lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Estamos de luto

Dia de Galicia triste, moi triste. Moi dificil hasta escribir, todo o accidente do tren de onte cerca de Compostela encheu de tristura os nosos corazons, o dia da festa de Galicia convirteuse no dia de door, familias enteiras na nosa Comunidade estan de loito, de supeto, cando as cousas non se esperan...sin preparar. Soio queriamos decir que nos participamos tamen da tristura e door de Galicia, porque somos parte de esa Galicia do corazon ferido por tantas mortes.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2013 08:24
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Quizá antes de comenzar este ano creo que dixen en algunha páxina do FAIADO que había que ter moito ollo con este ano que comenzaba despóis das uvas.
Nunca puden presumir de adivino, porque si o fóra, estaría moi rico, máis que ésos que sabemos todos, sin xogar ó Cupón. Xa sabedes por onde van os tiros, sin falar moito máis...

Digo todo esto porque un ano que termina en "13", tén moita "chispa". Onte celebrábase en Santiago a Festa do Patrón. Toda a xente da bisbarra se une aos que vivimos aquí, para pasar un día distinto. Igual falas con xente de fóra de Galicia, que ven a pasar o día con nós, ou coincides con un carterista, que tamén os hai (coma o conto das meigas)...

Estos días, dende hai dous meses, non salgo da casa, apenas, e cando o fago, non tardo nin media hora en volver e onte, creo que estaba escribindo a "miña crónica", cando sinto moito barullo de Anbulancias, que non paran. Hasta que conectamos coa TVG e nos quitan de dudas, como a todos...

As escenas non poden ser máis tristes para todos nós. O dolor traspasa muros e non podemos pensar que un día que se presagiaba alegre foi do máis horroroso que un, se pode imaxinar.

Os veciños que viven no lugar do suceso, se portaron de maravilla. ANGROIS, é unha aldeíña próxima a Santiago que sólo nos separan 4 km. Deixaron a súas casas sin mantas e outras roupas necesarias para auxiliar a os viaxeiros do tren e tapar a tantos mortos ó lado da vía. Eu creín que estas cousas sempre ocurrían no extranxeiro de fóra, e resulta que en esta ocasión estuveron cerca de nós.

Onte, a miña neta, estudiante de Psicoloxía, #blgtk08#celebróu unha festa personal. Pero o pasado Domingo, foi a Ourense a celebrar con amigos que estudian o mesmo que éla, o Curso que xa quedóu atrás, e tamén a festa que celebraba ela, a súa honomástica. O viaxe de regreso a Santiago, foi o día anterior ao do accidente... ¡Non che digo nada, Margarita! ¡Sólo nos faltaba unha cousa así!...

Está visto que cada un chora cando lle toca; pero para casos como éste, todos estamos no mesmo barco, e nos toca tamén a nós. Directamente, ou non. Non te podes botar fóra da parte que che toca. Porque parececemos unha sola familia. Nos une a desgracia sempre.

Os últimos datos que existen son de 77 mortos e unha chea de feridos de diversa consideración. Non é necesario ser un pouco pesimista si pensamos que todo vai quedar así. Xa veredes, cómo non é necesario ser moi avispado para imaxinar o peor. Eu non o deseo, pero...

Estou moi triste. E vou ter pa'rato. Miñas lágrimas se unen ás de todas ésas persoas que derramaron ás súas por tanto difuntiño galego, no DIA DA PATRIA GALEGA. Por favor, máis mortos, non... ¡Todo nos cae a nós...!
.......................................
"Campaban os prados,
manaban as fontes;
antr'erbas e viñas,
figueiras e robres"...
.................
Rosalía de Castro
-------------
Non é nada fácil escribir
cando hai tanta tristeza
dentro de un. Pero non podo
cerrar esto, sin mandar un
forte abrazo a todo-los
afectados no accidente do
ferrocarril de Santiago.
E moito sentidiño aos
que conducen os trens...
Comentario por E. García - 25.07.2013 (25-07-2013 11:30)
2 O ano pasado por este día, estivemos en Baión nunha casa que lle chaman "A Capela". Este ano se podía repetir, si non hubera esas cousas que naide quere para un. Pero hai cousas que son "PERSOAL E INTRANSFERIBL#blgtk08#E". Esto é igual que cando Hacienda che escribe unha carta e che pon: "Querido contribuyente:"...¡Ten coidadiño!

Con razón ou sin ela, toca sempre.
Excusas de queixarte antes. Nada máis.
Comentario por (25-07-2013 11:46)
3 Dia moi triste pra tod@ l@a galeg@s.O dia da nosa patria,convirtíuse no dia do Apóstolo Santiago de maior tristura que podiamos imaxinar.Toda esa xente que viña a Compostela disposta a pasar uns dias de asueto cos seus seres queridos, i que se viron truncados polo fatal accidente á#blgtk08#s portas mesmo da casa..Pra todo-los parientes i amigos. o sentido pésame i que teñan forzas pra superaren este tráxico acontecemento, que non déixa de constatar o fráxiles que somos os seres humáns..Fortísima aperta pra tod@s,i móito ánimo pra poder superar, esta dificil situación
Comentario por Roberto Ocaña (25-07-2013 21:54)
4 Como as festas do Apóstolo coinciden con tempo de vacacións, o nativo compostelán deixa o seu espacio para que os de fóra disfruten do pobo como fai tódolos anos. Este ano, a cousa non pudo resultar peor.

Porque as noticias lle chegaban a través da radio e televisión, cando o santiagués estaba disfrutando da praia nas costas galegas. Noticias tristes.

A xente que había chegado á Praza do Obradoiro, con asiento incluido, non esperaba que tiña que abandonar este emplazamento, frente ás torres, por un accidente de tren, que paralizóu todo tipo de actividade festiva na cidade.
Toda esta xente estaba preparada para contemplar ésos fuegos de artificio que aquí se levan unha gran parte do Presuposto do Programa festivo. Esto é o mellor das festas, que recordarán sempre mozos e vellos toda a súa vida.

Pero o peor de todo chegóu ás 20,40 da víspera cando comenzaron a funcionar as ambulancias de toda Galicia, e as televisións emitían as esceas macabras que tanto costa ver. Me emocionóu ver a ésos veciños que expuxeron a súa vida para sacar fóra dos vagóns a vivos e mortos, e se quedaron sin roupa na cama para poder tapar os corpos sin vida dos viaxeiros do tren. ¡Admirable!

Esta aldea chamada ANGROIS, está a uns 3/4 kms. de Santiago e pertenece a Parroquia de Santa María La Mayor y Real de SAR. La Iglesia é un dos monumentos más visitados de Santiago. E Colegiata. E hasta ten un Párroco que é do mellor que vin como cura en 57 años que conozco ésa Iglesia, porque se da a circunstancia de que eu me caséi ahí...

Pero o vivido por el accidente, deixóu claro de que os galegos somos mel#blgtk08#lores do que pensan moitos españois, de nosoutros. O demostramos co el "Prestige" y su famoso "chapapote", y lo volvimos a demostrar diez años después... con un tren en llamas y sin muchas posiblilidades de entrar.

Ésa xente cargada cos mortos e feridos; moitos deles producto do Paro e dando ademáis a súa sangue para que todo fóra moito mellor... Transportando os corpos e chorando por xente que non conocían. ¡Este é o pobo galego!. ¡O noso pobo!

Tamén poiden ver unha caterva de xente con corbata que andaban en manadas para que a Televisión os retratara... Naide estaba manchado de sangue. Eran moitos pero ningún manchóu o traxe e corbata.
E viñeron todos cobrando ben, e a xente de Angrois, sin cobrar un puto peso.
¡Arriba España! ¡Viva Franco!

Me tendes que perdonar pero eu non son dos de corbata, nin ando en manadas. Pero me dan asco ésas persoas que por saír na foto, son capaces de calquer
cousa. Alguén pensaría que gracias aos amigos do PP, arreglóuse todo... ¡Non!
........................................
"GALICIA florida,
cal ela, ningunha;
de frores cuberta,
cuberta de espumas"...
.................
Rosalía de Castro
------------
Para todos os accidentados e os que se foron para sempre. Para toda ésa xente que o dou todo polos viaxeiros do tren.
Ambulancias, bombeiros, Donantes, médicos, XENTE DE ANGROIS, todos os que se esforzaron, vai dedicada este cacho de poesía da nosa Rosalía. Os mortos, q.e.p.d. Pero que non marchen máis...

Cousas de Eduardo





Comentario por E. García - Santiago (26-07-2013 18:04)
5 Hola a todas-os:
Canta razón ten Eduardo, os señoritíngos, so veñen para sair na foto, sexan do partido que sexan, nunca vin a ningures cas mangas arremangadas botando unha man, menos mal que está a xe#blgtk08#nte de verdade, a do povo, a que fai as cousas de corazón, sen mirar se e rico ou prove, loitando cas suas mans contra os ferros e o lume.ESTES HOMES E MULLERES, SON OS QUE VALEN, Os políticos.......Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (26-07-2013 21:36)
6 Eu creo que ante unha catásrofe como a acontecida en Santiago,calquera rexión de España se volcaria igualmente coas victimas;fose en Andalucia ,Cataluña castela, etc etc..As persoas poderemos falar distinto,-ideomaticamente- dunha rexión a outra ,pero os corazóns funcionan mais ou menos do mesmo xéito..E vou mais alá.Creo que en calquera lugar do mundo.Exemplos#blgtk08# desgraciadamente temos múitos.Nembargantes quero dende eiqui, felicitar a os habitantes de Angrois pola sua solidaridade, i como non, ás persoas que se acercaron ata os centros hospitalarios, a doar o seu sangue.Pra tod@s el@s unha forte aperta,i moítisimo cariño i solidaridade pras víctimas i os seus seres queridos,que nestes momentos é o que mais necesitan
Comentario por Roberto Ocaña (27-07-2013 01:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal