lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Hoxe, xoves 28, comenza unha nova petición de axuda

O FAIADO DA MEMORIA volve ao Crowfunding para desenvolver o seu novo documental

Estimados Amigos e Amigas,

A partires de hoxe e durante uns días vamos a realizar unha campaña de microfinanzamento para intentar levar a cabo o documental A VOLTA DOS NOVE.

Todo nace en outubro de 1936. Na noite do día 15, nove homes sos sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo e levados as aforas de Baiona. Alí serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días. Pero tamén era o comenzo dunha lenda: a das cruces de "A VOLTA DOS NOVE".

A partires destas líneas da sinopse estamos a crear un documental baseado na Historia Oral e que vai traendo a memoria da xente sobre o antes e despois detes sucesos que deixaron a súa fonda pegada no Val Miñor.

Fai case ano e medio que a O Faiado da Memoria de Vilagarcía de Arousa concluiu a súa primeira experiencia dento do sistema de micromecenazgo. Daquela fora solicitado para a longametraxe documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN. O resultado foi satisfactorio. A presencia do documental no festival CINEUROPA de Santiago de Compostela, o ser un dos cinco finalistas, único nacional, no festival internacional de Granada de bandas sonoras e os distintos pases realizados en Galicia mostran a favorable acollida deste traballo. Hoxé comenza esta nova andaina cun traballo distinto pero dentro da mesma metodoloxía de traballo: a Historia Oral, unha serie de testemuñas que van relatando unha historia ou acontecemento.

A VOLTA DOS NOVE
, xa é un proxecto que se escomenzou fai uns anos pero que, por unhas circunstancias ou outras, foi quedando aparcado hasta que dixemos que non se podía quedar mais tempo sin que saira a luz. Varias das personas, desgraciadamente, xa non poderán velo traballo rematado, pero a súa memoria, a súa voz está impresa para sempre e será transmitida a outras xeneracións si esta solicitude de axuda acada a súa meta.

Nada é gratis e o que estamos facendo non é ser uns esmoleiros da cultura, o que facemos é, como quen di, unha venta anticipada do documental onde, a maiores e en agradecemento pola confianza posta en nos, ti formarás parte del ao engadirse o teu nome aos dos colaboradores do documental. Iso e unha copia do documental, claro.

Acompañando a este correo informativo enviamos copia dun arquivo que lles estamos a enviar, a través dun mailing, a posibles donantes e unhas fotografías, a modo de cadros, que estamos facendo para promocionar esta percura económica.

Tamén se pode acceder a páxina de Verkami (en galego e en castelán) onde che informan do documental e da forma de realizar as achegas ao mesmo e na páxina creada en facebook onde mantemos a actualidade do proceso creativo do documental e da marcha da campaña.

Gracias a Todos e Todas por atendernos, e moitas mais gracias a/o/s que nos axuden a que A VOLTA DOS NOVE, desta, sexa unha realidade.

Ao igual que fixéramos cos donantes de DESDE DENTRO DO CORAZÓN os deste novo proxecto van a ir figurando na marxe esquerda deste blog.

Dámolas gracias a José Carlos Dasilva por telo honor de selo primeiro desta lista.



Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2013 10:29
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Na outra ocasión que houbo unha cousa parecida, o listado que había era moi convincente.
En todo eso tamén se ve que a crisis está facendo mella na xente, e o mes éste ten de todo. Porque non todo é panderetas, nin corrupcións. Tamén hai ésos casos que non
encenden a lus para evitar pagarlle máis a Fenosa.

Vivimos nun mundo desquiciado. Onte mesmo me decía una muller, destas que van traballar ás casas por horas, que xa lle compróu no Corte Inglés uns xoguetes para un fillo, que xa me gostaría a mín poderllos comprar a meus netos. Esta muller parece que está mendigando, pero non se fía de naide. Na miña casa cobra todo-los días e non quere xuntar o valor de dous días. ¡Non vaia a ser o demo! O seu home traballa de camionero e parece ser que non chega... Que naide pense que eu teño unha parte en Facenda. Pero é que hai xentiña da nosa que ¡manda carallo! Porque a base de mendigar lles abren as portas das beatas para recibir axudas da Cruz Roxa e demáis ONG's do país. Por suposto que é da aldea...

A mín me da máis pena unha familia que nacéu en Santiago, e non ten máis que o seu retiriño que casi sempre non chega para nada. Non ten casa propia, non recibe da aldea nada (como a outra), en forma de pataquiñas, porquiño, ovos, etc. que axudan a vivir. Non comparemos os casos. E ademáis non lle gusta mendigar. Porque esto, non vale para todos. Conste que hay moita xente que vive así... E vive mellor do que a xente pensa. As veces, arréglase todo cunha chorada ás monxas é despóis temos arreglado medio país. Eu vivo moi próximo á Cruz Roxa e vexo o que se levan é... ¡Menos mal! O que eu compro no Súper, a ésta xente lle sale gratis. #blgtk08#Lles dan roupa, alimentos, como dixen, é axuda económica para abonar ésos gastos puntuales que temos todos... Decía aquél emigrante nunha carta que lle mandóu ó cura da súa parroquia, que se rumoreaba que o cura confesaba con moita frecuencia á súa muller, desde que non ten home aquí: Decía a carta... "Señor cura, señor cura...". Contestación do cura ó emigrante: "Xa che entendo, xa che entendo"... Porque os curas, son moi listos, casi todos. Porque hai algún que o meteron no Seminario para que non traballara as terras, daquéla, cándo nin tractores había. ¡Meus pobres...!

Eu me fago cargo que os tempos cambearon, é moito. Os cartos se valoran máis que nunca. Por éso, teñen conta deles. Xa hai moitos anos, decía a miña sogra, moi sabia ela, que "aquél que da o que ten, mira para quén o leva"... Moi lista miña sogra; sí, señor.
A ver si a xente se anima, para poder traballar con tranquilidad. Xa dixen moitas veces que os tempos de agora son para a escritora ésa que se chama BELEN ESTEBAN. Esta muller, sin moitos méritos, está sempre na parte principal da vida. Dice ela que sólo pasaron dous homes pola súa vida. Un torero e un camarero. ¡Qué jaléo hai entre éles, Dios mío!
..........................................................................................
"¡Adiós, tamén, queridiña...!
Adiós por sempre, quizáis!;
dígoche este adiós chorando,
desde a beiriña do mar...
-------
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás;
tántas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!"...

Rosalía de Castro







Comentario por E.García - Santiago (19-12-2013 11:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal