lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Novembro de Memoria

Hoxe, xoves, a partires das 21:00 horas estaremos presentando o noso documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN no programa da TVG2, ZIGZAG, dentro da sección Planeta Cine. O motivo é a presentación, mañán día 15, deste traballo no Centro Galego de Arte Contemporánea no marco do Festival CINEUROPA. Será as 20:45.

Tamén formará parte da programación cultural do Concello de Pontevedra onde, o día 28 deste mesmo mes de novembro, será proxectado na Casa das Campás. Ahí o acto comenzará as 19:00 horas.

O Faiado da Memoria tamén estará presente na pantalla xigante da Praza de Galicia. Gracias a unha colaboración entre a asociación de memoria vilagarciana e a empresa Ledmon, esta proxectará clips visuais duns cinco minutos cada un con imaxes facilitadas polo Faiado. Os distintos vídeos, que se emitirán a distintas horas do día terán carácter temático cada un e comenzarán a emitirse a principios de decembro. De momento estase a emitir un trailer-aviso con imaxes do muelle de ferro do parque praia Compostela e do lembrado Luis Carús, quen fora presidente do Arosa e do Club de Mar e impulsor das regatas de dornas na vila.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2013 07:52
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Hola a todas-os:
Non mo penso perder, ainda que xa o vin varias veces, e o teño na casa.
Seguro que en Santiago vái ser todo un éxito, e logo en Pontevedra, non dades feito, espero que non teña razón o refrá#blgtk08#n "días de todo, vésperas de nada", pois xa se sabe como son estas cousas, unha temporada non vos deixan nin respirar, e despois, outra temporada demasiado tranquilos, menos mal que xa estades afeitos a todo eso. Un saudo
Comentario por Mari Patiño (14-11-2013 09:42)
2 Gracias Mari por ese apoi#blgtk08#o teu. Moitisimas gracias
Comentario por Faiado (14-11-2013 13:10)
3
OGALLÁ ENCONTREDES EN SANTIAGO A SORTE QUE VIDES BUSCAR
-----------------------------------------------------------------------------
Desde hai xa moitos siglos, os galegos encontraban en Santiago o camiño que andiveron buscando en momentos que nin coñecían o seu Norte. Non era nada fácil encontrar a "verdade de cada un" en tempos que xa quedaron moi atrás...
Pensar que todos aquéles galegos dos que máis sona tiñan en Galicia, pasaron por aquí e deixaron a súa pegada. Non creo que de todos aquéles que pasaron á historia por diversos motivos, estiveran lexos de Compostela...

Escritores, políticos de todo tipo, médicos/catedráticos da Facultade de Medicina de Santiago, que xa eran famosos polo siglo XIV. Non digamos xa de xente do clero en ésos tempos... Daquéla, "apaga a luz é vamos". Porque a Cidade de Santiago sempre tivo moito señorío, según a Historia. Ahí están ésos Conventos que non deixan mentir a naide. Conventos coma o de San Francisco que cobixóu baixo as súas tellas o Santo de Asís, hai de todo esto casi mil anos. Sin olvidarnos de outros persoaxes como moitos papas ó través da Historia. En 25 anos (ou por ahí) viñeron tres papas. É esto, é moito, para unha cidade que non chega ós cen mil almas...

Bueno, sólo quería decir que as visitas a Santiago, forman parte da vida daquél que quere vender ou comprar algo... Ésos soportales é rúas que viron pasar por alí a millóns de peregrinos, en tantos anos de Historia. E xa non digamos de ése famoso Camiño que veu pasar tanta xente falando todo tipo de idiomas, unidos pola fe ou o peregrinaxe de t#blgtk08#antos católicos camiño da súa verdade. Hoxe hasta peregrinan os chinos, que non suelen ser os millores católicos, mentras teñan ó seu Buda cerca deles... Que non se me olviden as visitas que nos facía cada ano noso querido Caudillo, cando viña pescar os salmóns, alí dónde todo estaba preparado para unha boa colleita, no Río Ulla.
Nunca faltaron as visitas de Reyes, Príncipes, Presidentes... Aquí, sempre tivemos de todo. Pero naide presume destas cousas. Porque este pobo é así...

\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\

Me parece moi razoable que Antonio Caeiro haxa pensado que non sempre as visitas a Santiago, son para rezar na Catedral. Porque sabe moi ben o que ten que facer para encontrar "esa tecla" que todos temos, pero que hai veces non acertamos a pulsar. Eu deseo que acerte en todo canto anda buscando, enseñando as súas obras. Seguro que sempre habrá algunha persoa que valorará o seu traballo. É cando dentro de ti, sale aquéla voz que che dice: "valéu a pena". E xa está todo feito. Eu lamento moito non poder estar con vosoutros
porque a miña saúde non me permite estar fóra da casa. E non teño modo de
poder cambialo en poucas horas que faltan porque me expoño a moito. O sinto.
-----------------------------------------------------------------------------Traer roupa de abrigo. Hoxe, xoves, ás 6,30 da tarde, había 9º, mentres que en Arousa, tendríades 5/6º máis é éso, nótase moito. Non sei si nese Centro vades ter calefacción (o dudo). Esa é unha casa de mármol é sempre está moi fría. Desde a súa inauguración. (Un capricho daquéla xente da Terra Chá)...
Comentario por E.García - Santiago (14-11-2013 20:17)
4 Eduardo nos como os peregrinos tamen imos en busca de algo primeiro "lucir" o documental porque merece a pena ¿Para que se traballa durante un par de anos na investigacion na grabacion no montaxe si logo non o mostras? Pois imos donde n#blgtk08#os chamen e si con eso vendemos algun ¡Felicidad total¡ O frio sera o noso enemigo a xente non tera tanta gana de sair pero xa non hai que facerlle. Ti e Maria Luisa na casiña, gracias polas vosas intencions xa sabedes que vos queremos
Comentario por Margarita Teijeiro (15-11-2013 08:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal