lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

PARECE INVERNO

DecÍmolo polo tempo, desagradable, chove e non fai calor. E xa estamos a 40 de maio e o saio sigue posto.

Si o día trinta de xuño quedamos con premio, si ganamos, a o día seguinte quedades invitados a tomar un pincho na nosa casa, ainda que non hai un premio economico si o hai de cache, son premios internacionais que é meritorio chegar a final, pero si ganamos... buenoo(*).

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

Creo en Dios Padre...
2

Os Deportes CHegaron coa Escuadra 2

Familia 2

Primeiras Comuñóns 2

Personas Recordadas
3

¿Bailamos? 1

Trabanca Sardiñeira
1

A ver si chega o sol que tamen é saude. Disfrutade, mentras esperades, con esta subida.

(*) comentario do Antonio: menos mal que non se dará o caso. Ainda que a música é moi boa. Si xa viron o documental xa se terían dado conta, se ainda no o teñen... non sei a que estarán esperando.
Comentarios (9) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 08-06-2013 18:41
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por (08-06-2013 18:47)
2 Ignoro cantos anos van desde que se sacóu esta foto, pero eran uns tempos de moito vestir, pero poco máis había, que os discursos do Dr. Chantada Carro (como diría o corresponsal do Faro, Jesús Diéguez Patiño), por fechas de Semana Santa ou similares.

Hubera sido moi interesante que polo menos levaran o ano en que se fixo a foto. Desto xa#blgtk08# levo dito eu máis de unha vez que o FAIADO tamén vive coas fotos e tamén con datos concretos...

........................................
"Miña nai por me casar,
pormetéume bois e vacas;
agora que me caséi,
dóume co pote das papas"...
...................

Fermín Bouza-Brey

Comentario por E. García - Santiago (08-06-2013 22:36)
3 Perdon Eduardo a fotografi#blgtk08#a e do 2 de Xullo do 1958.
Comentario por Faiado (09-06-2013 08:48)
4 Hola a todas-os:
Como xa respondeu Margarita, a foto é do 58, na proesión do Corazon de Jesus, a primeira é miña nai, Carmiña Toche, ¡guapa e!,despois eu, miña avoa Jacoba, meu curmán Eduardo, e miña tía Lucita, todos finados.
En canto o de ir ben vestidos, pois si, polo menos na miña casa, tiñamos a sorte de poder facelo. Miña nai tiña moi bo gusto, e, a pesar de que non cre#blgtk08#o que nos "sobrara" ó diñeiro, pois lembro de vela travallando ca máquima de bordar moitas noites, sempre tiñámos algo novo para ós días especiais.
En canto ao resto do comentario de Eduardo, estou de acordo con el, parece mentira que, mentras ós "chourizos" que roban millons, están na rua rindose de nos, moita xente está pasando fame, isto ten que estoupar por algún sitio.Un saudo
Comentario por Mari Patiño (09-06-2013 10:44)
5 Ten razón Olalla no traballo que fixo hoxe sobre a MEQUINSA e MENSA. Nos terreos dónde se montóu esa empresa era unha fábrica de madeiras e chamábanlle, o dice a nosa Olalla, no Diario de hoxe, "CANTALARRANA". Non sei si se escribe así ou por separado, pero tanto tén. Esta fábrica foi propiedade de CAMBÓN, o magnate da madeira que logo montóu unha fábrica de tableiros en Pontecesures e posteriormente en Santiago, Chamada esta Empresa, Financiera Maderera, S.A. (FINSA). Esta casa traballa día e noite. E está instalada na Ctra. Xeneral que vai de Santiago á Coruña, km. 5.

Ten unhas instalacións moi boas, donde abunda a maquinaria alemana. Entran os pinos sin a corteza e en poucos minutos salen os tableiros acabados, con moita calidade a todo-los niveis. Eu estiven alí unhas cuantas veces... E pena que non deixen entrar para que a xente vexa o que é FINSA. Ademáis non teñen competencia, porque compran as fábricas e ¡veña! A traballar para eles...

Todo esto sin contar que teñen tanto terreo arredor da fábrica que é impresionante. Compraron moi barato, e agora, quen o queira, que traiga cartos bastantes. Hai anos tiñan unha plantilla de 500 a 600 traballadores. Aquí todo funciona automáticamente. Nun día calquera entran centos de camións, uns con pinos e saen con tableiros para toda España. Así funciona esto en FINSA

Creo#blgtk08# que é unha das mellores empresas que nos quedan en Galicia. A materia prima está asegurada, porque os pinos na nosa rexión non se acabarán nunca. E os incendios, tampouco, como todos sabemos. Por tanto, a madeira dos incendios, sempre estará ó alcance de esta xente. Si queres limpar o monte, chama a FINSA, e asunto acabado. ¿Vale?
................
Hoxe, domingo, pola mañanciña, repasei as esquelas que viñan no Correo Gallego e me sorprendéu ver, de novo, a esquela do fillo de Manolo Salgado. Leo a letra pequena, e me entero de que no Convento de San Pelayo, enfrente da Porta Santa, aquí en Santiago, se van facer unha misa por CARLOS PEREZ PADRÓN, falecido en México, o día 15 de maio.

Dadas as miñas condicións físicas tan deterioradas me sinto con rabia por non poder estar con esta familia que está atravesando, quizá o peor monento da súa via. Porque eso de enterrar un fillo, ten que ser algo moi doloroso.
---------
Mañán mesmo tiña que ir ó Hospital coa miña dona, e non podo. Conste que a levan nunha Ambulancia. Non vou a poder.
........................................
"Vente, ventiño do Norte,
vente, ventiño norteiro;
vente, ventiño do Norte,
serás o meu compañeiro"...
............

Fermín Bouza-Brey,
en DITOS, LENDAS E CANTIGAS.


Comentario por E. García - Santiago (09-06-2013 12:21)
6 A INVITACIÓN polo premio e un detalle bonito pola parte de Antonio. Pero é máis importante que o Xurado diga que "eso" está gañado. Unicamente por celebralo en vosa compañía. Tamén para os que estamos fóra do FAIADO, este premio nos ilusiona a todos aquéles que naide nos ve. A mín, particularmente, me daría moita alegría saber que contamos para esa xente que nos
valora e nos valorará máis, cando se fagan novos traballos.

Cando recibades o asunto que acredite
o premio, será un motivo de moita alegría para todos os que es#blgtk08#tamos moi pendientes de nosos xefes, que son Margarita e Antonio. E si as miñas oracións valeran de algo, aquí estou eu.

Agora xa falta menos. E si chegamos ahí, será por algo. Hay que ser optimistas. Antonio, prepárate que eso é noso. Moitas gracias por esos
detalles que vos honran. Os pinchos, engordan moito... Abrazos
........................................
"Miña cariña de rosa,
imos para a nosa terra,
que esta terra, non é nosa"...
............
Fermín Bouza-Brey

Comentario por E. García. Santiago (09-06-2013 20:23)
7 Xa sei que mañán é o día de Noiteboa e por éso me quero anticipar para desearlles á Familia Caeiro-Teijeiro, unhas festas superiores ás que me tocan celebrar a mín... Pero non deseo olvidarme desos colaboradores tan bós que hai na plantilla, máis mulleres que homes, colaboradores desta Obra, amigos e paisanos todos, para éles miña mellor felicitación máis sincera para estas festas de agora, has#blgtk08#ta 2014.FELICIDADE.
E que o próximo ano sea un ano, a poder ser, mellor.

Que a próxima Obra de Antonio e Margarita ganen "éso". E nada máis. Que a Lotería nos traigan cartos para poder pagar a lus... Bicos para toda ésa tropa, que a veces me lee... ¡Para todos! Somos como esas parexas de namorados, que un día berran coma cáns e despóis... Pois éso. O que non o vexa así...
Comentario por E.García - Santiago (23-12-2013 12:33)
8 A foto que se mostra no FAIADO ten unha semana menos, que a miña salida de meu povo. Porque eu salín de ahí o día 9 de xullo de 1956... ¡Toda unha vida! Pero xa é tarde para mirar atrás. Me conformo, porque o meu futuro estaba no aire é o dar ése paso parece cómo si me enfrentara a todo canto estaba por vir...

Pero, deixando aparte todo aquélo, observo o parecido físico que hai en ésas tres xeracións que existen na familia da nosa Mari Patiño... Tanto o parecido da máis vella, pasando pola nai de Mari, hai que recoñecer que o parecido físico, é asombroso. Nada hai mel#blgtk08#lor que a natureza... Ahí quedóu plasmado é para sempre, ésas tres mulleres, que parecen feitas cun troquel, como si foran medallas na casa de Rapariz... Esta é unha raza pura, ben se ve. Felicidades...
ºººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººººº
"¡Ai! Si seu pai
por regalo ma dera,
¡ai!, non sentira
no mundo máis penas.
¡Ai!, que por tela
conmigo por dama,
"eu, lla vestira,
eu, lla calzara"...
............
Rosalía de Castro
Cantares Gallegos



Comentario por E. García - Santiago (06-10-2014 17:27)
9 #blgtk08#
Comentario por (09-03-2015 23:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal