lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Faleceu D Servando Perez Barreiro

O pasado dia 1 finou en S Xurxo de Sacos D Servando Perez Barreiro que foi mestre e catedratico de ingles no Castro Alobre durante unha chea de anos. El habia nacido en Cotobade no ano 1940, Estudou nas universidades de Santiago de Compostela, Oviedo, Complutense de Madrid e Cambridge (Inglaterra). Exerceu de docente na Royal Liberty School de Romford (Londres) e nos institutos Severo Ochoa de Luarca, Ramón Cabanillas de Cambados e Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa.

Fundou os centros de ensino de inglés The English Centre de Vilagarcía, The English Studio de Pontevedra e The London Centre de As Pontes de García Rodríguez. Foi cofundador da APIGA (Asociación de Profesores de Inglés de Galicia) e colaborou con AEDEAN (Asociación de Profesores de Inglés a nivel nacional), impartindo conferencias sobre a metodoloxía do ensino do Inglés.

Asemade, éra tradutor do inglés ao galego de ensaios sobre Rosalía de Castro e participa no Padroado "Rosalía de Castro". (Informacion da Wilkipedia)
Nos escribe Xerman Torres para comunicar que hoxe martes dia sete as sete e media da tarde os ex-alumnos e compañeiros faranlle un homenaxe con unha misa na igrexa parroquial.
O Faiado sinte a perda de un ensinante vocacional autor do primer diccionario completo Galego - Ingles
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-01-2014 08:51
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal