lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

SEGUIMOS EN PROCESO

O novo documental ainda tardará moito en rematarse pero, de momento, poden verse algúns retazos que, como o que se pode apreciar no vídeo que vai baixo este texto, nos amosan detalles de por onde vai indo.

Se fai uns días colocábamos un onde se apreciaba o desmantelamento interior do edificio do hotel Moderno, agora vemos o estado de abandono do de Medina de las Torres. Abandonado pero resistente nun lugar que perdeu toda a súa fermosura gracias aos recheos que o foron alonxando do mar e que, agora, recibe os arrecendos da fábrica de peixe dos seus arredores en vez de recibilos do mar ou dos seus espléndidos xardíns.

Quizás isto nos leve a pensar un pouco mais no que nos queda para preservar... pero que sexa con uso, non para ver como se esmorece día a día.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-06-2013 17:26
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Hola a todas-os:
Que mágoa, deixar morrer unha casa tan bonita, e uns xa#blgtk08#rdins que noutros tempos, seguro que foron preciosos. Que tristura...Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (22-06-2013 10:02)
2
---------
Antiguamente, con dictadora incluido, a xente salía da casa en vísperas de San Xoán, para participar un pouco da alegría que tiñan os outros. Falábamos vellos e mozos arredor dunha cacharela (na zona de Santiago, chámase así, á cachada, de aí). Eu desde moi noviño e vivindo na zona de San Roque, hoxe, Rúa Covadonga, facíamos lume con ramallos que collíamos na beira do Río do Con. Incluso pedíamos para comprar petardos que comprábamos nunha tenda que había frente ó almacén de D. Adolfo Llovo, aí en Vilagarcía. Pouca cousa, que naide pense que xa daquéla comprábase o Combate Naval, para estoupar nas festas de verán, por San Xoán.
-----------
Era a noite deste día, a víspera do 24, unha noite diferente ó de todo o ano. Hasta os nenos, pequenos e mociños, alí estábamos todos para colaborar cos outros, poñendo leña encima do lume... Con esto, xa éramos felices. Ramas, trastos vellos que se reservan para ser devorados polo lume nesa noite, ¡todo vale! E arredor do lume, che ofrecían café, para alargar a noite en boa compañía, casi sempre, veciños, que por esas cousas que ten a vida, sempre se ven distanciado, porque a vida e quén nos cambia as pilas. Non somos nós, non. E andamos sempre a correr, porque o tempo non chega para facer tanta cousa. E a xente fala e sonríe con todo aquélo que está vendo... E hasta hay quen desea cantar aquela canción que comeza daquéla maneira:
"Catro vellos mariñeiros,
todos metidos nun bote...
-Boga, boga, mariñeiro,
ven buscar o lote
do teu compañeirooooo"...
-----------
E despois de esta cantarela chegan outras... e outras..., hasta que xa o día quere deixar#blgtk08#se ver para que a xente celebre o san Xoán como o día do santo aquél, que ten o dedo índice pa'riba, como está mandado. E a partires de aí, aquéles veciños que se xuntaron arredor do lume, comenzan a saludarse, como si de todo esto hubera moitos anos que se coñecen. E falan dos fillos, dos estudos dos fillos, dos seus traballos, dos seus netos...¡Todo vale, cando a amistade empeza a germinar! Me encanta.
Eu vivo nesta casa desde o ano 1973, e ése mesmo ano nos xuntamos arredor do lume varios veciños que nos conocíamos como veciños, pero non nos falábamos. E os meus fillos, siguen esa amistade desde aquéla, van alá 40 anos, xustos.
-----------
E si vamos profundizar no mundo celta e
pasamos a noite máxica hasta as praias da Lanzada, esto é algo maravilloso. Na nosa Galicia sempre houbo unha historia que non convén que pase ó olvido, por moito que se empeñen "aquéles de sempre", que non son capaces de ver a os demáis... sonreír.
----------
Non falemos xa do famoso baño "das nove olas". ¡Dios mío! ¿Non serán moitas olas de María Santísima, para aquélas mulleriñas que non sabían nadar? Menos mal que parece que non se afogóu naide.
Porque si non, me iban a oír a mín...
----------
E termino decindo que a xente quere algo máis de calor. Porque pola noite, non se pode dormir na praia, coma nos pasóu a nos. "Ha de vos pasar vos"...
........................................
"Veu un señor da Coruña,
Dios mío querido,
¿Qué veu a facer?
Veu a comer a pescada,
deixar a cabeza,
para nós comer"...
.................................




Comentario por Eduardo Garcia Gonzalez (25-06-2013 17:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal