lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Comida do Faiado

Escomenzamos a ver lugares para a comida que o Faiado celebra no vran, este ano celebramos unha chea de cousas primeiro a saude ca que contamos, logo o noso documental ·DESDE DENTRO DO CORAZON. Como ibamos decindo estamos a buscar un lugar que nos sirva para xuntarnos e comer cantar e bailar. Hoxe acompañados de Marina Franco que nos bota unha man estivemos en Catoira, dentro de unhos dias contaremos mais cousas si confirmamos unhos flecos que por ahi quedan soltos: Seguimos falando. ¡Ah a comida sera a finais de agosto¡
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2013 23:08
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Forzosamente teño que comenzar felicitando á nosa Directora de todo este mundo da Comunicación. Porque, non me digan vostedes, que esta foto non ten "miga". Me gustóu moito a elección dun grupo de gaitas en plena "faena" que vai anunciando o que se espera nun día que está por vir.

Rara vez, figura no mesmo lugar que éste, unha foto fora de tono. O que demostra que sabemos escoller para cada caso o retrato que queda xusto no lugar elexido. O mellor. Algúén me acaba de decir: "A lo mejor, no es cosa de Margarita"... "Si o sabréi eu"-respondo a todo esto. Pero a foto non pode ser máis axustada a realidade que se busca.

Acerca dun lugar adecuado para a xente do FAIADO, creo que non é nada fácil, porque necesitades un sitio que teña moito espacio, porque imagino que seredes máis que dúas bodas xuntas, penso eu.

Aquí en Santiago se celebran as festas dos nosos maiores, que organiza o Concello, e concurren moitos abuelos, que son os que fan a festa rachada. Eu nunca fun, pero para que teñas unha idea che direi que poñen tres pratos a reventar: 1º PULPO A GALEGA.
2º EMPANADA.
3º CARNE Ó CALDEIRO.

Todo regado con bós viños do Ribeiro, refrescos..., para terminar con TARTA DE SANTIAGO, café...

O precio que pagaron este ano foi de 7 euros por persoa. O finalizar, hai todo tipo de bailes, gaitas, cabezudos... Conta-contos, etc.

O precio que se paga é falso, por#blgtk08#que o Concello pon, po-lo menos, o doble do
que se paga. O local dónde se celebra esto é un edificio nas aforas que se utiliza como Feira do Gando, todo moi ben aseado para pasar un día grande.
Hasta participan os membros da Corporación Municipal. Sinceramente, creo que sempre é un éxito, que se ven facendo desde hai uns 20 anos, aprox.
Teño certas dudas porque eu nunca fun a un evento deste tipo.

Me teñen dito que ó finalizar "a chea", os vellos, con esa trastienda que sempre teñen con eles, cantan e bailan coma nos anos mozos. ¡Como ten que ser!, digo eu. Igual bailan en parexa, que o fan usando o noso folclore de eiquí, bailando unha muiñeira, e se oien aquéles aturuxos do momento: "¡Ei carballeira!", e todo así, tal cual o digo eu.

Si tuvérades un local para facer a festa, hai empresas que se dedican a estas cousas e vos saldría máis barato. Esas empresas que lle chaman: Catering.
Pero si falla o local, "apaga e vamos".
Non me gusta meterme donde non me chaman... Que teñades sorte en todo.
Non esperar que o Concello vos pague a metade da festa, como o caso que eu acabo de expoñer...
........................................
"Cando a gaita galega,
o pobre gaiteiro, toca;
non sei o que sucede,
que o llanto a meus ollos, brota.
................
Rosalía de Castro
(1837-1885)
CANTARES GALLEGOS





Comentario por E. García - Santiago (15-06-2013 19:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal