lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

HASTA SEMPRE CARRILLA
Hoxe tócanos a noticia do pasamento de Carmen Meaños nun plano bastante personal. Ela está casada con Emilio Berride Teijeiro, primo carnal do meu pai... pero cicais isto era o de menos, é o de menos. Alá a mediados dos noventa escomenzei unha investigación sobre a guerra civil, isto, co tempo, levoume a Carmen, porque a ela asesináranlle ao seu pai. Non houbo pai no mundo mais querido polos seus fillos que Antonio Meaños Abelenda, mais admirado, mais lembrado...

Carmen e mais eu temos falado, rido e chorado, xuntas, polo seu pai e pola súa nai, Manuela Abuín, que fixo da súa vida unha auténtica ruleta rusa logo de que lle quitaron o seu home.

Carmen finou hoxe na súa casa do Carril. Estamos todos na casa doloridos coa noticia. A Emilio, o noso primo, a Felipe, Melela, Elisa, Emilio, Fernando e Carlos, un abrazo cheo de sentimento.

O enterro será mañán no cementerio do Carril, as seis menos cuarto da tarde.

Dentro das actividades realizadas polo Faiado, unha delas, é a do rexistro e gardado das historias de vida da xente vilagarciana. Pode ser que, por razóns de tempo ou económicas, non poidamos ter mais das que temos, pero si temos a vida de Carmen Meaños nos nosos arquivos.

Aquí vos deixamos un pequeno anaco da súa (dura)vida:




Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-06-2013 17:55
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 ¡Istas si que eran mulleres coraxe¡.Cantos traballos pasaban pra axudar na economia familiar,-paupérrima xa de por sí-como complemento, ós salarios dos sus homes.O que gañaban ,eran soldos que apenas daban p#blgtk08#ra se alimentar toda-las persoas da unidade familiar.Ademais tiñan que coidar d@s fill@s etc.....O meu sentido pésame pra os parentes de Carmen Meaños,i como non, os meus respetos pra tod@s el@s.Unha aperta
Comentario por Roberto Ocaña (30-06-2013 00:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal