lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

PONTEVEDRA RECUPERA A MEMORIA DAS MULLERES

O día 7 de novembro, que ven a ser o xoves da vindeira semana, estaremos na Casa das Campás de Pontevedra explicando o noso/voso Faiado da Memoria.

Aquí vos deixamos a noticia sacada do Diario de Pontevedra

Cultura
Pontevedra recupera a memoria histórica das mulleres

31/10/2013 - Nuria Martínez (Pontevedra)

PONTEVEDRA. Co obxectivo de contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres de Pontevedra e arredores, o Concello inicia este curso un proxecto titulado ‘A memoria das mulleres’.

Segundo anunciou onte o concelleiro de Patrimonio Histórico e Cultural, Luís Bará, «esta iniciativa ten a finalidade de crear un fondo documental, gráfico e audiovisual sobre as mulleres do siglo XIX e XX e a súa aportación en distintos ámbitos culturais, políticos o industriais». Do mesmo xeito, dixo, «temos a intención de elaborar unha enciclopedia virtual sobre as súas vidas, atendendo especialmente ás clases traballadoras».

Esta labor, que desenvolverase ao longo de dous anos, está aberta á participación de asociacións, parroquias, persoas o entidades que desexen achegar recursos materiais o ideas «e tamén implicará aos centros educativos e a Universidade».

homenaxe. ‘A memoria das mulleres’ tamén terá visibilidade nos espazos públicos mediante roteiros e placas conmemorativas. Por último, o vindeiro 7 de novembro, entre as 17.30 e as 20.30 horas, celebrarase na Casa das Campás unha xornada sobre a recuperación da memoria no ámbito local. Nela participarán Carmen Suárez, que presentará os proxectos ‘Fálame de San Sadurniño’ e ‘Memoria de Muller’; Antón Caeiro, que mostrará a web ‘O faiado na memoria’; e Patricia Arias, que falará sobre o traballo realizado no IES As Bizocas de O Grove ‘Mecas. A memoria das mulleres’. Os interesados en asistir deben enviar un correo a mulleresememoria@gmail.com cos seus datos (nome, enderezo, teléfono...)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2013 11:16
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Desde hai moitos anos dixen (e digo), que o mundo é máis mundo desde que a muller dóu ése salto que antes non se atrevía a dalo. Aquél machismo que nos envolvía a todos, aquél espíritu militar que se implantaba na casa, cando o señor tiña ganas de que o galiñeiro se alterara...

En aquél tempo ó que eu me refiro ¡xa chovéu!... A muller tiña un valor insignificante. As nenas, nas aldeas, apenas cruzaban a porta da Escola, porque "as mulleres non lles facía falta estudiar, porque si se van casar...". Por éso chegaban a ser mozas e aquélo era coma unha tribu. Nadie sabía leer, porque as nenas tiñan que ir co gando para a procura que representaba a leite, como unha axuda familiar...

Para evitar posibles embarazos non deixaban ás rapazas da casa ter relacións amorosas cos mozos do lugar que estaba moi mal visto. E cando había "algo" que non esperaban, sempre estaba polo medio, xente moi próxima, que ás veces dou lugar a algo máis que palabras...
O veciño rico do lugar, o señor cura... O muiñeiro...

Pero todo éso, xa non conta para nada. As mulleres agora colleron o mando e están en todas partes. Antes non as deixaban ir a Escola, agora son maioría na Universidade. Valen para todo. Hasta se pensa en facer un Partido Político, cuyo Presidente visible sería BELEN ESTEBAN... Non se rían, que esto vai p'adiante. ¡Belén Esteban al poder! Ela sola está en TV de moitas cadeas, Revistas de todo tipo, Prensa escrita, etc. Xa sei que moitos cartos en cultura, non gastóu... Que os libros son moi caros, tamén. Pero ahí está, agora que o mundo dos toros vai a menos. Xa me entenden... Sin estudiar, chegóu a convertirse en algo que ningunha muller chegóu a ter... Si chegara a estudiar ¿Qué pasaría? Todo éso ainda non acabóu. Todo se andará.

Na Argentina, hai muller de Presidente... En Alemania, na Comunidade de Madrid, estaba Esperancita Aguirre, A muller de Aznar, de Alcaldesa, en Valencia... e moitas máis polo mundo adiante. Hoxe pi#blgtk08#lotan avións, tamén hai mulleres ministro, tamén no exército, marina... ¡Ahí está a muller en todo!. Conducen trens, autocares, hai mulleres médico, especialistas de todo... Antes, naquél tempo, a muller era para a cociña. o río, plaza, levar os críos á escola, e tamén para traer nenos ó mundo...
(Esto era o que pensaban os máis listos do país). Agora non queren mulleres cerca, no traballo, porque son máis responsábeis que ésa manada de labercos que moitas veces non teñen p.i. do que fan. Quedaron coas ideas tan vellas coma o Portal de Belén. ¡Lume!

Cando eu subo a un autobús en Santiago, e vexo unha moza nova conducindo un autocar, sempre a felicito, porque antes se pensaba que un carnet de primera esp. sólo era para xente moi lista. E había cada un... que hubera sido mellor que o carnet fora para tractor, porque aínda hai cada cuadrúpedo, que non me explico cómo presume tanto.

Bueno, pois todo éso que se pensa facer en Pontevedra, que se vexa canto antes. Eu as felicíto de corazón. Me encanta saber que unha muller sabe falar de Internet, o mesmo que atender unha familia. Que tomen nota máis de catro desos que aínda andan por ahí e casi todo-los días son noticia nos medios. Matalas, descuartizalas... ¿Será posible que un home faga cousas destas? ¡Ahí está! Que Dios as garde de tanto c. que hai polo mundo. As veces, hastan van críos e todo no mesmo saco... ¡FELICIDADES A TODAS ESAS MULLERES QUE QUEREN ENTRAR EN INTERNET!
.........................................................
Dedicadas a ésas mulleres de Pontevedra, ahí vai unha parrafada da nosa Rosalía de sempre...
.............
"Miña Santa Margarida,
¿con quén de hei de comparare?;
coma ti non vin ningunha,
nin na terra, nin no mare"...
.........
"Cómo chove miudiño,
cómo miudiño chove:
cómo chove miudiño,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove"...

Cantares Gallegos
Comentario por E.García - Santiago (01-11-2013 12:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal