lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

CHEGA O TREN A 7ª XUNTANZA DO FAIADO

Anaco de vídeo da sétima Xuntanza de O Faiado da Memoria que celebramos no Galeón Vikingo de Catoira.

Trala comida viu a conseguinte sobremesa musical e tras sacar as guitarras e laudes das súas fundas e quentadas as voces, alá van as melodías ao aire.

Un amplio arsenal de cancións foron sainda das cordas da xente do Carril que eran cantadas polos de Vilaxoán, Vilagarcía e tamén Carril. Aquilo si que era a conmemoración do centenario.

José Carlos Dasilva foi gravando coa súa cámara estes momentos e aquí vos mostramos un deses vídeos.

Disfrutade.

Comentarios (3) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 31-08-2013 15:01
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hola a todas-os:
Mi madriña, si nos chega a escoitar ó autor da canción, ponnos unha demanda, por estragarlle a letra, pois mentras uns decían pi pi pi, outras dicíamos chu c#blgtk08#hu chu, pero pasámolo de medo, que he o importante,encantóume o sitio,pois alí, non molestábamos a ningén, e bueno, moi mal non o fariamos, pois ó día seguinte non choveo.Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (31-08-2013 22:58)
2 FESTA RACHADA NO GALEÓN VIKINGO
----------------------------------------
Está visto que cando Mari Patiño nos conta que a festa foi moi bonita para os amigos do FAIADO, por algo será.

Seguro que participóu nas cantarelas de turno. O cambio nas letras da cancións é moi normal. Hasta os cantantes máis famosos patinan moitas veces coa letra orixinal das cancións.

Eu recordo hai moitos anos, cando ahínda non habían discotecas, nin farrapo de gaitas, había que ir ó Parque "Rosalía Castro", para bailar na Pista de Verán, ou no Salón que foi Bolera; había unha Orquesta moi boa, que tiña un vocalista moi elegante, con traxe clariño, tipo cubano. Alto él e un pouco asustadizo porque non dominaba nada ben a palabra... Xa se lle vía que o seu non era o presentar a unha Orquesta tan boa... En un momento dixo que iban a interpretar unha canción que se chamaba "Viajera"... que decía así:

"Mañana cuando te alejes,
viajera de mi ilusión;
¿qué voy a hacer si contigo,
te llevas mi corazón?

E sigue así a canción:

Si una "cuncha" está llorando,
porque una perla perdió;
¿qué harán mis ojos mañana,
cuando te digan adiós?"...

Ahí quedóu escrita a letra que cantaba aquél home tan elegante, con traxe tropical, que tiña moi boa voz, pero non acertaba coa letra. Eso que digo foi no Parque Rosalía Castro, propiedade de D#blgtk08#. Ramón Barca, e costaba a entrada ó recinto, CINCO PESETAS:
Debéu de ser esto polo ano 1950-51...
Con Orquestas coma a Poceiro, de Pontevedra, e outras polo estilo...

Para terminar temos que agradecer a os nosos músicos que estiveron a altura que cabía esperar, e os cantantes, non se quedaron atrás... Creo que hai unhas grabacións que non me deixarán mentir.
Pero tal como o veu Mari Patiño, quedóu escrito neste comentario. Si as guitarras eran de Carril e Vilaxoán puxo as voces ¿qué máis queredes? Penso que entre todos se fixo unha gran obra social, porque o que se pretendía, era pasalo ben e esto superóu todas as expectativas.

Por éso hai que felicitarse. Polo sitio,
(Galeón Vikingo) é despóis polo viaxe no barco "noruego". E para terminar veu a sesión musical que cita Mari Patiño, máis arriba. Todo moi bonito, incluíndo as despedidas (así en plural). Bicos e abrazos para todos os que estamos "ahí", no FAIADO. Con amistade e alegría, se chega a todas partes. E para a próxima festa, xa veremos...
........................................
"-Deixa que canten, Marica,
Marica, deixa que canten...
Si ti sintes que me vaia,
eu, relouco por quedarme"...
................
Rosalía de Castro
1837-1885


"













Comentario por E. García - Santiago (01-09-2013 21:13)
3 LA ISLA DE CORTEGADA EN SU HISTORIA
---------------------------------------------------
Creo que foi onte cando volvín a opinar acerca da verdadeira historia da nosa isla máis emblemática: CORTEGADA.
------------------------------
E repasando un pouquiño o libro que ten por título a primeira línea deste escrito, teño que comparar este deshaucio tan "señorial" con aquéla obra monstruosa que fixo o pobo americano cos primeiros pobladores de aquélas terras americanas...: Os indios americanos, chamados Sioux.
----------------------
Porque aquéla xente, estaba nas súas "casas" e nas súas terras. Alí tiñan o seu medio de vida; súas familias, seu gando... Vivían en comunidade e felices á súa maneira, hasta que catro desalmados se empeñaron en complicarlles a vida, hasta eliminalos por completo. E de todo esto, hasta parece que se sinte moi orgulloso o pobo americano. Porque sólo lles faltóu que lles botaran media ducia de bombas atómicas, si as hubera naquél tempo... Porque foron hasta as súas terras a asesinalos. E levarlles enfermidades da nosa raza. E roubarlles todo canto tiñan...
---------------------------
Pasóu unha cousa parecida cos nosos moros, que despóis de 800 anos antre nós, non lles deron a posibilidade de apuntarse ó Paro, e hasta foron asesinados por "non ser da nosa camarilla", por Orden de aquéles Reyes que lles chamaban Católicos, Isabel e Fernando, para congraciarse co Papa de aquél tempo. E xa non nos metamos cos nosos queridos amigos de alá do outro lado do mar... Porque aquélo, foi moito. Moita xente foi perxudicada de todo tipo, e naide se acorda desto. Si recordamos o ano 1992, e a Feira de Mostras de Sevilla, poidemos ver o efecto habido despóis dos 500 anos, logo do Descubrimento de América. Franco decía que o 12 de outubro era o "Día de la Raza". Ese pobo americano non pode celebrar nunca, que desde aquéla, eles quedaron sin nada, e o que se poñía Farruco o mandábamos pra o Ceo moi rápido...
--------------------
Na nosa isla, "a que está deitada no mar", pasóu máis do mesmo. Porque sin saber que "éso" lle podía interesar a ésa xente "juapa" de Madrí, xa botaron da súa propiedade a todos aquéles nativos de Cortegada. Si os políticos superan algo máis, tiñan que darse conta que ése non era o sitio ideal para unha residencia da Familia Real española. Facer unha ponte desde Carril a Cortegada... Proxectos e máis proxectos, hasta que se chegóu a un veredicto final que era o que a xente tiña que imaxinar. Que vaian a Marivent e pregunten si viven contentos alí.
-------------------
As persoas que nacimos en Galicia saben que os veranos vividos aquí, deixan moito que desear, porque sempre pasóu o mesmo. O tempo non axuda para que ésa xentiña de Madrí, disfrute dun clima que nunca tivemos. Algún día do mes de xullo é outros poucos do mes siguiente, e para de contar... Este ano, 2013, foi un ano moi bó para #blgtk08#estas cousas, pero esto non sempre foi así, nin será. Creo que a xente que viña hai anos de Madrí, marchouse para o fondo do mapa. Cádiz, Marbella, Alicante, Benidorm, Almería, Ibiza... Sólo porque o clima axuda a disfrutar dunhas vacacións completas. Aquéles que compraron en Sanxenxo, superon adaptarse ó clima e máis ós galegos. Porque aquí temos cousas que outros non tendrán nunca. E todos sabemos á que me estóu referindo. E porque, pola noite, pódese dormir, cousa que os que van tan lexos, dudo que poidan competir cos galegos... Pero sumadas unha cousa e máis a outra, lles compensa marchar para o Sur... E xa non digamos que por ahí, unha propiedade de Verán, costóu, e costa, moito menos que por aquí. Nunca supen porqué. Cando por aquélas terras un piso costaba 6 ou 7 millóns de pts., aquí valían 10 ou máis. Porque os galegos somos así...
------------------------
Creemos que os madrileños son todos moi ricos e que tiran cos cartos... Aquí, temos a puñetera manía de valorar o noso con exceso, e así non se vai a ningures. Queremos vivir mellor que outros, pero sin pegar pau. Todo dios quere vivir do mar, cando non hai sitio para tanta xente... E tira, Pepe...
---------------------------
Agora que xa estóu acabando quero ter un gran recordo a ésos pobladores da nosa isla que foron desterrados das súas terras por xente sin escrúpulos, para que a isla, en vez de ser moi rica en marisco, sea rica en piñas...
--------------------------
Sendo eu un crío, se decía que na isla, se collían os coellos por sacos. En vez de escopeta, chegaba ben cun pau. Agora me da a impresión que esta isla é como aquéla que foi visitada polos corsarios de turno, ó estilo dos vikingos aquéles, que deixaron sin pedras aquélas ruínas de Catoira(?). Houbo xente bastante peor que os piratas e aínda andan por ahí... E os coñecemos todos. "Hasta lles facemos a pelota" e todo. Palmaditas... Creo que o galego é o ser que mellor se adapta ó "peloteo".
Outro día, si me acordo, falarei deste fenómeno, que ten moita "miga". E o sabemos todos...
...............................
"La ermita quedó en posesión de la iglesia de Carril, que "la cedió definitivamente a don Alfonso XIII en el año 1920, retirándose las imágenes y ex votos que fueron trasladados a la Parroquia".
...........................
(Texto recollido do libro titulado: "LA ISLA DE CORTEGADA EN SU HISTORIA"). Outro día falaremos sobre outros detalles desta historia, que teñen moita "chispa". E que cada un escolla a súa parte.
........................
Si o peor de Cortegada parece que foi cando botaron a nosa xentiña das súas casiñas, a segunda parte, cando se firmóu o finiquito final e se recolleron aquéles cartos, para deixar unha limosna... tamén lle chegóu a todos aquéles ex-propietarios. E os outros que non nacimos na isla, precisamente.






Comentario por E. García - Santiago (04-09-2013 18:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal