésos dous povos mariñeiros hirmáns... Porque me da a impresión que sempre se levaron ben en todo, menos nas Regatas... ¡Somos así e morreremos tal cual fumos toda unha vida! Dice moi feo éso de que dos povos mariñeiros e veciños teñan unha pequena gresca por algo que apenas ten un algo de valor...
Teño a seguridade, que, por outra parte, a nosa x#blgtk08#ente do mar está moi cambiada. Porque teñen cousas que hay máis de 50 anos non farían nunca. E os que non somos mariñeiros de verdade, nos fixamos, que agora se traballa todo con moita cautela para non ter que volver ó de antes. Hai moitos anos esta mesma xente era moito máis espontánea... E decía aquélo... "Mañán é outro día"... Hoxe todo éso tivo que haber cambeado moito, porque hai máis barcos no mesmo sitio, é menos pesca. Ésto se reparte, o que antes sobraba... Antes iban de Carril a Rianxo e viceversa é creo que hoxe casi hai que levar un pasaporte no barco. Malo, malo, malo...
Para terminar vou pedir un favor... Quero saber quén gañou máis regatas de Traineras. RIANXO ou VILAXOÁN.Curiosidades de vellos. A mín me gustaría un empate.
Espero as vosas respostas. CARMELO ou MANUELA... ¡Viva VILAXOÁN e viva RIANXO!...
..................................................................................
"Ela honesta, está escoitando,
máis con sospiros responde,
qu'e aló garda, non sei dónde,
saudades de non sei cándo.
Os paniños vai lavando,
e a tendelos s'apresura,
nun campiño de verdura"...
...............
Rosalía de Castro
Recordando ós mariñeiros de Vilaxóan e Rianxo,
dedico estas líneas e verso, para estos dous
povos mariñeiros da nosa Ría de Arousa.
Saudiña e sorte para todos.
¿Recordades cando se cantaba aquélo...
"Ai veñen as lanchas do xeito,
pescando sardiñas ó eito,
e van pra Banda do Mar,
porque en Rianxo,
algo van pescar"...
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (26-01-2014 12:28) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|